
Diante das informacións publicadas estes dÃas nos medios de comunicación sobre a vacinación fronte ao sarampelo nas persoas adultas, a ConsellerÃa de Sanidade informa que, a súa Dirección Xeral de Saúde Pública xa recomenda, dende xullo de 2017, data da posta en marcha do Calendario de Vacinación do Adulto, a administración da vacina do sarampelo ás persoas nacidas a partir de 1968 que non cumpriran os criterios de inmunidade (ter pasada a enfermidade ou non ter recibido a vacina).
A antedita recomendación foi reiterada recentemente pola ConsellerÃa de Sanidade no documento publicado polo Programa Galego de Vacinación do pasado mes de xullo, e no que se aborda a Vacinación en grupos de risco de todas as idades e en determinadas situacións.
A Dirección Xeral de Saúde Pública tamén informa que non hai ningunha situación de alarma que desemboque nunha urxencia para vacinarse. AsÃ, a susceptibilidade da poboación galega cara ao sarampelo é baixa, posto que un 98,2% das persoas de 18 a 64 anos amosan un nivel de anticorpos protector, segundo se desprende do estudio de seroprevalencia feito en Galicia no ano 2013, cumprindo os criterios da estratexia galega de eliminación da transmisión autóctona do sarampelo, e non existindo motivos para pensar que esta porcentaxe variara de xeito notable.
En consecuencia, dende a publicación do calendario do adulto no ano 2017, a ConsellerÃa de Sanidade xa recomenda aos sanitarios que, sempre que sexa posible, aproveiten os contactos asistenciais dos adultos co sistema público de saúde para revisar, e se fai falta, actualizar o seu calendario vacinal.
Por último, a ConsellerÃa de Sanidade sinala que aquelas persoas que teñan dúbidas ao respecto, deberán acudir ao seu médico de familia para que valore a conveniencia da vacinación, e reitera que non existe ningunha situación de alarma que obrigue á vacinación inmediata dos adultos.
Medio milleiro de investigadoras e investigadores e máis de 150 actividades cientÃficas nas sete cidades galegas: Vigo, Ourense, Pontevedra, Santiago, A Coruña, Ferrol e Lugo. Asà se celebrará en Galicia a sexta edición da Noite Galega das Persoas Investigadoras, G-Night 2026, unha actividade na que a comunidade cientÃfica galega une talento e esforzos co obxectivo de achegar a ciencia á cidadanÃa e espertar vocacións cientÃficas, ao tempo que se ofrecen propostas de lecer cientÃfico, cultural e educativo para toda a familia.
A Xunta de Galicia reclama ao Goberno central medidas estruturais de apoio ao sector agrogandeiro. Do mesmo xeito, esÃxese que se teña en conta a realidade de cada territorio á hora de levar a cabo estas actuacións, que deben executarse de xeito urxente. Asà o trasladou a conselleira do Medio Rural, MarÃa José Gómez, na Conferencia Sectorial celebrada en Madrid, na que se dirixiu ao ministro de Agricultura, Pesca e Alimentación, Luis Planas, para facer estas reclamacións. AlÃ, reafirmou tamén o compromiso do Executivo galego con este sector.