
O servizo de Atención e Información á Cidadanía vén reforzándose nos últimos días para dar resposta ao aumento do volume de chamadas. Así, hoxe mesmo incrementouse a dotación de recursos, en concreto en máis dun 30%, a través da reasignación de traballadores doutras áreas.
Os cidadáns poden contactar con este servizo a través do teléfono 012 (981 900 643 para chamadas realizadas desde fóra da comunidade autónoma) ou do correo electrónico [email protected], para asesorarse e recibir información sobre os servizos prestados pola comunidade autónoma.
No 012 estánse a atender dúbidas relacionadas coas restriccións e as medidas adoptadas para frear o avance do coronavirus. Neste número teñense rexistrado nos últimos días consultas sobre os establecementos aos que se lles permite estar abertos ao público, a necesidade de certificacións para xustificar os desprazamentos, así como chamadas relacionadas coa suspensión dos prazos e trámites dos procedementos das entidades co sector público.
A Xunta de Galicia vén de poñer en marcha 'Aquí Sabemos', unha nova identidade destinada a dar maior visibilidade aos produtos agroalimentarios galegos que contan con distintivos de calidade diferenciada. A iniciativa agrupa baixo unha mesma imaxe as denominacións de orixe (DO), as indicacións xeográficas protexidas (IXP), a Artesanía Alimentaria e a Agricultura Ecolóxica, co propósito de facilitar o seu recoñecemento por parte dos consumidores e reforzar a súa presenza no mercado. A nova marca nace como unha ferramenta común de promoción, que mantén os nomes de cada certificación, así como as súas características e garantías específicas, integrándose nunha identidade compartida que pretende amosar a diversidade e riqueza do sector agroalimentario galego.
A instalación, que permanecerá na lagoa ata o 2 de maio de 2026, está realizada con madeira autóctona de castiñeiro e empregando técnicas tradicionais de carpintaría náutica. A obra recupera así saberes vencellados á arquitectura popular e á construción naval galega. A produción da mesma foi realizada pola empresa galega Casabio Timber Frame, contando coa colaboración de Jaime Pareja Arquitectura no seu proceso de deseño estrutural e adaptación ao terreo. 'A auga é un intre que aprendeu a quedar' parte dunha lectura contemporánea do territorio como unha paisaxe híbrida nacida da interacción entre os sistemas naturais e a acción humana.