Notas de prensa

Tui celebra as festas de San Telmo cunha programación para todos os públicos do 20 ao 29 de abril

Tui celebrará do sábado 20 ao luns 29 de abril – festivo local na cidade – as Festas na honra a San Telmo cunha programación pensada para todos os públicos. A presentación dos festexos tivo lugar esta mañá na casa do concello a cargo do alcalde, Carlos Vázquez Padín, o concelleiro de Cultura e Patrimonio, Eduardo Freiría, o concelleiro de Seguridade, Antonio Castro, a concelleira de Educación, Mila González, e a concelleira de Servizos Sociais, Estrella Muradás.

Na presentación o alcalde, Carlos Vázquez Padín, destacou en primeiro lugar a faceta cultural e patrimonial das festas co concerto de badaladas previsto o domingo 28 nos campanarios da Catedral, a igrexa de San Telmo, San Francisco e As Encerradas. O rexedor apostou por institucionalizar este evento para darlle aos festexos de San Telmo un carácter distintivo. Na mesma liña subliñou as dúas exposicións que se poderán visitar na Ãrea Panorámica durante as festas baixo o título de “Surge et ambula. A memoria do Teatro Principal” na que se exhibirá entre outras pezas o telón do centenario teatro, e por outra a mostra “70 anos da escultura de Rosendo Salvado”.

Por outra parte Carlos Vázquez Padín destacou a proposta musical das festas na que se aposta pola música orixinal con actuacións destacadas coma a de Blas Cantó o sábado 27 e a orquestra Mondragón o domingo 28, amais dos grupos tudenses Mi Calip’s e Factor 50 que actuarán o venres 26, e Patricia Moon o sábado 20. A oferta musical contempla tamén a presenza do Combo Dominicano na noite do luns 29, e ao longo das festas estarán o grupo América ( domingo 21) e as orquestras Passarela (sábado 27) e Saudade (domingo 28).
As festas comezarán o sábado 20 ás 19 h coa lectura do pregón a cargo do filatelista tudense Carlos Pérez-Fonterosa Antón, nun acto no Teatro Municipal onde actuará a Banda de Gaitas San Xoán de Paramos. O primeiro día das festas Pablo Méndez Performances presentará no Paseo da Corredoira o seu espectáculo “Quimera”. Non faltarán eventos tradicionais coma o festival folclórico ou a Semana de Teatro Afeccionado.

Concertos da Banda de Música Popular de Tui e da Banda de Música da Escola Naval Militar de Marín, o V Encontro de Bandas de Gaitas, e actuación de charangas completan a oferta musical.

Están previstas actividades infantís de luns a venres de 11 a 13 h, e proxeccións de cinema infantil ás 16.30h. Tamén para público infantil programouse unha festa con Menudo Circo. As corais de Tui actuarán nas residencias e no centro de día do municipio. O deporte estará presente coas actividades previstas de bádminton, judo, tenis de mesa, xadrez, remo e baloncesto. A Copa San Telmo Eurocidade de fútbol, a Carreira Popular Solidaria de San Telmo, e as finais autonómicas do programa Bádminton + centran a oferta deportiva. O luns de San Telmo celebrarase a tradicional Feira dos Cabalos. Continúa tamén até o luns 29 a Festa do Meixón en 6 restaurantes tudenses. Xa no tocante aos actos relixiosos destaca a solemne procesión de San Telmo o luns 29 ás 21 h.

Concello de Tui, 2019-04-12

Actualidad

Foto del resto de noticias (turismo-santiago.jpg) Estase a celebrar a Asemblea Xeral anual de NECSTouR, a rede de rexións europeas centrada en promover o turismo sostible e competitivo. A xuntanza que se desenvolve baixo o lema 'Turismo e cultura: da creación ao legado -construíndo territorios resilentes e conectados' ten lugar estes días en Bourges, no Val de Loira (Francia), e no marco da mesma, a entidade vén de acordar a celebración da vindeira cita anual en Galicia coincidindo co Xacobeo 2027. En NECSTouR están representadas un total de 44 rexións europeas e 32 organizacións académicas, asociacións e redes de empresas de turismo sostible, que representan a 19 países europeos.
Foto de la tercera plana (tecnoloxia-rapaces.jpg) Alfonso Rueda anunciou que Galicia será a primeira comunidade que regule os exames virtuais para o ensino público non universitario. Esta regulación para a 'educación do futuro', que se encadra na futura Lei de educación dixital, contempla o emprego de 'sistemas biométricos que garantan a autenticidade dos resultados' no caso de probas a distancia sen supervisión docente. Neste sentido, cómpre lembrar que esta Lei incorporará outras medidas destinadas a responder os retos presentes e futuros da educación, como que a comunicación entre profesores e familias se produza só a través de Abalar, a prohibición de gravar clases sen autorización, ou a regulación do uso da intelixencia artificial ou do móbil nas aulas.

Notas

A materia ordinaria representa apenas o 5% do Universo. O resto segue sendo un misterio para a Humanidade: non sabemos de que está composta, nin como se comporta. Estímase que a maior parte é enerxía escura, e o resto (ao redor dun 27%) é a materia escura, unha substancia que ten masa, e que se delata pola súa atracción gravitatoria sobre as galaxias, pero que non emite nin absorbe luz e que nunca foi detectada directamente nun laboratorio.
Seleccionado na sétima convocatoria do programa Interreg Poctep 2021-2027, o proxecto Activa Rural Transfronteirizo reúne 17 institucións e entidades de diferentes puntos de España e Portugal, entre as que se atopa a Universidade de Vigo, co propósito de abordar o envellecemento da poboación nas zonas rurais transfronteirizas e ofrecer respostas á fenda dixital e ao desigual acceso aos servizos asistenciais nestas áreas.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES