Notas de prensa

A Universidade, ao servizo da sociedade

A USC comeza esta semana a produción de xel desinfectante en base a etanol ou alcohol isopropílico, a fin de tratar de garantir así o abastecemento deste subministro ao Sergas. A institución docente dá conta así do encargo da Administración autonómica para fabricar 9.000 litros desta solución hidroalcohólica, un lote que será distribuído nos centros sanitarios que o precisen en 18.000 envases de medio litro de capacidade cada un, segundo informou o reitor Antonio López.

Este xel desinfectante tense convertido nun material imprescindible na denodada loita emprendida para frear a expansión do COVID-19 entre a sociedade e, nomeadamente, entre os profesionais sanitarios e demais profesionais que se atopan na primeira liña de batalla co coronavirus. A produción propia por parte da USC é posible grazas ao proceso de transformación e adaptación da planta piloto de que dispón o Departamento de Enxeñaría Química na Escola Técnica Superior de Enxeñaría de Santiago.

O equipo científico que se ocupará nunha primeira fase da produción deste tipo de xeles desinfectantes estará integrado por PDI e PAS das Facultades de Química e de Farmacia. Trátase dun primeiro grupo de traballo ao que nas próximas datas se unirán máis persoal doutras disciplinas, a fin de poder establecer así quendas de traballo continuadas que axilicen a elaboración deste material de protección individual fronte ao virus.

O reitor da USC, Antonio López, salientou que a fabricación destas solucións desinfectantes por parte da USC encádrase no marco da “liña de máxima colaboración que mantén a USC coa Xunta e coas autoridades sanitarias desde o comezo dunha situación excepcional, como o é este estado de alarma”.

A suspensión da docencia presencial na USC e a conseguinte habilitación de ferramentas e servizos tecnolóxicos precisos para dar continuidade a este labor formativo e para habilitar canles de contacto entre o alumnado e o colectivo de docentes, foi unha das primeiras medidas adoptadas polo goberno da USC, subliñou o reitor Antonio López, ao que tampo que reiterou a “absoluta disposición da Universidade a prestar toda a axuda posible á sociedade”.

Material de protección



Un exemplo máis desta cooperación da USC e a achega de diverso material de protección e desinfección dispoñible nos diversos laboratorios e servizos universitarios, tanto no Campus de Lugo como no de Compostela, comentou o reitor. Antonio López relatou neste senso que a USC está a achegar e poñendo a disposición do Sergas milleiros de luvas de nitrilo, máscaras de protección individual, batas, placas e diverso material de bioloxía molecular para análise en PCR existentes nos laboratorios das facultades, escolas universitarias e demais centros e servizos de investigación da USC.

Alén da achega deste material apto para uso sanitario, que pode axudar a paliar as carencias xa advertidas de equipos de protección individual, os chamados EPIs, a USC tamén procedeu nesta última semana a reorganizar e a redistribuír as persoas usuarias do Servizo Universitario de Residencias (SUR) durante este período de confinamento.

Unha vez que se completou a hospedaxe en habitacións individuais da Residencia Burgo das Nacións de Compostela do estudantado que permanece facendo uso deste servizo, a USC está a ultimar a preparación das instalacións para poñelas a disposición do Sergas se, chegado caso, demandara facer uso delas para fins sanitarios ou hospitalarios.

Universidade de Santiago de Compostela, 2020-02-23

Actualidad

Foto del resto de noticias (autopista-ap9.jpg) A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María M. Allegue, instou ao Goberno central a paralizar a suba dos prezos da AP-9 para 2027 e que os conxele como a Xunta fará coas autoestradas de titularidade autonómica. Allegue respondeu a unha interpelación sobre a situación da autoestrada no Parlamento autonómico, e apuntou que a suba prevista para AP-9 e AP-53 é dun 5% e un 4% respectivamente, o que as converte nas máis caras de España. Incidiu en que nesta lexislatura houbo un incremento dun 20% nos prezos mentres que nas da Xunta non houbo ningún aumento.
Foto de la tercera plana (agro-tractor.jpg) A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, reclamou en Bruxelas 'financiamento suficiente, estabilidade e seguridade' para a nova PAC. Foi durante a súa intervención no evento da Coalición Agriregions, no Comité Europeo das Rexións, no que estivo acompañada polo director xeral da PAC e do Control da Cadea Alimentaria, Juan José Cerviño. Na organización da xornada tomou parte a Fundación Galicia Europa, que prestou apoio técnico á delegación galega na capital comunitaria para participar nesta reunión conxunta con membros do Parlamento Europeo e do devandito Comité das Rexións.

Notas

O Instituto Galego de Física de Altas Enerxías (IGFAE), centro mixto da USC e a Xunta de Galicia, organzia do 23 ao 27 de novembro a novena edición da Semana da Ciencia, a cita anual coa que pretende achegar o seu labor investigador á sociedade. Nesta ocasión, o programa centrarase nos retos e oportunidades de futuro que se abren nas áreas de investigación nas que traballa o persoal do IGFAE.
Ata o 12 de xaneiro de 2027 a Sala Alterarte, o espazo expositivo do campus de Ourense, acolle a mostra Glaciares a derreterse, da artista italiana Cinzia N. Rojas e comisariada por Vítor Nieves e Xosé Lois Vázquez. Na exposición, o público visitante pode ver unha proxección sobre o desexo glaciar. A mostra foi inaugurada contando coa participación da artista.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES