
A Delegación Territorial da Xunta acolleu a presentación da Festa da Merluza de Celeiro, cita declarada de interese turÃstico galego, que se celebrará este sábado, dÃa 15 de xullo, nesta localidade do concello lugués de Viveiro.
A presente edición será a número vinte polo que desde a organización agardan celebrar este aniversario cun gran éxito de público. O ano pasado repartÃronse máis de 2000 racións o que demostra que habitualmente ten moi boa acollida como unha das citas gastronómicas máis valoradas da Mariña lucense.
O evento foi presentado polo delegado territorial, José Manuel Balseiro; o tenente de alcalde de Viveiro, Jesús Fernández, e os directivos do colectivo ChilindrÃn-Peñalba, Bernardo Fraga e Rosario San Isidro, que se encarga da organización desta cita.
Balseiro puxo en valor que se mesturan nesta cita varios puntos fortes: a exaltación dun dos produtos pesqueiros de maior prestixio gastronómico -a pescada do pincho-, capturada pola flota de Celeiro, e a posta en valor dos elementos culturais e patrimoniais vinculados á pesca deste peixe, de enorme transcendencia para unha localidade que acolle un dos portos máis importantes de Europa e do Cantábrico.
Desde a organización quixeron agradecer tamén a colaboración da sociedade Porto de Celeiro e da ConfrarÃa de Pescadores da localidade, encargados de facilitar o produto a degustar, que será preparado en sete especialidades diferentes: cociña tradicional, con marisco, á galega, en salsa verde, en caldeirada, en empanada e en pizza. Colaboran tamén 80 veciñas e veciños de Viveiro que desinteresadamente elaboran os 700 quilos de peixe a cociñar e poñen en venda as abundantes racións.
Medio milleiro de investigadoras e investigadores e máis de 150 actividades cientÃficas nas sete cidades galegas: Vigo, Ourense, Pontevedra, Santiago, A Coruña, Ferrol e Lugo. Asà se celebrará en Galicia a sexta edición da Noite Galega das Persoas Investigadoras, G-Night 2026, unha actividade na que a comunidade cientÃfica galega une talento e esforzos co obxectivo de achegar a ciencia á cidadanÃa e espertar vocacións cientÃficas, ao tempo que se ofrecen propostas de lecer cientÃfico, cultural e educativo para toda a familia.
A Xunta de Galicia reclama ao Goberno central medidas estruturais de apoio ao sector agrogandeiro. Do mesmo xeito, esÃxese que se teña en conta a realidade de cada territorio á hora de levar a cabo estas actuacións, que deben executarse de xeito urxente. Asà o trasladou a conselleira do Medio Rural, MarÃa José Gómez, na Conferencia Sectorial celebrada en Madrid, na que se dirixiu ao ministro de Agricultura, Pesca e Alimentación, Luis Planas, para facer estas reclamacións. AlÃ, reafirmou tamén o compromiso do Executivo galego con este sector.