
O alcalde presentou as actividades incluÃdas na programación do Apóstolo nas que o Concello colabora coa sección local da Asociación Músicos ao Vivo, dentro do proxecto Compostela É! Música. Martiño Noriega reiterou que o Concello quere que "as festas sexan tamén un escaparate do que se fan os grupos e artistas de Santiago, que poucas veces teñen a oportunidade de mostrárense en escenarios únicos como a praza do Toural". Na rolda de prensa, o rexedor estivo acompañado por dous dos membros da sección compostelá de Músicos Ao Vivo, Xabier Mera e Chus Silva.
O alcalde explicou que o Concello tirou do censo Compostela É! Música para programar un ciclo de concertos na praza do Toural, "dándolle continuidade á iniciativa que tan boa acollida tivo nas festas da Ascensión". Serán un total de sete concertos, dende o 25 ata o 31 de xullo.
Polo escenario do Toural pasarán artistas e grupos de Santiago encadrados en moi distintos estilos musicais. AsÃ, o 25 será a vez da Orquestra Xuvenil de Estudio dirixida por José Nine; o 26 de Falúa, e o 27 de xullo de Xosé Constenla e Os Desbadados. O 28 de xullo pasará polo escenario Kelibén, o 29 farao o grupo de pop-indie Esposa, e o 30 Nastasia Zürcher. A última xornada do escenario Compostela É! Música será para The Funkles e as súas particulares versións dos temas dos Beatles. Todos os concertos serán ás 23:00 horas, salvo o do dÃa 31, que comezará ás 24:00 horas.
Ademais, o Concello botou man do censo Compostela É! Música para programar parte das sesións vermú do Apóstolo, que se celebrarán na praza de Cervantes ás 13:30 horas.
Jam Martiño Pinario
Tamén vinculado ao proxecto Compostela É! Música, o 26 de xuño celebrarase o Jam Martiño Pinario. Trátase dun programa que inclúe charlas, actividades para nenos e nenas, e tamén música en directo con artistas de Santiago. Desta vez participarán The Fabulous Resaca Brothers e Balkin´Blues Band. Haberá tamén unha Jam Session, na que poden participar os grupos que o desexen.
Xabier Mera, da sección local de Músicos ao Vivo, explicou que a intención deste Jam Martiño Pinario "é facer música de proximidade, achegala ás prazas e aos barrios, e facelo ademais nun horario que permita a conciliación e o ocio en familia". Por iso, apuntou, o programa desenvolverase a partir das seis da tarde.
Mera aproveitou para "agradecer ao Concello a implicación coas actividades de Músicos ao Vivo, e a súa aposta pola plataforma Compostela É! Música, que está a servir para visibilizar a oferta de música feita en Santiago e poñela no escaparate dos programadores públicos e privados".
Medio milleiro de investigadoras e investigadores e máis de 150 actividades cientÃficas nas sete cidades galegas: Vigo, Ourense, Pontevedra, Santiago, A Coruña, Ferrol e Lugo. Asà se celebrará en Galicia a sexta edición da Noite Galega das Persoas Investigadoras, G-Night 2026, unha actividade na que a comunidade cientÃfica galega une talento e esforzos co obxectivo de achegar a ciencia á cidadanÃa e espertar vocacións cientÃficas, ao tempo que se ofrecen propostas de lecer cientÃfico, cultural e educativo para toda a familia.
A Xunta de Galicia reclama ao Goberno central medidas estruturais de apoio ao sector agrogandeiro. Do mesmo xeito, esÃxese que se teña en conta a realidade de cada territorio á hora de levar a cabo estas actuacións, que deben executarse de xeito urxente. Asà o trasladou a conselleira do Medio Rural, MarÃa José Gómez, na Conferencia Sectorial celebrada en Madrid, na que se dirixiu ao ministro de Agricultura, Pesca e Alimentación, Luis Planas, para facer estas reclamacións. AlÃ, reafirmou tamén o compromiso do Executivo galego con este sector.