Notas de prensa

Increméntanse un 47% os orzamentos para os produtos agrogandeiros galegos

O presidente da Xunta, na entrega dos Premios Pyme Carrefour de Galicia, precisou que en 2017 se incrementará ademais un 35% as partidas destinadas á promoción. Salienta que os produtos galegos son cada vez máis competitivos nos mercados internacionais e lembra que a Marca Galicia constitúe todo un sinónimo de calidade e distinción.

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, salientou o incremento dun 47% dos orzamentos para seguir potenciando a transformación e comercialización dos produtos agrogandeiros. “Seguiremos apoiando todos aqueles proxectos que contribúan a modernizar e fortalecer o sector”, aseverou, precisando que en 2017 se incrementará, ademais, un 35% as partidas destinadas á promoción.

Durante o acto de entrega dos Premios Pyme Carrefour de Galicia, Feijóo subliñou que os produtos galegos son cada vez máis competitivos nos mercados internacionais e lembrou que, hoxe, a Marca Galicia constitúe todo un sinónimo de calidade e distinción.

Nesta liña, referiuse á Queixaría Hoxe como un referente do camiño que se debe seguir no eido do lácteo. Non en van, creada hai xa máis de catro décadas por gandeiros e agricultores que decidiron unir esforzos para comercializar de xeito conxunto a produción de leite, na actualidade, esta cooperativa dedícase en exclusiva á fabricación de queixos, cunha facturación de máis de 6 millóns de euros.

Ao longo da súa intervención, Feijóo referiuse tamén á constitución o pasado venres de Clun, unha gran cooperativa que xorde da unión de Feiraco, Melisanto e Os Irmandiños e que agrupará 3.600 socios, o 15% do mercado lácteo do país.

Así mesmo, o titular do Goberno galego afirmou que o sector agroalimentario galego non é alleo tampouco á internacionalización, como proba Pazo de Valdoviño, galardoada co premio á empresa innovadora, e que xa acumula moitos outros galardóns nacionais e internacionais.

Feijóo salientou que a Denominación de Orixe Rías Baixas aumentou case un 22% as súas exportacións durante a campaña 2015-2016 ata superar os 6 millóns de litros, máis do dobre que en 2009.

Ademais de destacar a responsabilidade social corporativa de Hornos Lamastelle, galardoada polo seu labor de integración das persoas con discapacidade, o responsable autonómico recoñeceu o papel de Carrefour como dinamizador da nosa economía, con máis de 550 provedores galegos que traballaron o ano pasado con esta empresa, xerando un volume de 255 millóns de euros en compras de produtos autóctonos.

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia, 2016-12-19

Actualidad

Foto del resto de noticias (veran.jpg) O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur. De feito, destacan os altos rexistros acadados entre os días 9 e 15.
Foto de la tercera plana (vacinacion-2026-01.jpg) A Xunta de Galicia puxo en marcha a campaña de inmunización fronte á gripe e a COVID, que este ano incorpora como principais novidades a extensión da vacina antigripal de alta carga ás persoas de 65 a 69 anos e a ampliación do proxecto piloto de vacinación nos colexios a 75 centros educativos. O inicio oficial tivo lugar nun acto nas residencias de maiores e centros de discapacidade, o colectivo polo que arranca tradicionalmente a campaña debido á vulnerabilidade deste grupo fronte ás infeccións respiratorias.

Notas

O 7 de novembro a ciencia sairá ao encontro da cidadanía coa primeira edición de 'Abastos de Ciencia', unha iniciativa da UDC que terá lugar no Mercado de San Agustín e combinará divulgación e experimentación a través de obradoiros participativos, mesas redondas e propostas gastronómicas e culturais. A iniciativa, enmarcada no proxecto InPacto, permitirá coñecer o traballo investigador que se realiza en diferentes centros, facultades e grupos.
O grupo de investigación da USC De la Edad Media al Siglo de Quevedo, desenvolve en Santiago o Congreso Internacional 'De interpretatione: la traducción en los siglos XVI y XVII'. O obxectivo do encontro, os días 5 e 6 na Facultade de Filoloxía, consiste en presentar os resultados de investigacións arredor da tradución durante os séculos XVI e XVII, pero tamén reflexionar sobre posibles liñas de traballo para o futuro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES