Buscador
Noticias
Esta acción enmárcase neste novidoso programa formativo de liderado, creatividade e empoderamento feminino co que se pretende chegar a un total de 400 mulleres galegas e que aínda ten aberto o seu prazo de inscrición nas cidades de Lugo e Ourense. De feito, á xornada na que se realizaron dúas mesas redondas sobre liderado feminino e directiva 4.0, así como un relatorio sobre a mentalidade do desafío- asistiron candidatas a formar parte de Son Executiva.
Será a primeira Vía Verde da provincia da Coruña e a de maior extensión de Galicia, cun itinerario de 36,5 quilómetros sobre as antigas vías do ferrocarril que permitirá camiñar ou andar en bici desde o núcleo urbano de Cerceda ata a estación da Sionlla de Santiago, atravesando espazos de gran interese medioambiental, histórico e cultural, e contribuíndo a vertebrar os núcleos rurais da zona e terá unha importante repercusión turística e socioeconómica.
O festival coruñés de cómic autoeditado acada este febreiro a súa duodécima edición, despois de seis edicións de verán e outras tantas de inverno. Máis dunha trintena de creadoras e creadores inscritos porán á venda as súas publicacións no encontro, que ademais contará cunha palestra sobre animación, curtas de animación independente, unha xincana de debuxo e para finalizar unha festa de disfraces.
A feira da enerxía de Galicia, Enerxétika 2020, estrea nesta terceira edición un espazo dedicado a poñer en valor proxectos innovadores no ámbito da sustentabilidade, a eficiencia enerxética e as enerxías renovables en calquera dos subsectores do certame. Os proxectos que estarán presentes nesta área, denominada Salón da Innovación Enerxétika (SIE), serán seleccionados por un xurado entre todas as propostas que reciba a organización.
Beleza, verdade é o titulo da antoloxía poética de Ricardo Carvalho Calero realizada por Pilar Pallarés, unha das máis aprezadas discípulas do escritor ao que este ano se lle deica o Día das Letras Galegas. O libro, un proxecto de Chan da Pólvora que se xestou durante varios anos, preséntase este xoves en Compostela, nun acto no que participarán Pallarés e Miguel Anxo Fernán Vello. A libraría do Chan da Pólvora é o lugar da cita. Esta é a segunda ocasión en que Pallarés se enfronta á poesía do autor ferrolán.
María Antonia Rilo foi proposta pola Federación de Asociacións Veciñais Limiar polo seu relevante traballo desde a esfera pública e privada na defensa dos dereitos das mulleres e a loita pola igualdade de xénero. A Rede Galega contra a Trata foi proposta pola Concellería de Igualdade por ser un instrumento de intervención e coordinación entre as asociacións e persoas integrantes da rede, a sensibilización dos axentes sociais implicados nesta problemática.
Hai cinco anos chegaba a Portugal a serie coa que os Bolechas triunfaban xa na Televisión de Galicia. Un éxito que se trasladou de inmediato ao país veciño, onde a popular familia xa era coñecida grazas aos máis de cen libros publicados en portugués. A emisión das aventuras destes queridos personaxes na Televisión Pública de Portugal (RTP) supuxo un novo impulso do proxecto que se traduciu en propostas editoriais, concursos de enorme éxito e na renovación da serie tempada tras tempada.
Á edición dos premios deste ano concorreron 42 empresas galegas, das que foron seleccionadas cinco finalistas centradas en actividades TIC, a xestión financeira, a seguridade viaria e o desenvolvemento de sistemas de monitorización e optimización de procesos produtivos. Ademais da iniciativa gañadora do galardón, Alen Space, dedicada ao deseño e fabricación de satélites espaciais, as empresas que chegaron á fase final, son: Opseeker, Coinscrap Finance, Netum Solutions e Data Monitoring.
A Terraza é un testemuño singular dos pavillóns ou quioscos modernistas típicos dos anos 20 e representa un caso único de conservación dos inmobles desta tipoloxía e función na Comunidade Autónoma, ao ter sobrevivo á desaparición case absoluta dos seus coetáneos, dos cales existiron abondosos exemplos. Trátase, ademais, dunha construción sobranceira para Galicia polos seus extraordinarios valores culturais e unha dimensión social significativa asociada á identidade e historia recente da vila sadense.
Entre os días 17 e 20 de febreiro celebrarase a segunda edición de Tempo da Psicoloxía, un proxecto organizado polo Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia e a Facultade de Psicoloxía da Universidade de Santiago de Compostela e que se desenvolverá na capital compostelá. Ao longo destes catro días, a sociedade dixital será obxecto de reflexión desde o enfoque da psicoloxía na súa interacción con diversos axentes sociais.