Archivo (2 del 2020)

Buscador

Noticias

Máis de 4300 alumnas e alumnos acudirán a esta representación de La Baldufa Companyia de Comediants. Os nenos e nenas poderán entender as ameazas do bullying a partir do comportamento dos seus protagonistas, os animais da sabana. A preocupación dos investigadores Piñote e Calabacín será a de descubrir que está a suceder e axudar a estes animais ensinándolles que, a través das nosas actitudes e comportamentos en positivo, é posible convivir dunha maneira tranquila, respectando a todos.
A sétima edición dos Premios Martín Códax da Música bota a andar coa apertura do prazo de recepción de propostas entre o 1 ao 15 de marzo e con varias novidades nunha convocatoria destinada a recoñecer 20 proxectos musicais galegos. A creación dunha categoría dirixida a bandas de música populares, a separación en dúas da anterior modalidade folk/tradicional e un sistema de votacións diferente son as principais achegas desta nova edición.
A Escola Técnica Superior de Enxeñaría (ETSE) acolle este xoves e venres 27 a reunión de posta en marcha do proxecto 'Establishment of training and research centers and course development on Intelligent Big Data Analytics in Central Asia' (ELBA). Este proxecto de formación de capacidades, que coordinarán a USC e o CiTIUS, participan tamén outras institucións de Uzbekistán, Kazakhstán, Kirgizistán e Tadzhikistán, Italia e Eslovenia, e reúne a máis de 30 membros da comunidade universitaria de Asia Central e Europa.
A Consellería de Sanidade vén de poñer a disposición da cidadanía o teléfono 902 400 116 para dar información xeral sobre o Coronavirus. Neste número, pódense resolver todas as dúbidas que as galegas e galegos teñan ao respecto. En calquera caso, para cidadáns con sintomatoloxía (febre, tos, sensación de falta de aire,...) e que volvesen ou tivesen contacto con persoas en zonas de risco, tamén está dispoñible o teléfono 061 para consultas.
O Director da MIT, Roberto Pascual, recolleu da man da ADE (Asociación de Directores de Escena de España) este recoñecemento que o colectivo concedeu ao festival galego por ser un exemplo de calidade artística e de xestión no ámbito das artes escénicas a nivel nacional e internacional. A MIT quere agradecer este recoñecemento, que reforza ademais a imaxe positiva do conxunto de todas as artes escénicas galegas, nun momento de especiais dificultades para a Cultura en Galicia.
Convocado o 6º Campionato Galego de Formación Profesional Galiciaskills 2020, a olimpíada autonómica de Formación Profesional da que saíran os representantes galegos nas Spainskills 2021. O obxectivo deste campionato é darlle unha maior proxección e difusión á FP que se imparte na nosa Comunidade Autónoma. Galiciaskills 2020 celebrarase en Silleda, no recinto Feira Internacional de Galicia Abanca, no mes de novembro de 2020.
O Entroido é unha das festas populares máis celebradas en toda Galicia. Hoxe enténdese coma un tempo lúdico, para gozar da gastronomía típica, ou mesmo facer falcatruadas. Porén, a longa tradición deste festexo agocha un sentido completo, e tamén a resposta a múltiples incógnitas en torno ao mesmo. Cal é a súa orixe? De onde vén o seu nome? Por que se usan máscaras ou se come cocido? Velaquí unha pequena viaxe polas raíces do Entroido galego.
O programa ten como finalidade fortalecer as ligazóns que relacionan a estes mozos e mozas coa terra dos seus familiares e que, en moitas ocasións, senten como propia ao mesmo ou superior nivel dos países onde naceran. A iniciativa, para moitos deles, supón a primeira posibilidade de coñecer fisicamente a terra dos seus devanceiros, e as xeracións da familia que quedaron na Galicia territorial. Trátase, en definitiva, de fortalecer eses vínculos como base sólida para un ulterior retorno definitivo.
A USC comeza esta semana a produción de xel desinfectante en base a etanol ou alcohol isopropílico, a fin de tratar de garantir así o abastecemento deste subministro ao Sergas. A institución docente dá conta así do encargo da Administración autonómica para fabricar 9.000 litros desta solución hidroalcohólica, un lote que será distribuído nos centros sanitarios que o precisen en 18.000 envases de medio litro de capacidade cada un, segundo informou o reitor Antonio López.
O Premio de Investigación sobre o Camiño de Santiago e as Peregrinacións ten por obxecto recoñecer a investigadores nacionais ou estranxeiros que teñan publicado durante 2019 un traballo en formato libro, ou defendido unha tese de doutoramento, que tivera como tema de estudo o Camiño de Santiago ou as Peregrinacións. O galardón que chega xa á súa terceira edición, impulsado pola Cátedra do Camiño de Santiago e das Peregrinacións da USC.
« Anterior | 1  de  4 | Siguiente »

Archivo

2024 (118)

2023 (349)

PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES