Archivo (4 del 2019)

Buscador

Noticias

Jessica Rodríguez Sánchez, veciña de Visantoña (Mesía) de 35 anos, Óscar Fernández Freire, coruñés de 17 anos, e Claudia Martínez Asenjo, compostelá de 11 anos, son as persoas gañadoras dos tres primeiros premios, nas modalidades de adultos, xuvenil e infantil, do II Concurso de microrrelatos convocado pola Real Academia Galega e PuntoGal. O xurado, reunido na sede da RAG, escolleunos entre as case 500 propostas recibidas xunto a outros seis microrrelatos distinguidos cos segundos e os terceiros premios.
A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda organizará este mes de abril catro xornadas formativas sobre xestión de pilas e acumuladores así como de residuos de aparellos eléctricos e electrónicos (RAEE) de orixe industrial. Estas sesións van dirixidas aos diferentes axentes e colectivos implicados na produción e no tratamento posterior deste tipo de refugallos nas distintas fases do proceso.
O equipo científico formado por Yara Frateschi Vieira, Maria Isabel Morán Cabanas e José António Souto Cabo presentou o Roteiro Virtual da Lírica Medieval, con foco inicial nas relacións entre a lírica galego-portuguesa e a cidade de Santiago de Compostela e arredores. Os tres son integrantes do Grupo Graall (Grupo de Análise de Aspectos Lingüísticos e Literarios da Lusofonía) da USC, sendo a primeira da Universidade de Campinas-São Paulo, e os segundos da USC.
A Axencia de Coñecemento en Saúde desenvolveu o pasado ano un total de 879 actividades formativas nas que participaron 14.200 profesionais. Isto supón máis de 5.850 horas lectivas e o traballo de 740 relatores e colaboradores docentes. A formación continuada dos profesionais do sistema público galego de saúde é unha prioridade. O obxectivo é mellorar o coidado dos pacientes a través do coñecemento, e para acadalo é preciso a actualización permanente das competencias profesionais.
A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional acaba de convocar a VI edición do Concurso de Traballo por Proxectos, unha iniciativa enmarcada no Plan LÍA (Lectura, Información e Aprendizaxe) de Bibliotecas Escolares 2016-20 que busca incentivar a investigación e as boas prácticas no ámbito das bibliotecas escolares dos centros de ensino públicos de Galicia, así como fomentar o traballo en equipo.
O martes 23 de abril, con motivo do Día do Libro, o MARCO súmase un ano máis á experiencia de Bookcrossing compartida con outras 54 bibliotecas de museos e centros de arte, na que se liberarán volumes relacionados con diferentes disciplinas procedentes dos fondos das súas respectivas bibliotecas. A solta de libros iniciarase a partir das 12.00 fronte á fachada principal na rúa Príncipe, e outros puntos da cidade.
A Mesa pola Normalización Lingüística e a Asociación Socio-Pedagóxica Galega (AS-PG) veñen de tirar do prelo Pondaliana, un libro disco que contén quince poemas musicados dun dos grandes escritores da literatura galega, Eduardo Pondal. O cedé, ilustrado por Leandro Lamas, é froito da colaboración de máis dunha ducia de músicos coordinados polo profesor Francisco Rodríguez e pola Sociedade Cultural Medulio, impulsora do proxecto.
Hércules de Ediciones únese ás homenaxes ao escritor Antonio Fraguas, protagonista do Día das Letras Galegas, a fin de contribuír a preservar a riqueza do seu legado intelectual. Así, a editorial publicou “Coñecendo a Antonio Fraguas. Roteiros literarios” (Hércules de Ediciones, 2019), unha obra dirixida principalmente a escolares, pero que pretende achegar a súa figura a calquera persoa interesada, de xeito didáctico e buscando integrar a súa vida e obra.
A curtametraxe “Se vende” é o resultado dun obradoiro de vídeo participativo desenvolvido durante dous meses en DOA Saúde Mental, realizado no marco do Programa Más Social promovido pola Fundación Barrié. Os participantes do taller, persoas con problemas de saúde mental, adquiriron as ferramentas e coñecementos necesarios para contar as súas historias a través do audiovisual, executando todo o proceso dende a concepción da idea ata a rodaxe e a interpretación.
O nome escollido é: 'O método Morris' e ao longo de dúas horas, o actor tentará desentrañar os segredos do que el mesmo chama “actuación autodidacta”, unha forma totalmente orixinal e xenuína de involucrarse en cada personaxe ata facelo seu, creado tras máis de tres décadas vinculado á interpretación. Ademais, tamén falará das experiencias que viviu dende dentro do audiovisual galego así como da súa evolución como actor.
« Anterior | 2  de  4 | Siguiente »

Archivo

2024 (127)

2023 (349)

PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES