
O grupo Vaites, Vaitesteatro, formado por alumnado do IV Ciclo da USC e integrado na Aula de Teatro do Campus Terra que coordina Paloma Lugilde, vén de estrear con éxito de crítica a peza "Unha vez foi o trebón", un estudo teatral baseado na obra de Manuel María na que narra as guerras irmandiñas
A actuación, encadrada no marco das actividades promovidas pola Asociación do IV Ciclo Universitario do campus de Lugo en lembranza de Manuel María no ano no que se lle dedicou o Día das Letras Galegas, rexistrou unha moi boa acollida por parte do público que se deu cita no auditorio da Casa do Saber, ao tempo que tamén recibiu moi boas crítica.
O suxestivo tratamento estético creado co uso de distintas gamas de negro que trocan os personaxes en sombras, a coreografía moi próxima ao medievo e unha atinada dramaturxia da luz capaz de crear unha atmosfera expresionista coa proxección de sombras sen forma son, segundo Camilo Valdehorras, algúns dos efectos irmandiños mellor recollidos neste estudo teatral adaptado e dirixido por Paloma Lugilde.
Foi inaugurada no Museo do Pobo Galego a exposición 'Transfronteiriza', da artista e cineasta tudense Diana Gonçalves, que permanecerá aberta ao público ata o 28 de marzo de 2027. A mostra parte do documental 'Mulleres da Raia', da mesma autora, e froito de tres anos de investigación. A través da linguaxe cinematográfica, de materiais documentais, arquivos históricos e elementos patrimoniais, a proposta constrúe unha experiencia arredor da memoria compartida entre Galicia e o norte de Portugal. En concreto, Transfronteiriza recupera a memoria das mulleres que viviron na fronteira entre ambos territorios a mediados do século XX, que desempeñaron un papel fundamental no comercio transfronteirizo e na supervivencia económica das familias.
Trátase dunha iniciativa que nace como evolución de Circo Presente Continuo e que se vai desenvolver por primeira vez fóra de Madrid. A Cidade da Cultura, o Teatro Principal e o Salón Teatro serán as súas sedes na capital galega, reunindo artistas, compañías, profesionais da programación, distribuidoras e institucións para compartir proxectos e favorecer novas oportunidades de colaboración e contratación. O programa inclúe oito espectáculos, seis mostras breves e catro traballos en proceso. Entre as propostas figuran Naufragio, de Labsurda; Serena, de Circ Bover; Matrimonio, de Kolektivo Konika; Siku, de Jessica Arpin; e Sen patrón, de Pistacatro, que ofreceu un adianto artístico durante a presentación.