
Morris é sen dúbida un dos actores máis recoñecidos e recoñecibles dentro do mundo da interpretación en Galicia. Son moitos os que o lembran dos seus papeis en series tan populares como Pratos Combinados (1995 2006) ou Padre Casares (2008 2015), pero Antonio Durán é máis, moito máis. Ao longo dos seus máis de 30 anos de experiencia interpretativa, Morris participou en máis de 25 longametraxes, máis de 20 obras de teatro, centos de capítulos en series de televisión dentro e fóra de Galicia (Fariña, El ministerio del Tiempo, O final do Camiño, Los Serrano...) e estivo nomeado ata en 17 ocasións aos Premios Mestre Mateo nos que conseguiu 5 figuras.
Toda esa experiencia é a que pretende ofrecer nunha charla de interpretación moi especial que levará a cabo o sábado 4 de maio de 11.00 a 13.00 no Auditorio do Concello como parte das actividades do Festival Primavera do Cine, que comeza coa sección oficial o 30 de abril e remata o 5 de maio.
O nome escollido é: 'O método Morris' e ao longo de dúas horas, o actor tentará desentrañar os segredos do que el mesmo chama actuación autodidacta, unha forma totalmente orixinal e xenuína de involucrarse en cada personaxe ata facelo seu, creado tras máis de tres décadas vinculado á interpretación. Ademais, tamén falará das experiencias que viviu dende dentro do audiovisual galego así como da súa evolución como actor.
INCANSABLE MORRIS
Con apenas 20 anos, Morris subiuse a un escenario e xa nunca parou de actuar. A súa traxectoria levoulle a ser un alicerce fundamental nas montaxes teatrais do Centro Dramático Galego e da Compañía Artello interpretando personaxes de Shakespeare ou de Molière.
No cinema debutou en Continental (1990) de Xavier Villaverde e traballou baixo a dirección de Fernando León de Aranoa, Icíar Bollaín, Daniel Calparsoro, Ángel de la Cruz ou Ignacio Vilar, co que deu vida ao Milhomes de A Esmorga, un dos seus papeis máis lembrados.
E é que quizais esa sexa a característica principal de Morris, que nunca parou de traballar e de participar en grandes producións, pero tamén nalgunhas máis modestas como Dhogs que lle valeu o seu último Premio Mestre Mateo en 2017.
PRIMAVERA DO CINE E MORRIS
O Festival Primavera do Cine xa recoñeceu o inxente labor de Morris en 2017 outorgándolle a Mención Honorífica. O actor sempre defendeu a necesidade de que exista un festival de cine en Vigo e decidiu sumarse a el ao igual que fixeron o director Álvaro Gago e o director de animación, ilustrador e debuxante de cómics Alberto Vázquez.
O XXXVI Festival de Jazz de Lugo ofrecerá do 4 ao 14 de novembro un total de 22 actuacións que combinarán grandes figuras internacionais cunha ampla presenza de músicos galegos en catro escenarios. Conforme ao programa, o Auditorio Fuxan os Ventos acollerá a apertura o mércores 4 co trío do saxofonista e clarinetista cubano Paquito DRivera. Neste mesmo escenario actuarán Abe Rábade, o día 8, e Kenny Barron Trio, o 11. No Círculo das Artes sucederanse James Carter Organ Trio, o 5 de novembro; Jogo de Damas, o día 6; Takuya Kuroda Quintet, o 7; Patricia Brennan Septet, o día 12; Erik Truffaz & Antonio Lizana, o día 13, e Clarence Bekker Band, o 14 de novembro.
O informe da Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade sobre a actividade das infeccións respiratorias agudas referido á semana que rematou o 25 de outubro reflicte que a actividade gripal na comunidade mantén o seu nivel basal con tendencia crecente, constatando un incremento na dispensación de antigripais nas farmacias galegas. En concreto, a taxa de dispensación de antigripais nas farmacias aumentou un 38,9 % na última semana, mentres que a de probas de antíxenos se reduciu nun 17,9 %, tal e como informan as oficinas de farmacia integradas na rede sentinela impulsada pola Xunta, co obxectivo de anticipar a evolución dos virus respiratorios na comunidade.