Notas de prensa

Sae á luz a curtametraxe 'Se vende' realizada e protagonizada por persoas con problemas de saúde mental

A curtametraxe “Se vende” é o resultado dun obradoiro de vídeo participativo desenvolvido durante dous meses en DOA Saúde Mental, realizado no marco do Programa Más Social promovido pola Fundación Barrié. Os participantes do taller, persoas con problemas de saúde mental, adquiriron as ferramentas e coñecementos necesarios para contar as súas historias a través do audiovisual, executando todo o proceso dende a concepción da idea ata a rodaxe e a interpretación.

Un grupo de persoas usuarias da asociación DOA Saúde Mental, que realiza as súas actividades nas localidades de Vigo e Cangas, estrea mañá, 16 de abril, a curtametraxe participativa “Se vende”. A estrea será un lanzamento na Internet que se realizará na canle de Youtube da asociación.

O resultado desta experiencia foi unha curtametraxe de terror rodada en Vigo que conta a historia dun fotógrafo dunha axencia inmobiliaria que ten a encarga de fotografar unha casa onde comezan a producirse sucesos estraños. Para a elaboración desta peza, os usuarios de DOA Saúde Mental exploraron a súa realidade, compartiron preocupacións e intereses e aprenderon a contar historias dende a súa perspectiva.

A semana pasada celebrouse a preestrea da curtametraxe nunha proxección realizada en Cangas dentro do ciclo de teatro afeccionado CITEAMOR, a cal recibiu unha calorosa e positiva acollida. Pola súa banda, a semana que ven subirase tamén á Internet un making off que explica como se fixo a curtametraxe e cales foron as impresións e as experiencias das persoas participantes.

Vídeo participativo: unha metodoloxía que promove a participación

O vídeo participativo é unha metodoloxía de traballo que pretende promover a participación social e o empoderamento de persoas en risco de exclusión. No taller realizado no marco do Programa Más Social, promovido pola Fundación Barrié, os usuarios de DOA Saúde Mental mergulláronse na linguaxe audiovisual, aprenderon a construír un relato, a darlle forma de vídeo e a executar a súa propia peza.

Durante todo este proceso, os participantes convertéronse en axentes activos de comunicación, elaborado de forma autónoma os seus propios contidos e creando para iso un grupo de traballo onde todos tiñan algunha función. Unha vez rematada a formación, os usuarios adquiriron unha serie de coñecementos e ferramentas que lles permitirán seguir aplicando esta metodoloxía nas actividades e dinámicas da asociación.

DOA Saúde Mental

A asociación DOA Saúde Mental naceu en 1987 para mellorar a calidade de vida das persoas con problemas de saúde mental e das súas familias, defender os seus dereitos e representar aos seus asociados. Conta con centros en Vigo e Cangas, traballando en torno a un modelo de atención de base comunitaria e xerando mecanismos de normalización. DOA Saúde Mental é unha entidade de acollida, apoio, autoaxuda, atención e representación das persoas con problemas de saúde mental e as súas familias, preocupada por proxectar interna e externamente un discurso normalizador sobre esta realidade.

Saúde Mental FEAFES Galicia

Saúde Mental FEAFES Galicia é unha entidade sen ánimo de lucro constituída en 1995 que representa os dereitos e necesidades do movemento asociativo de saúde mental. O seu obxectivo principal é a adopción de medidas que contribúan á mellora da calidade de vida das persoas con problemas de saúde mental e dos seus familiares. Actualmente agrupa a 14 asociacións repartidas por toda a comunidade galega que posúen centros e servizos en máis de 30 localidades.

FEAFES Galicia, 2019-04-15

Actualidad

Foto del resto de noticias (gnight-2026.jpg) Medio milleiro de investigadoras e investigadores e máis de 150 actividades científicas nas sete cidades galegas: Vigo, Ourense, Pontevedra, Santiago, A Coruña, Ferrol e Lugo. Así se celebrará en Galicia a sexta edición da Noite Galega das Persoas Investigadoras, G-Night 2026, unha actividade na que a comunidade científica galega une talento e esforzos co obxectivo de achegar a ciencia á cidadanía e espertar vocacións científicas, ao tempo que se ofrecen propostas de lecer científico, cultural e educativo para toda a familia.
Foto de la tercera plana (20260916-xunta.jpeg) A Xunta de Galicia reclama ao Goberno central medidas estruturais de apoio ao sector agrogandeiro. Do mesmo xeito, esíxese que se teña en conta a realidade de cada territorio á hora de levar a cabo estas actuacións, que deben executarse de xeito urxente. Así o trasladou a conselleira do Medio Rural, María José Gómez, na Conferencia Sectorial celebrada en Madrid, na que se dirixiu ao ministro de Agricultura, Pesca e Alimentación, Luis Planas, para facer estas reclamacións. Alí, reafirmou tamén o compromiso do Executivo galego con este sector.

Notas

A colaboración entre a UDC, a USC, a UVigo e o Sergas permitirá reforzar a prevención, facilitar a detección temperá de situacións de malestar emocional e garantir a continuidade asistencial cando sexa necesaria. O documento nace do traballo conxunto de profesionais das tres universidades e da Administración sanitaria, integrando a experiencia práctica e a evidencia científica.
Berenguela de Castela, María de Molina, Inés de Castro, Leonor de Guzmán, María de Padilla ou Catalina de Lancaster son algunhas das mulleres que protagonizan 'Señoras de Castilla. Reinas y damas medievales en la literatura peninsular', a exposición que pode visitarse na Facultade de Filoloxía e Tradución. A mostra percorre a vida e a fortuna literaria de catorce figuras femininas da nobreza da Baixa Idade Media.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES