Archivo (7 del 2017)

Buscador

Noticias

Unha selección de músicos de varias nacionalidades, liderados polo pianista cubano Alejandro Vargas, xunto coa voz de Rosa Cedrón, ofrecerán una visión nova e libre de prexuízos das populares músicas dun dos compositores imprescindibles da historia da música galega, Chané, coincidindo co centenario do seu pasamento.
O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, participou no pleno do Comité das Rexións, no que tamén interviñeron os comisarios de I+D e transporte, Carlos Moedas e Violeta Bulc. Reclamaron que a PAC post-2020 continúe coa mesma importancia no orzamento e que se simplifiquen os procesos.
Martiño Noriega reiterou que o Concello quere que "as festas sexan tamén un escaparate do que se fan os grupos e artistas de Santiago, que poucas veces teñen a oportunidade de mostrárense en escenarios únicos como a praza do Toural", en pleno centro de Compostela.
Mestúranse nesta cita varios puntos fortes: a exaltación dun dos produtos pesqueiros de maior prestixio gastronómico -a pescada do pincho-, capturada pola flota de Celeiro, e a posta en valor dos elementos culturais e patrimoniais vinculados á pesca deste peixe.
Víctor F. Freixanes subliñou a riqueza patrimonial que supón a copiosa toponimia galega, e apostou por establecer un marco plurianual de colaboración entre a RAG e a Xunta de Galicia que sexa ambicioso e que aborde tamén a toponimia menor, que abrangue o nome de veigas, vales, regueiros, montes, penedos, camiños ou fontes.
O deputado Luís Bará demandou a retirada do plan de transporte da Xunta para dar paso a unha auténtica mesa de negociación e diálogo que deixe atrás a prepotencia e o escurantismo do departamento de Ethel Vázquez quen, reclamou, debe dimitir ou ser cesada. As propostas do BNG buscan unha solución á “chapuza” da Xunta.
O libro, do catedrático galego da Universidade neozelandesa de Auckland José Colmeiro, foi presentado na Secretaría Xeral de Política Lingüística. Valentín García considerouno unha mostra do crecente interese internacional pola lingua e a cultura galegas, ao que contribúe a Rede de Centros de Estudos Galegos.
Os dous textos traducidos por Manuel Cortés para o espectáculo teatral do CDG Martes de Carnaval conforman o segundo volume da colección O papel do teatro. Está coeditado pola Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) e Edicións Positivas e pódese atopar xa á venda na Libraría Institucional da Xunta de Galicia e nos principais establecementos.
O portavoz do Grupo Socialista, acusou ao goberno galego de afrontar as modificacións do plan de transporte por estrada para reservarse “demasiado poder discrecional que pode utilizar con criterios políticos”. Así o dixo na clausura da xornada parlamentaria sobre transporte na que se xuntaron a patronal, sindicatos, anpas e Fegamp.
Terra da Fraternidade é unha das propostas destacadas da programación das festas do Apóstolo 2017 e terá lugar do 14 ao 18 de xullo na praza da Quintana. Haberá artistas de Polonia, Mozambique, Ghana, Francia, Brasil, Etiopía, Colombia e Portugal, con cadansúa contraparte galega: Mercedes Peón, Raigañas, Habelas Hainas, Adrián Costa, Abe Rábade, The Lákazans e García MC.
« Anterior | 3  de  4 | Siguiente »

Archivo

2024 (134)

2023 (349)

PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES