Notas de prensa

51 establecementos da provincia súmanse ás xornadas 'E para comer... Lugo'

É unha iniciativa coa que 51 establecementos hostaleiros de 23 municipios introducirán nas súas cartas produtos e materias primas da provincia con denominación de orixe protexida ou indicación xeográfica protexida, así como de asociacións e empresas con presenza na provincia. Entre abril e novembro e durante os últimos 10 días, os restaurantes que se sumaron a esta campaña porán á disposición dos clientes pratos elaborados con distintos produtos de Lugo.

O Presidente, Darío Campos Conde, e o Presidente da Asociación Provincial de Hostaleiros de Lugo, Cheché Real, informaron este mércores sobre a posta en marcha dunha nova campaña de promoción e exaltación dos produtos da provincia baixo o nome E para comer...Lugo. Fixérono nun acto acompañados de representantes de distintos locais de restauración que se sumaron a esta iniciativa, no que se degustaron algúns dos pratos que se poderán desfrutar durante estas xornadas. Máis información en www.deputacionlugo.gal e www.eparacomerlugo.com

Trátase dunha iniciativa coa que 51 establecementos hostaleiros de 23 municipios lucenses introducirán nas súas cartas produtos e materias primas da provincia con denominación de orixe protexida (D.O.P) ou indicación xeográfica protexida (IXP), así como de asociacións e empresas con presenza na provincia. Deste xeito, entre abril e novembro e durante os últimos 10 días, os restaurantes que se sumaron a esta campaña porán á disposición dos clientes pratos elaborados con distintos produtos de Lugo.

Campos Conde explicou que “é unha iniciativa coa que Deputación, APEHL e Hostaleiros, xuntamos forzas para continuar promovendo o consumo das materias primas que hai na nosa provincia, que ademais de ser de ser de altísima calidade e contar con grande recoñecemento entre a cidadanía, son un motor xerador de economía e emprego. De feito as cifras así o avalan pois estes sectores aglutinan máis de 13.000 traballadores e xeran un volume de negocio anual a través deste produtos superior aos 250 millóns de euros, o que dá mostra da importancia que teñen estes sectores para a economía do pais”.

Calendario das exaltacións

Abril.
19 ao 28: Fabas de Lourenzá, Merluza do Pincho de Burela e do CRDO Queixo Arzúa-Ulloa.
Maio.
17 ao 26: Ternera Gallega Suprema Raza Rubia Gallega, Grelos de Galicia e CRDO Queixo do Cebreiro.
Xuño. 21 ao 30: Merluza do Pincho de Burela, Cordeiro de Raza Ovella Galega e Castañas de Galicia.
Xullo.
19 ao 28: Bonito de Burela, Lacón Galego e Pementos de Mougán.
Agosto.
16 ao 25: Bonito de Burela, Castañas de Galicia e Pementos de Mougán.
Setembro.
20 ao 29 : Porco Celta, Grelos de Galicia, Patacas de Galicia e Mel de Galicia.
Outubro.
18 ao 27: Fabas de Lourenzá, Ternera Gallega, Queixo do San Simón da Costa e Mel de Galicia
Novembro.
15 ao 24: Raza Mos, Grelos de Galicia, Pataca de Galicia e Queixo de Tetilla.

Durante todas as xornadas, empregaranse viños da D.O. Ribeira Sacra, Galletas Daveiga, pan da provincia (AFAPÃN), e CR Augardentes e Licores Tradicionais de Galicia.

Establecementos participantes

Na campaña de exaltación de produtos da provincia E para comer...Lugo, participan un total de 51 establecementos de 23 municipios lucenses. En Antas de Ulla, Restaurante Val; en Barreiros, O’Asador; en Becerreá, Boavista; en Burela, A Lonza, Cervecería Kiko e Casa Miranda; en Castro de Rei, Río Lea; en Cervo, Río de Oro; en Chantada, Os Pendellos Pulpería, Daydos, A Faragulla; na Fonsagrada, Cantábrico, O Piñeiral e Casa Damián; en Foz, Casa Damián, O Lar, Xoyma e Hotel Leyton; en Friol, Casa Benigno; en Guitiriz, Casa Gaibor; en Lugo, Campos, Casa Paco, Mesón de Alberto, Manuel Manuel, Os Cachivaches, Porta Santiago, Casa María, o Cincuenta e Seis e Canedo; en Mondoñedo, A Horta da Paula; en Monforte de Lemos, Centro do Viño, Parador de Monforte, O Grelo, Garden, Abadía de San Simón, Manuel Bistró e Cardenal; en Palas de Rei, O Rincón, Parada das Bestas, Rectoral de Castrillón; no Páramo, Sabe; en Pedrafita do Cebreiro, Casa García; na Pontenova, San Briz; en Quiroga, Casa Torres; en Ribadeo, O Lar de Manolo, Parador de Ribadeo, El Oviedo, A Mirandilla; en Sarria, Ponte Ribeira; en Vilalba, Parador Vilalba, Montero e Mesón do Campo.
IXP e CRDO.

