
A xestora e organizadora do tratamento virtual é a doutoranda Janaína Marques Ferreira Rocha.
O obxectivo do proxecto, que contou co apoio da Concellaría de Acción Cultural do Concello de Santiago, foi a creación dunha páxina web que permita acompañar o recurso dese movemento na súa totalidade xeopolítica e no conxunto dos diversos aspectos artísticos (literarios, musicais, arquitectónicos e iconográficos) que engloba. Hoxe presentouse a súa posta en marcha coa indicación de autores, textos e lugares, deixando abertas as vías para unha segunda fase en que será introducida a música. Igualmente, en datas próximas o proxecto virtual poderá ser ampliado a outros espazos, principalmente os concellos limítrofes de Santiago.
Nun mapa artístico da cidade de Compostela, especialmente composto para o proxecto pola artista plástica María Meijide, aparecen identificados e marcados puntos específicos referentes aos trobadores e xograres con eles relacionados. A partir destes o usuario será remitido directamente para informacións relevantes sobre o perfil biográfico de cada autor, comentarios para a comprensión e interpretación dos versos e vídeos dos lugares, destacándose neles os aspectos mais salientables e outros menos coñecidos para o público en xeral, coa colaboración técnica de Ricard di Pace, responsable do deseño gráfico e tratamento dixital.
Entre as investigacións previas derivadas deste Roteiro Virtual da Lírica Medieval, destacan especialmente os libros O amor que eu levei de Santiago, publicado en Galicia (Vieira, Morán Cabanas, Souto Cabo, 2011), e O caminho poético de Santiago (Vieira, Morán Cabanas, Souto Cabo, 2015) , que saíu do prelo no Brasil, así como diversas iniciativas divulgativos de tipo turístico e didáctico, especialmente proxectados a través da realización de varios roteiros presenciais en Compostela e nos seus arredores desde 2012.
O roteiro virtual poderá ser utilizado por persoas de calquera parte do mundo, un maior impacto, en termos académicos e educacionais, naqueles sitios onde a lírica galego-portuguesa tivo unha importancia especial en virtude de ser matriz literaria de temas e formas posteriores, como nos países onde se fala o galego e o portugués. Os autores e autoras non descartan o seu atractivo para todos os lugares de fala española grazas ao papel que a nosa lírica tivo no desenvolvemento posterior das literaturas nesa lingua. Da mesma forma que falantes de catalán, francés, italiano e alemán poderán encontrar informacións complementarias a aquelas relativas ao trobadorismo occitano, francés, siciliano e xermánico.
O XXXVI Festival de Jazz de Lugo ofrecerá do 4 ao 14 de novembro un total de 22 actuacións que combinarán grandes figuras internacionais cunha ampla presenza de músicos galegos en catro escenarios. Conforme ao programa, o Auditorio Fuxan os Ventos acollerá a apertura o mércores 4 co trío do saxofonista e clarinetista cubano Paquito DRivera. Neste mesmo escenario actuarán Abe Rábade, o día 8, e Kenny Barron Trio, o 11. No Círculo das Artes sucederanse James Carter Organ Trio, o 5 de novembro; Jogo de Damas, o día 6; Takuya Kuroda Quintet, o 7; Patricia Brennan Septet, o día 12; Erik Truffaz & Antonio Lizana, o día 13, e Clarence Bekker Band, o 14 de novembro.
O informe da Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade sobre a actividade das infeccións respiratorias agudas referido á semana que rematou o 25 de outubro reflicte que a actividade gripal na comunidade mantén o seu nivel basal con tendencia crecente, constatando un incremento na dispensación de antigripais nas farmacias galegas. En concreto, a taxa de dispensación de antigripais nas farmacias aumentou un 38,9 % na última semana, mentres que a de probas de antíxenos se reduciu nun 17,9 %, tal e como informan as oficinas de farmacia integradas na rede sentinela impulsada pola Xunta, co obxectivo de anticipar a evolución dos virus respiratorios na comunidade.