Notas de prensa

Os Náufragos Teatro estrea na Coruña o seu novo espectáculo, Karelu

Karelu sitúanos no conflito sobre un feito. O fillo de Martín ten un Karelu no seu brazo dereito, unha marca que deixa a roupa na pel. Unha agresión. Martín recibe a visita do seu irmán, necesita aclarar con el o que pasou, a partir de aí comeza unha viaxe o pasado onde xorden aspectos da súa vida familiar, de cando eran nenos e como foi a educación recibida polos seus pais. Karelu fala da educación na contorna familiar, da violencia e da crise de valores na sociedades actual.

Os Náufragos teatro segue o traballo de anteriores montaxes colaborando cun equipo artístico estable que lles acompaña dende os seus comezos como compañía madrileña de artistas galegos, ademais de continuar con postas en escea que definen a estética e a ética da nosa compañía. Desde o deseño de luces de Esther Aja ata a escenografía de Marisa Delaiglesia.

No noso equipo encóntrase Denis Gómez e Gustavo del Río, dous valores fixos da nosa compañía. Os Náufragos aposta por nova incorporaciones como Santi Cuquejo, actor en alza galego, que interpreta o irmao da nosa ficción, xunto co propio Denis Gómez dánlle vida a os dous protagonistas de Karelu.

Contamos ademáis con Ismael G. Canal, dramaturgo xoven licenciado pola RESAD e con Miguel Arthus, compositor, músico e docente.

Os Náufragos Teatro , 2019-04-02

Actualidad

Foto del resto de noticias (festival-jazz-lugo-2026.jpg) O XXXVI Festival de Jazz de Lugo ofrecerá do 4 ao 14 de novembro un total de 22 actuacións que combinarán grandes figuras internacionais cunha ampla presenza de músicos galegos en catro escenarios. Conforme ao programa, o Auditorio Fuxan os Ventos acollerá a apertura o mércores 4 co trío do saxofonista e clarinetista cubano Paquito D’Rivera. Neste mesmo escenario actuarán Abe Rábade, o día 8, e Kenny Barron Trio, o 11. No Círculo das Artes sucederanse James Carter Organ Trio, o 5 de novembro; Jogo de Damas, o día 6; Takuya Kuroda Quintet, o 7; Patricia Brennan Septet, o día 12; Erik Truffaz & Antonio Lizana, o día 13, e Clarence Bekker Band, o 14 de novembro.
Foto de la tercera plana (gripe-vacinacion.jpg) O informe da Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade sobre a actividade das infeccións respiratorias agudas referido á semana que rematou o 25 de outubro reflicte que a actividade gripal na comunidade mantén o seu nivel basal con tendencia crecente, constatando un incremento na dispensación de antigripais nas farmacias galegas. En concreto, a taxa de dispensación de antigripais nas farmacias aumentou un 38,9 % na última semana, mentres que a de probas de antíxenos se reduciu nun 17,9 %, tal e como informan as oficinas de farmacia integradas na rede sentinela impulsada pola Xunta, co obxectivo de anticipar a evolución dos virus respiratorios na comunidade.

Notas

A USC impulsa un marco institucional para integrar a IA de maneira responsable, segura e transparente na docencia, na aprendizaxe, na investigación, na transferencia de coñecemento e na xestión universitaria. A iniciativa, aprobada en Consello de Goberno, articúlase a través dun regulamento de aplicación xeral ao que se suma o Plan de Formación en Intelixencia Artificial Responsable (FIAR).
O Campus Industrial de Ferrol reúne a máis de 50 empresas, entidades e asociacións na cuarta edición do FESTALENT, Feira de Empresas e Talento, un evento de referencia que se celebra no Pavillón Municipal de Esteiro. Organizada no marco do programa ImpúlsaT da UDC, a feira conta coa colaboración da Xunta de Galicia, a través da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración e da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES