Archivo (4 del 2019)

Buscador

Noticias

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda acaba de convocar un concurso de debuxo infantil dirixido a escolares de centros de infantil e primaria de toda Galicia para incidir na importancia de realizar unha correcta reciclaxe dos residuos de aparellos eléctricos e electrónicos (RAEE) tanto para garantir a saúde do planeta como pola nosa propia saúde.
Os premios convocados están distribuídos en catro categorías: actuacións realizadas polos concellos, as agrupacións de concellos, mancomunidades, consorcios locais e áreas metropolitanas galegas; actuacións realizadas polas asociacións de amigos do Camiño de Santiago; actividades desenvolvidas polas persoas físicas ou pemes; e iniciativas de carácter académico, investigador ou educativo.
Moncho Borrajo, José Luis Cuerda e Alejandro Dolina estarán na Coruña o 19 de maio como premiados –e invitados de honra- do Encontro Mundial de Humorismo. Os tres xenios da comedia desfilarán pola primeira alfombra vermella do humor acompañados por personalidades do mundo da cultura na gala espectáculo “Fantastic Colofon”. O obxectivo é converter A Coruña nun punto de encontro para a industria e os profesionais do humor.
O 17º Ribeira Sacra mestura a música de artistas internacionais coa promoción patrimonial, natural, vitivinícola e gastronómica dos establecementos da zona. A programación inclúe concertos no Parador de Monforte, no Miradoiro de Santiorxo, na Praza de España de Chantada, no Catamarán de Doade, nas Adegas Regina Viarium, Vía Romana e Algueira, e na Reitoral de Gundivós. Nas próximas semanas iranse dando a coñecer máis novidades.
A Feira do Viño do Ribeiro, que este ano alcanza a súa 56ª edición, terá lugar os vindeiros días 3, 4 e 5 de maio en Ribadavia, e da a coñecer dúas actividades novidosas para a presente edición. Por un lado, decidiuse facilitar o procedemento de contacto entre os profesionais e as adegas participantes mediante un sistema de rexistro. Doutra volta, tamén se presenta o RibeiroBUS, para achegar a cultura do viño aos asistentes.
Tivo lugar a entrega dos III Premios de Investigación Audiovisual María Luz Morales. Durante o acto, que tivo lugar dentro da programación da ICC Week de Ourense, participaron representantes das catro Deputacións galegas, así como os premiados e membros do xurado. A Academia Galega do Audiovisual busca con estes premios dotar dun marco teórico e investigador ao ámbito audiovisual galego.
O cartel das festas de Ourense 2019 comeza a despexar incógnitas coa confirmación das primeiras bandas: Marea e Siniestro Total, dous dos nomes máis senlleiros do panorama rock. Os navarros, logo de 7 anos de ausencia, volven “coa xira máis grande endexamais contada” para presentar 'El azogue', o seu novo álbum (Adianto: En las encías). O segundo dos concertos confirmados é o dos vigueses Siniestro Total, que celebran 35 anos desde a súa formación.
Karelu sitúanos no conflito sobre un feito. O fillo de Martín ten un Karelu no seu brazo dereito, unha marca que deixa a roupa na pel. Unha agresión. Martín recibe a visita do seu irmán, necesita aclarar con el o que pasou, a partir de aí comeza unha viaxe o pasado onde xorden aspectos da súa vida familiar, de cando eran nenos e como foi a educación recibida polos seus pais. Karelu fala da educación na contorna familiar, da violencia e da crise de valores na sociedades actual.
« Anterior | 4  de  4 | Siguiente »

Archivo

2024 (152)

2023 (349)

PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES