
A comparecencia chega tarde porque xa está todo cociñando e amañado pese a que non contaron con ninguén, criticou o deputado, tivo oportunidades de vir falar deste tema antes pero non quixo, nun exemplo máis de prepotencia e escurantismo, de ordeno e mando, e agora comparece soa ante o perigo porque non hai ninguén na bancada do Goberno para apoiala.
Bará sintetizou as propostas do BNG para buscar unha solución á chapuza xerada pola Xunta: Suspensión da tramitación do plan, prórroga das concesións para dar tempo a que funcione unha mesa de diálogo e negociación real, con tempo e sen presas para facer unha auténtica proposta de mobilidade e de transporte do século XXI.
O deputado por Pontevedra reprochoulle a Vázquez é a Feijóo a mala xestión de oito anos de goberno neste asunto, ocultando o problema e actuando con prepotencia, aínda que tenten botarlle a culpa ao empedrado, e preguntouse polos intereses ocultos detrás da proposta do Executivo galego.
Hai intereses escuros e provocarán a concentración do negocio do transporte en grandes monopolios en mans de multinacionais, o que terá como consecuencia perda de emprego, precariedade e peche de empresas, ao que se suma a previsible xudicialización do conflito e indemnizacións millonarias. Por iso debe vostede dimitir ou ser cesada, argumentou Bará.
Unha cuestión que o Bloque considera moi grave é a decisión da Xunta de utilizar o transporte regular para transportar alumnado, a través da reserva de prazas para escolares en servizos regulares como solución xeral e non para casos concretos. Penso que non valoraron os problemas que se van dar con esta mestura en particular no medio urbano, ademais das dúbidas legais, alertou.
O BNG tamén foi moi crítico coa adxudicación de contratos a determinadas consultoras que xa viñan prestando servizos á Consellería de Ethel Vázquez, e que entregaron os seus informes en apenas catro meses cando o prazo de redacción no contrato era moi superior. Fixeron unha chapuza chea de erros cun custe de 800.000 euros, salientou, tras volver a pedir a retirada do plan e sacar adiante un acorde de país, porque se trata dun servizo básico para a sociedade.
O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur. De feito, destacan os altos rexistros acadados entre os días 9 e 15.
A Xunta de Galicia puxo en marcha a campaña de inmunización fronte á gripe e a COVID, que este ano incorpora como principais novidades a extensión da vacina antigripal de alta carga ás persoas de 65 a 69 anos e a ampliación do proxecto piloto de vacinación nos colexios a 75 centros educativos. O inicio oficial tivo lugar nun acto nas residencias de maiores e centros de discapacidade, o colectivo polo que arranca tradicionalmente a campaña debido á vulnerabilidade deste grupo fronte ás infeccións respiratorias.