Ademais dos locais de restauración, empresas e asociacións de produtores da provincia, nas xornadas empregaranse produtos de 21 Denominación de Orixe Protexida e Indicación Xeográfica Protexida: CRDO Queixo de Arzúa-Ulloa, CRDO Cebreiro, CRDO Ribeira Sacra, CRDO San Simón da Costa, CRDO Queixo de Tetilla, IXP Faba de Lourenzá, IXP Grelos de Galicia, IXP Castaña de Galicia, IXP Lacón Galego, IXP Pemento de Mougán, IXP Pataca de Galicia, IXP Mel de Galicia, IXP Augardentes e Licores tradicionais de Galicia, IXP Ternera Gallega, ACRUGA (Ternera Gallega Suprema Carne de Rubia Gallega), ABSA (Merluza do Pincho de Burela e Bonito de Burela), AVIMOS (Raza Galiña de Mos), ASPORCEL (Raza Porco Celta), ASOVEGA – BOAGA (Raza Ovella Galega), AFAPAN (Asociación Provincial de Fabricantes de Pan de la Provincia de Lugo) e Galletas Da Veiga.

Deputación de Lugo, 2019-04-10

Actualidad

Foto del resto de noticias (turismo-santiago.jpg) Estase a celebrar a Asemblea Xeral anual de NECSTouR, a rede de rexións europeas centrada en promover o turismo sostible e competitivo. A xuntanza que se desenvolve baixo o lema 'Turismo e cultura: da creación ao legado -construíndo territorios resilentes e conectados' ten lugar estes días en Bourges, no Val de Loira (Francia), e no marco da mesma, a entidade vén de acordar a celebración da vindeira cita anual en Galicia coincidindo co Xacobeo 2027. En NECSTouR están representadas un total de 44 rexións europeas e 32 organizacións académicas, asociacións e redes de empresas de turismo sostible, que representan a 19 países europeos.
Foto de la tercera plana (tecnoloxia-rapaces.jpg) Alfonso Rueda anunciou que Galicia será a primeira comunidade que regule os exames virtuais para o ensino público non universitario. Esta regulación para a 'educación do futuro', que se encadra na futura Lei de educación dixital, contempla o emprego de 'sistemas biométricos que garantan a autenticidade dos resultados' no caso de probas a distancia sen supervisión docente. Neste sentido, cómpre lembrar que esta Lei incorporará outras medidas destinadas a responder os retos presentes e futuros da educación, como que a comunicación entre profesores e familias se produza só a través de Abalar, a prohibición de gravar clases sen autorización, ou a regulación do uso da intelixencia artificial ou do móbil nas aulas.

Notas

A materia ordinaria representa apenas o 5% do Universo. O resto segue sendo un misterio para a Humanidade: non sabemos de que está composta, nin como se comporta. Estímase que a maior parte é enerxía escura, e o resto (ao redor dun 27%) é a materia escura, unha substancia que ten masa, e que se delata pola súa atracción gravitatoria sobre as galaxias, pero que non emite nin absorbe luz e que nunca foi detectada directamente nun laboratorio.
Seleccionado na sétima convocatoria do programa Interreg Poctep 2021-2027, o proxecto Activa Rural Transfronteirizo reúne 17 institucións e entidades de diferentes puntos de España e Portugal, entre as que se atopa a Universidade de Vigo, co propósito de abordar o envellecemento da poboación nas zonas rurais transfronteirizas e ofrecer respostas á fenda dixital e ao desigual acceso aos servizos asistenciais nestas áreas.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES