Archivo (4 del 2019)

Buscador

Noticias

A Deputación da Coruña acolleu este venres a cuarta xornada do programa Malas linguas: activando falantes para o século XXI arredor, desta volta, da relación da lingua e o xénero. A vicepresidenta, Goretti Sanmartín Rei, apostou na súa intervención por unha "lingua inclusiva". 'Malas linguas' terá o seu feche de ouro o vindeiro martes 14 de maio en Ponteceso coincidindo co Festiletras.
Tui celebrará do sábado 20 ao luns 29 de abril – festivo local na cidade – as Festas na honra a San Telmo cunha programación pensada para todos os públicos. A presentación dos festexos tivo lugar esta mañá na casa do concello a cargo do alcalde, Carlos Vázquez Padín, o concelleiro de Cultura e Patrimonio, Eduardo Freiría, o concelleiro de Seguridade, Antonio Castro, a concelleira de Educación, Mila González, e a concelleira de Servizos Sociais, Estrella Muradás.
A poesía regresa o vindeiro luns ao centro Ágora da Coruña. O ciclo Poetas Di(n)versos, a única proposta estable de recitais con continuidade en España, retoma a súa actividade na primavera con tres recitais nos que participarán voces chegadas de Galicia, Alemaña, Estados Unidos e Nova Zelandia. A directora de Poetas Di(n)versos, a dinamizadora cultural Yolanda Castaño, foi quen deu a coñecer o programa.
O xornalista José Javier López Fraiz é o gañador do XXIX Premio de Periodismo 'Xosé Aurelio Carracedo' que convoca anualmente a Deputación de Ourense. O xurado, reunido hoxe no centro cultural "Marcos Valcárcel", ditaminou outorgar o galardón á súa serie de artigos publicados no xornal Faro de Vigo ao longo de 2018, un traballo cualificado como "rompedor" co xornalismo clásico, "tratando de igual a igual a escrita literaria e informativa nun equilibrio perfecto".
É unha iniciativa coa que 51 establecementos hostaleiros de 23 municipios introducirán nas súas cartas produtos e materias primas da provincia con denominación de orixe protexida ou indicación xeográfica protexida, así como de asociacións e empresas con presenza na provincia. Entre abril e novembro e durante os últimos 10 días, os restaurantes que se sumaron a esta campaña porán á disposición dos clientes pratos elaborados con distintos produtos de Lugo.
A artista pontevedresa Cora Velasco presenta este xoves en Lugo o seu último traballo 'Sortilegios’', un álbum no que a artista achega a súa faciana máis íntima e persoal ao tempo que denota máis madurez que nas dúas entregas anteriores. Despois de catro anos de carreira musical, máis de 200 concertos, tanto en Galicia como alén das súas fronteiras, dúas xiras por dez países de Europa e tres traballos editados, Cora Velasco reaparece cunha nova proposta.
Deporte, termalismo e turismo, son os elementos principais que conforman a proba ciclista "Challenge los 4 días de Ourense", unha iniciativa que se celebrará entre os días 18 ao 21 de abril no concello de Baños de Molgas, organizada pola Deputación de Ourense –por medio do Inorde- e a Fundación ADO Moure para difundir os valores da práctica deportiva en todas as idades. As catro etapas do "Challenge los 4 días de Ourense" terán como punto de saída e chegada Baños de Molgas.
A Oficina de Desenvolvemento Sostible e o Servizo de Participación e Integración Universitaria da USC organizan, co apoio da Rede Galega de Cooperación Universitaria ao Desenvolvemento, a quinta edición das xornadas de Educación para o Desenvolvemento e a Cidadanía Global (EDCG) que este curso centran a súa atención na sustentabilidade. Así, comparte o lema ‘Defendemos a educación, sostemos o mundo’ da Campaña Mundial pola Educación (CME).
Un total de 362 estudantes universitarios álzanse cos premios de excelencia académica ao alumnado de grao universitario oficial. A meirande parte dos premios (o 64,4%) recaeron en mulleres, polo que estas acaparan máis de 6 de cada dez galardóns fronte ao 35,6% dos homes. O 42,31% dos premios concedidos foron para a Universidade de Santiago de Compostela (USC), o 31,04% para a Universidade de Vigo (UVigo) e o 24,65% para a Universidade da Coruña (UDC).
Diante das informacións publicadas estes días nos medios de comunicación sobre a vacinación fronte ao sarampelo nas persoas adultas, a Consellería de Sanidade informa que, a súa Dirección Xeral de Saúde Pública xa recomenda, dende xullo de 2017, data da posta en marcha do Calendario de Vacinación do Adulto, a administración da vacina do sarampelo ás persoas nacidas a partir de 1968 que non cumpriran os criterios de inmunidade.
« Anterior | 3  de  4 | Siguiente »

Archivo

2024 (136)

2023 (349)

PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES