
Un total de 362 estudantes universitarios álzanse cos premios de excelencia académica ao alumnado de grao universitario oficial que por primeira vez outorga a ConsellerÃa de Educación, Universidade e Formación Profesional.
O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a listaxe das e dos premiados que obtiveron as mellores cualificacións no curso 2017/18 nas tres universidades do Sistema Universitario de Galicia (SUG) en cada un dos cursos de grao oficial, agás o último, e que continuarán os seus estudos nas universidades galegas.
A meirande parte dos premios (o 64,4%) recaeron en mulleres, polo que estas acaparan máis de 6 de cada dez galardóns fronte ao 35,6% dos homes.
Por universidades, o 42,31% dos premios concedidos foron para a Universidade de Santiago de Compostela (USC), o 31,04% para a Universidade de Vigo (UVigo) e o 24,65% para a Universidade da Coruña (UDC).
Estes premios son unha nova liña de axudas ao estudo da ConsellerÃa de Educación, co obxectivo de motivar o alumnado universitario para mellorar o seu currÃculo e recoñecer a súa actitude de compromiso co seu proceso formativo e o seu mérito e esforzo no estudo. Trátase, por tanto, de estimular o aproveitamento académico dos estudantes e incentivar a excelencia co fin de seguir avanzando na construción dun Sistema Universitario Galego competitivo e de calidade.
A ConsellerÃa de Educación mobiliza un total de 440.000 euros de dotación orzamentaria nesta convocatoria, distribuÃdos a razón de 1.000 euros e un diploma acreditativo desta distinción.
Requisitos
Cómpre lembrar que son as propias universidades as que seleccionan os expedientes académicos das persoas que, superando a totalidade dos créditos correspondentes a un curso académico completo segundo o plan de estudos na primeira convocatoria, obtivesen a maior nota media, sempre superior aos 8 puntos.
Concédeselle un premio por cada titulación oficial de grao e programas de simultaneidade de graos ao alumnado que finalizase os estudos de 1º, 2º e 3º curso. Quedan excluÃdos os de último ano por poderen optar aos premios fin de carreira que tamén convoca a ConsellerÃa. Para o alumnado dos graos oficiais con máis de catro cursos, segundo o plan de estudos de ditas titulacións, esténdese o premio ata o cuarto curso para os graos de 5 anos e ata o quinto curso para os graos de 6 anos.
Esta nova liña de axudas enmárcase, ademais, no Plan de Excelencia do Sistema Universitario de Galicia para o trienio 2018-2020, que lles permitirá dar un novo salto de calidade ás universidades galegas para seguir avanzando nun camiño de vangarda e excelencia. Ademais, veñen completar os Premios Fin de Carreira, que cada ano lles outorga a ConsellerÃa aos mellores expedientes dos egresados nas universidades do SUG.
Medio milleiro de investigadoras e investigadores e máis de 150 actividades cientÃficas nas sete cidades galegas: Vigo, Ourense, Pontevedra, Santiago, A Coruña, Ferrol e Lugo. Asà se celebrará en Galicia a sexta edición da Noite Galega das Persoas Investigadoras, G-Night 2026, unha actividade na que a comunidade cientÃfica galega une talento e esforzos co obxectivo de achegar a ciencia á cidadanÃa e espertar vocacións cientÃficas, ao tempo que se ofrecen propostas de lecer cientÃfico, cultural e educativo para toda a familia.
A Xunta de Galicia reclama ao Goberno central medidas estruturais de apoio ao sector agrogandeiro. Do mesmo xeito, esÃxese que se teña en conta a realidade de cada territorio á hora de levar a cabo estas actuacións, que deben executarse de xeito urxente. Asà o trasladou a conselleira do Medio Rural, MarÃa José Gómez, na Conferencia Sectorial celebrada en Madrid, na que se dirixiu ao ministro de Agricultura, Pesca e Alimentación, Luis Planas, para facer estas reclamacións. AlÃ, reafirmou tamén o compromiso do Executivo galego con este sector.