Notas de prensa

As bandas de rock Marea e Siniestro Total, as primeiras confirmacións para o cartel das Festas de Ourense 2019

O cartel das festas de Ourense 2019 comeza a despexar incógnitas coa confirmación das primeiras bandas: Marea e Siniestro Total, dous dos nomes máis senlleiros do panorama rock. Os navarros, logo de 7 anos de ausencia, volven “coa xira máis grande endexamais contada” para presentar 'El azogue', o seu novo álbum (Adianto: En las encías). O segundo dos concertos confirmados é o dos vigueses Siniestro Total, que celebran 35 anos desde a súa formación.

O cartel das festas de Ourense 2019 comeza a despexar incógnitas coa confirmación das primeiras bandas: Marea e Siniestro Total, dous dos nomes máis senlleiros do panorama rock, que estarán na nosa cidade o xoves 28 e o venres 29 de xuño respectivamente.

Os navarros, logo de 7 anos de ausencia, volven “coa xira máis grande endexamais contada” para presentar 'El azogue', o seu novo álbum (Adianto: En las encías). O concerto será ás 22:30 horas na Explanada de Expourense, e serán teloneados por Lülu (web oficial). Porén, as entradas poranse á venda desde as 17:00 horas desta tarde (en www.ticketmaster.es, en www.ataquilla.com, no teléfono 902 504 500 e nos puntos de venda físicos habituais -en Ourense, na sede de Afundación, na Praza Maior) a un prezo de 12 euros máis gastos de xestión as 1.000 primeiras.

O segundo dos concertos confirmados é o dos vigueses Siniestro Total, que celebran 35 anos desde a súa formación “con planeamentos iconoclastas e neodadaístas”, como afirman na súa folla de promoción. Actualmente, a banda está formada por Julián Hernández (voz principal, harmónica, guitarras), único supervivente da formación orixinal, Javier Soto (voz, guitarra e coros), Ãngel González (batería e percusións), Jorge Beltrán (saxo e teclado) e Óscar G. Avendaño (baixo e coros).

O seu directo, potente e moi divertido, promete ser “un repaso mordaz sobre o ser humano nos últimos 35 anos”, afirman. A súa actuación será na Praza Maior desde as 0:30 horas, de balde pero con aforo reducido.

Antes de Siniestro Total, ás 22:30, subirán ao mesmo escenario os N.E.O., a nova formación de Alberto Cereijo e Tino Mojón, integrantes de Los Suaves.

Concello de Ourense, 2019-04-02

Actualidad

Foto del resto de noticias (gnight-2026.jpg) Medio milleiro de investigadoras e investigadores e máis de 150 actividades científicas nas sete cidades galegas: Vigo, Ourense, Pontevedra, Santiago, A Coruña, Ferrol e Lugo. Así se celebrará en Galicia a sexta edición da Noite Galega das Persoas Investigadoras, G-Night 2026, unha actividade na que a comunidade científica galega une talento e esforzos co obxectivo de achegar a ciencia á cidadanía e espertar vocacións científicas, ao tempo que se ofrecen propostas de lecer científico, cultural e educativo para toda a familia.
Foto de la tercera plana (20260916-xunta.jpeg) A Xunta de Galicia reclama ao Goberno central medidas estruturais de apoio ao sector agrogandeiro. Do mesmo xeito, esíxese que se teña en conta a realidade de cada territorio á hora de levar a cabo estas actuacións, que deben executarse de xeito urxente. Así o trasladou a conselleira do Medio Rural, María José Gómez, na Conferencia Sectorial celebrada en Madrid, na que se dirixiu ao ministro de Agricultura, Pesca e Alimentación, Luis Planas, para facer estas reclamacións. Alí, reafirmou tamén o compromiso do Executivo galego con este sector.

Notas

A colaboración entre a UDC, a USC, a UVigo e o Sergas permitirá reforzar a prevención, facilitar a detección temperá de situacións de malestar emocional e garantir a continuidade asistencial cando sexa necesaria. O documento nace do traballo conxunto de profesionais das tres universidades e da Administración sanitaria, integrando a experiencia práctica e a evidencia científica.
Berenguela de Castela, María de Molina, Inés de Castro, Leonor de Guzmán, María de Padilla ou Catalina de Lancaster son algunhas das mulleres que protagonizan 'Señoras de Castilla. Reinas y damas medievales en la literatura peninsular', a exposición que pode visitarse na Facultade de Filoloxía e Tradución. A mostra percorre a vida e a fortuna literaria de catorce figuras femininas da nobreza da Baixa Idade Media.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES