Notas de prensa

Constituídos os Postos de Mando Avanzado en toda Galicia co obxecto de coordinar a mellor resposta para a prevención e seguimento da pandemia por coronavirus

As delegacións territorias da Xunta de Galicia acolleron a constitución dos respectivos Postos de Mando Avanzado (PMA) para coordinar todas as accións na provincia durante o estado de alarma polo coronavirus. O obxectivo é mellorar a coordinación cos concellos na loita contra o COVID-19, seguindo as instrucións da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.

Estes Postos de Mando Avanzado están compostos polos delegados da Xunta, as secretarías territoriais, representantes das xefaturas territoriais, representantes de emerxencias e da policía autonómica.

Entre as funcións destes novos equipos está realizar un informe diario, que se remitirá á Sala de Control de Operativos (SACOP) do 112, con todas as incidencias que se rexistren en cada provincia.

Entre os cometidos do Posto de Mando Avanzado está centralizar as peticións dos concellos en relación coas necesidades de material, en coordinación coa Fegamp que xa conta cun formulario na súa web http://www.fegamp.gal/content/enquisa-subministro-material-epi, para recoller esa información.

Ademais, actuará como un punto de información para os concellos e recabará as funcións vinculadas coa actividade do COVID-19 que se están a realizar nos municipios.

O Punto de Mando Avanzado tamén canalizará ao 112 as ofertas de doazón de material que se reciban nas delegacións. Tamén organizará a distribución do material a concellos, GES e UPA, cando se dispoña do mesmo, dacordo coas necesidades e instrucións establecidas polo CECOPI (Centro de Coordinación Operativo Integrado).

Desde a AXEGA habilitouse unha sala de videoconferencia remota para cada PMA que se pode utilizar, a cuxos efectos se enviará o enlace e as instrucións de uso, podendo empregarse calquera outro medio que resulte mais práctico. Deste xeito, o PMA realizará o seu traballo de xeito presencial ou en conexión remota segundo sexa necesario.

Xunta de Galicia, 2020-03-21

Actualidad

Foto del resto de noticias (vilablues-2026.jpg) Un dos elementos diferenciais do Vilablues é que a súa programación transcende o recinto principal e se integra na propia vida do municipio. O festival conta con concertos, pasarrúas, sesións, jam sessions e actividades dirixidas a diferentes públicos, facendo que a música dialogue co espazo público, coa hostalaría, co comercio e coa actividade cotiá de Vilanova de Arousa. O cartel desta undécima edición estará encabezado por Dr. Feelgood, unha das grandes lendas británicas do pub rock.
Foto de la tercera plana (tecnoloxia-cuantica.jpg) A incorporación da intelixencia artificial (IA), o internet das cousas (IoT) e o big data nos sistemas xeoespaciais corporativos da Xunta, xunto co despregamento da plataforma de soporte a xemelgos dixitais, están a transformar a xestión territorial de Galicia, segundo o balance de 2025 da Estratexia Galicia Dixital 2030. O novo modelo, resultado do Programa de Xestión Territorial Intelixente, permite aproveitar as oportunidades en materia de xestión e coñecemento do territorio, de acordo coa visión estratéxica dunha transformación dixital adaptada ás necesidades específicas de Galicia.

Notas

Dous investigadores acaban de construír as primeiras ‘xeometrías de Einstein’ non homoxéneas sobre un dos espazos máis fundamentais das matemáticas, os espazos proxectivos complexos. Con isto responden afirmativamente nas dimensións n = 4 e n = 6 unha pregunta que o xeómetra francés Marcel Berger formulou en 1965 e que se resistira durante seis décadas.
No marco do convenio asinado pola USC e a Deputación da Coruña, o grupo de investigación Histagra da USC, tamén pertencente ao Centro de Investigación Interuniversitario das Paisaxes Atlánticas Culturais (CISPAC), está a coordinar o estudo histórico e arqueolóxico das fosas localizadas no cemiterio de Serantes (Ferrol). A primeira cata arqueolóxica neste espazo desenvolverase entre o luns 31 de agosto e o venres 11 de setembro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES