Archivo (12 del 2016)

Buscador

Noticias

O grupo de teatro do IV Ciclo da Universidade de Santiago (USC) estrea con éxito de crítica a peza ‘Unha vez foi o trebón’, baseada na obra do chairego Manuel María no ano no que se lle dedicou o Día das Letras Galegas, rexistrou unha moi boa acollida por parte do público que se deu cita no auditorio da Casa do Saber, ao tempo que tamén recibiu moi boas crítica.
Agadic colabora coa Asociación d’Orfeu para a participación de grupos musicais galegos no circuíto portugués OuTonalidades. Os artistas interesados deben inscribirse na plataforma dixital lusa ata o 31 de xaneiro para acceder ao proceso de programación para o último cuadrimestre de 2017.
Promover a investigación, formación e transferencia do coñecemento sobre o Camiño de Santiago e a peregrinación é o cometido da cátedra que acaba de crearse froito da colaboración entre a USC, a Axencia de Turismo de Galicia e a Catedral de Santiago de Compostela. Crearase e manterase un fondo bibliográfico e documental sobre as materias específicas do Camiño e outras disciplinas.
Obradoiros de música e de xogos e xoguetes en galego, concertos didácticos, teatro de monicreques e actividades cos Bolechas danse cita co público familiar en dez localidades desde mañá ata o domingo para reforzar as programacións municipais propias destas datas. No Portal da Lingua Galega atópanse múltiples recursos para galeguizar os principais eventos do Nadal.
O Salón Teatro acolle a obra Xurdefet, de Berrobambán, os días 22 e 23; ‘O poder de Amabel, de Pérez & Fernández, o 29 e 30; e A danza da choiva, de Elefante Elegante, o 7 e 8 de xaneiro de 2017, xunto a outros tantos obradoiros. Gran teatro para os máis pequenos é o título do ciclo para o que se poden adquirir diferentes bonos.
O presidente da Xunta, na entrega dos Premios Pyme Carrefour de Galicia, precisou que en 2017 se incrementará ademais un 35% as partidas destinadas á promoción. Salienta que os produtos galegos son cada vez máis competitivos nos mercados internacionais e lembra que a Marca Galicia constitúe todo un sinónimo de calidade e distinción.
A preocupación da Asociación non parte nin das escollas artísticas nin do conxunto da carteleira proposta por parte do CDG. A AAAG subliña a necesidade de que as producións do Centro Dramático Galego incrementen o tamaño dos seus elencos. AAAG ofrécese a colaborar e a dialogar coa dirección do CDG e de Cultura.
La recaudación obtenida en la función de la Sala Mardi Gras de A Coruña se destina a la ONG Ecodesarrollo Gaia, una organización no lucrativa que trabaja con inmigrantes en la ciudad de A Coruña y que desarrolla proyectos de cooperación en la localidad senegalesa de Yoff. Acordes por la Paz organiza el tradicional "cabodano de Lennon".
A compañía lucense de Gustavo Fouce e Simón Piñón actúa na sede do Centro Dramático Galego en Santiago de Compostela. Leva a escena este texto do último gañador do Premio Álvaro Cunqueiro da Agadic que ofrece unha dobre lectura –como traxedia e como farsa– do enfrontamento entre Ulises e Sileno nun contexto contemporáneo.
Para conmemorar o 30 aniversario da entrada de Portugal e España na UE, ambos países agasallaron aos líderes europeos cun xantar de traballo en Bruxelas preparado polo galego Pepe Solla que elexiu pescada con allada como prato principal. Trátase dunha iniciativa pioneira neste tipo de eventos políticos.
« Anterior | 2  de  4 | Siguiente »

Archivo

2024 (127)

2023 (349)

PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES