
Polo tanto, entre os asistentes haberá fabricantes, distribuidores e instaladores, asà como asociacións e entidades representativas do sector, transportistas e xestores destes residuos.
A primeira das xornadas celebrouse o 11 de abril nas instalacións da Axencia Galega de Innovación (GAIN) en Santiago, e hoxe impartiuse a segunda sesión no concello pontevedrés de O Porriño, concretamente nas instalacións do Centro Tecnolóxico de Automoción de Galicia (CTAG). Todos estes foros enmárcanse no paquete de accións formativas e de traballo que contempla o Plan de Residuos Industriais de Galicia (PRIGA), aprobado pola Xunta no ano 2016 como unha ferramenta de planificación en materia de prevención e xestión dos residuos de orixe industrial.
Con este tipo de actividades, o obxectivo da ConsellerÃa de Medio Ambiente é achegar e dar a coñecer o actual marco legal polo que se regula a xestión de pilas e RAEE industriais, e as principais obrigas existentes tanto desde o punto de vista dos produtores como dos xestores.
No caso concreto da xornada en O Porriño, cuxa apertura correu a cargo da subdirectora xeral de Residuos, Verónica Tellado, a sesión comezou facendo un repaso pola situación da xestión en Galicia de pilas e RAEE industriais. Asà mesmo, tamén houbo unha ponencia sobre baterÃas de coches eléctricos por parte dun colaborador do CTAG, e no último bloque da sesión abriuse unha mesa de debate sobre a preparación para a reutilización e a obsolescencia programada destes residuos no marco da economÃa circular.
Próximas xornadas
En total, están previstas catro sesións no mes de abril centradas na xestión de pilas e RAEE industriais. As seguintes xornadas celebraranse nos dÃas e lugares que se indican a continuación, aÃnda que poderÃan sufrir algún cambio en función do número de inscritos.
O PORRIÑO: 23-04 Centro Tecnolóxico de Automoción
A CORUÑA: 24-04 Salón de Actos Edificio Administrativo de Monelos
LUGO: 29-04 Asoc. Provincial Reparación e Venta de Automóbiles e Recambios
Todas as persoas interesadas en obter máis información sobre as xornadas de xestión de pilas, acumuladores e residuos de aparellos eléctricos e electrónicos previstas ao longo deste mes poden facer a súa consulta no teléfono 981 54 10 45 ou enviala ao enderezo electrónico residuos-priga.medio-ambiente@xunta.gal. Asà mesmo, as inscricións para participar como asistentes nalgunha destas sesións deberán tramitarse no seguinte enlace.
Medio milleiro de investigadoras e investigadores e máis de 150 actividades cientÃficas nas sete cidades galegas: Vigo, Ourense, Pontevedra, Santiago, A Coruña, Ferrol e Lugo. Asà se celebrará en Galicia a sexta edición da Noite Galega das Persoas Investigadoras, G-Night 2026, unha actividade na que a comunidade cientÃfica galega une talento e esforzos co obxectivo de achegar a ciencia á cidadanÃa e espertar vocacións cientÃficas, ao tempo que se ofrecen propostas de lecer cientÃfico, cultural e educativo para toda a familia.
A Xunta de Galicia reclama ao Goberno central medidas estruturais de apoio ao sector agrogandeiro. Do mesmo xeito, esÃxese que se teña en conta a realidade de cada territorio á hora de levar a cabo estas actuacións, que deben executarse de xeito urxente. Asà o trasladou a conselleira do Medio Rural, MarÃa José Gómez, na Conferencia Sectorial celebrada en Madrid, na que se dirixiu ao ministro de Agricultura, Pesca e Alimentación, Luis Planas, para facer estas reclamacións. AlÃ, reafirmou tamén o compromiso do Executivo galego con este sector.