Notas de prensa

Terra da Fraternidade acolle artistas de tres continentes en conexión con músicos do país

Terra da Fraternidade é unha das propostas destacadas da programación das festas do Apóstolo 2017 e terá lugar do 14 ao 18 de xullo na praza da Quintana. Haberá artistas de Polonia, Mozambique, Ghana, Francia, Brasil, Etiopía, Colombia e Portugal, con cadansúa contraparte galega: Mercedes Peón, Raigañas, Habelas Hainas, Adrián Costa, Abe Rábade, The Lákazans e García MC.

A concelleira de Políticas Sociais, Diversidade, Saúde e Centros Cívicos, Concha Fernández, presentou a programación do festival Terra da Fraternidade, xunto con Vítor Belho, director artístico, e Mercedes Peón, unha das protagonistas deste evento.

Terra da Fraternidade é un festival que forma parte da programación das festas do Apóstolo e que reivindica Compostela como terra de acollida de persoas e culturas de todos os continentes, a través dos sons, dos ritmos e da linguaxe universal que é a música. Do 14 ao 18 de xullo, a praza da Quintana, na capital galega, convértese nunha especie de terra prometida para a diversidade cultural e musical do planeta en conexión coa cidade e co talento local.

En cada unha das cinco xornadas combínanse artistas de culturas de tres continentes con cadansúa contraparte galega. Trátase así dun dobre concerto que inclúe a interpretación dalgún tema no que ambas as dúas músicas se fusionan. Deste xeito, a praza da Quintana transfórmase á vez nunha sorte de viveiro creativo e de hibridación musical.

Terra da Fraternidade supón toda unha oportunidade para a descuberta das e dos artistas máis populares e sorprendentes de Polonia, Mozambique, Ghana, Francia, Brasil, Etiopía, Colombia, Portugal e, por suposto, Galicia.

Así, formacións como Warsaw Village Band (Polonia), Selma Uamusse (Mozambique), Pat Thomas & Kwashibu Area Band (Ghana), Girma Beyene & Akale Wubé (Etiopía/ Francia) e Bixiga 70 (Brasil) amosarán na capital galega as súas composicións propias, á vez que compartirán ritmos, creacións e micro con Mercedes Peón, Raigañas, Habelas Hainas, Adrián Costa, The Lákazans, Abe Rábade e García MC.

Trátase dunha selecta programación baseada na hibridación e fusión para bailar e gozar nun espazo único como a praza da Quintana ao ritmo de sons da música tradicional, jazz, highlife, afrobeat e afrocaribeña, rap, blues, soul, folk, ethio, afrofunk, malinké, dub, candomblé, samba, cumbia, carimbó, kuduro…

Terra da Fraternidade é a programación coa que Compostela dá a benvida e acolle nas súas festas máis importantes e internacionais a culturas e a persoas de todo o mundo para visibilizar unha cidade diversa, plural e implicada na defensa dos dereitos das persoas e que aposta por unha sociedade aberta baseada na igualdade.

Gabinete de Comunicación do Concello de Santiago de Compostela, 2017-07-06

Actualidad

Foto del resto de noticias (cgac-2021.jpg) A Xunta de Galicia pon en marcha no Centro Galego de Arte Contemporánea o Club de escoita, unha actividade na que as persoas participantes lle porán banda sonora ás creacións artísticas que acolle esta entidade pública e que está dirixida polo músico galego Santi Araújo. O proxecto, que bota a andar a tarde de hoxe e desenvolveranse ata finais de maio, complementarase cunha actividade que se desenvolverá no pub Modus Vivendi, na nova liña estratéxica do Centro Galego de Arte Contemporánea de abrir aínda máis a súa programación á sociedade en contacto co resto de accións culturais que se levan a cabo na súa contorna.
Foto de la tercera plana (economia-porcentaxe.jpg) O presidente da Xunta informou de que o Consello deu luz verde ao proxecto de Lei de Orzamentos da Comunidade Autónoma para 2027, unhas contas que contan con 15.158 millóns de euros, 'o que supón un 6,4% máis que este ano' e que inclúen 'rebaixas de impostos para as clases medias e con menos recursos, para abaratar a vivenda e facilitar a transmisión da empresa familiar'. 'Galicia aprobará as súas contas, un ano máis, en tempo e forma. O que debería ser norma e non unha excepción para todas as Administracións. Os orzamentos son a ferramenta para que calquera Goberno poida facer axeitadamente o seu traballo.

Notas

A Cátedra Rosalía de Castro da USC, dirixida por María do Cebreiro Rábade Villar e Fernando Cabo Aseguinolaza, acaba de publicar Cartas de Alejandra Murguía de Castro a Ángela Santamarina (1916-1925), un epistolario que recupera a voz dunha muller durante moito tempo eclipsada polas figuras dos seus pais e que achega novos datos sobre a familia Murguía-Castro e sobre a vida e a obra de Rosalía de Castro.
O Congreso XoveTIC, organizado polo CITIC e a Facultade de Informática da UDC, recoñeceu os mellores traballos presentados na súa novena edición, destacando a excelencia investigadora e a innovación tecnolóxica en distintos ámbitos das tecnoloxías da información e das comunicacións. Este congreso consolídase como un espazo de intercambio de coñecemento e presentación de resultados científicos.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES