Notas de prensa

O festival coruñés Autobom de cómic autoeditado acada este febreiro a súa duodécima edición

O festival coruñés de cómic autoeditado acada este febreiro a súa duodécima edición, despois de seis edicións de verán e outras tantas de inverno. Máis dunha trintena de creadoras e creadores inscritos porán á venda as súas publicacións no encontro, que ademais contará cunha palestra sobre animación, curtas de animación independente, unha xincana de debuxo e para finalizar unha festa de disfraces.

O Autobán, e a súa versión de inverno Autobom, son a festa dos autores e autoras de banda deseñada que publican os seus propios traballos. Nos últimos anos o Autobán sitouse como un punto de referencia inexcusable na Península Ibérica para os amantes dos fanzines, do cómic independente e das novas xeracións de valores, que encontraron no evento coruñés unha lanzadeira ideal e un punto de confluencia caracterizado polo bo ambiente. Este ano contarase con nomes habituais no panorama galego, tanto mozos como sinaturas consagradas.

O Autobom transcurrirá o sábado 22 de febreiro na Nave 1839, na coruñesa estación de ferrocarrís de San Cristobo, dende as 17:30 ata as 23 h. Podedes consultar a programación na nosa web, e tamén vola achegamos a continuación...

PROGRAMACIÓN

17:00 | Apertura de portas

17:30 a peche | MERCADO DE FANZINES
O Mercado de fanzines ofrece a oportunidade de mostrar e vender o seu material a autores e autoras, colectivos, proxectos de autoedición e microeditoriais.

17:30 - 19:00 | FALADOIRO: Vasos comunicantes entre a BD e a animación
BD e animación, medios próximos e ao mesmo tempo afastados. É doado dar o salto dun a outro?
Falaremos con varios debuxantes que o fixeron para que nos conten a súa experiencia e dean consellos para poñer as nosas viñetas en movemento.
- David Fidalgo Omil (Homomaquia, Cartas a Superman)
- Giovanna Lopalco (Season)
- Martín Romero (La Noche)
- Alberto Vázquez (Birdboy, Sangre de Unicornio, Decorado)
- Modera: Óscar Iglesias

19:00 - 19:45 | AUTOCINE
O Autocine consiste na proxección de curtas de animación independentes, especialmente escollidas por Martin Romero. Visualizaremos as seguintes pezas:  
- "Love" Reka Bucsi
- "Muedra" César Díaz Meléndez
- "Zepo" César Díaz Meléndez
- "The Full Story" Daisy Jacobs

20:00 - 21:30 | XINCANA DEBUXEIRA: As probas ilustradas de Don Debuxo
Don Debuxo, figura clave para o mundo da ilustración, decide elixir a un grupo de sucesores para confiarlles a súa sabedoría e luxosos tesouros.
Para tal fin dispoñerá probas ás que os participantes terán que facer fronte para gañar o favor do magnate do debuxo.

21:30 | FESTA DE DESFRACES
Festa de disfraces coa actuación en directo do xenial DJ Gramola.
Ademáis, GRAN CONCURSO DE DISFRACES con SEKONE como presentador de excepción e un xurado formado por PAULA, LUIS e ROQUE.

Autoban, 2020-02-20

Actualidad

Foto del resto de noticias (6coreografas-2026.jpg) A sexta edición de 6coreógrafas acollerá dúas estreas: Trés bien, de Marta Alonso Tejada, un dúo de danza contemporánea de rúa interpretado por María de Vicente e Inés Santos que explora o esforzo de sosterse e permanecer xuntas, e BenQuererme, un solo de de Fran Sieira, que combina danza tradicional e contemporánea para reflexionar sobre o autocoidado emocional e o amor propio. A programación completarase con Suit(e), de Furia Sotelo, un diálogo entre a danza de Nuria Sotelo e o violonchelo de Millán Abeledo, e Bipedestrucción, da compañía navarro-galega Disiden.cia, unha peza de rúa para todos os públicos que aborda desde o humor a identidade, a diversidade e a importancia da comunidade.
Foto de la tercera plana (litoral-pobo.jpg) O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, informou de que o Goberno autonómico vén de autorizar na reunión desta mañá o envío ao Consello Consultivo de Galicia do decreto polo que se crea o Rexistro de autorizacións e concesións no dominio público marítimo-terrestre (DPMT). 'Isto vai situar Galicia á vangarda en transparencia e xestión do litoral', indicou. 'Imos habilitar un sistema para que a cidadanía poida coñecer en todo momento os usos e autorizacións vixentes na costa galega', salientou o presidente sobre un Rexistro, concibido para incorporar progresivamente as autorizacións e concesións no DPMT e que permitirá sistematizar e ampliar a información dispoñible sobre as actividades autorizadas, o que resulta fundamental para avanzar na planificación, protección e xestión integrada da costa galega así como reforzar a seguridade xurídica das actividades e proxectos.

Notas

Xerardo Quintiá gaña, co poemario Os cantos a Minha Senhor de Donsinda Christensen e baixo o lema «Cantos a Minha Senhor», a XXIV edición do Premio de Poesía Afundación, que a entidade convoca xunto ao Centro PEN de Galicia, á que se presentaron nesta edición un total de 46 obras inéditas. A resolución do xurado, presidido por Luís González Tosar, con Inés Mosquera Calvo como secretaria e vogal, e integrado por César Lorenzo Gil, Teresa Seara e Ismael Ramos Castelo, tivo lugar en Santiago.
As escavacións levadas a cabo este verán na Cova de Eirós, no lugar de Cancelo do concello lucense de Triacastela, e en Monte Penedo permitiron ampliar os períodos de ocupación humana das cavidades á vez que certificar que foron usadas como lugares de enterramento. Concretamente, a escavación do nivel 5 en Cova Eirós confirma a existencia na cova de ocupacións neandertais mais antigas e a realizada en Gruta dos Bloques descubriu a existencia dun enterramento infantil datado na Idade do Bronce.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES