
As propostas do programa Nadal en Rede enchen as axendas de lecer nos concellos da Rede de Dinamización LingüÃstica (RDL) da Xunta de Galicia. A quinta edición do programa, que arrancou o sábado no concello coruñés de Trazo, desprega durante esta semana obradoiros de música e de xogos e xoguetes en galego, concertos didácticos, teatro de monicreques e actividades cos Bolechas nas que a lingua galega se dá cita co público familiar en dez localidades. Para alén disto, as propostas reforzan e amplÃan as programacións municipais de actividades propias destas datas.
Canda 'O castiñeiro do Apalpador', 'Os Bolechas. Nadal en familia', 'Cantarolas para xente miúda', 'Nadal de vila en vila' e 'Obradoiro de xogos e xoguetes en galego', que chegarán ata o vindeiro 7 de xaneiro a medio de cento de concellos adscritos á RDL, a SecretarÃa Xeral de PolÃtica LingüÃstica pon, no marco deste programa, a disposición de toda a cidadanÃa no Portal da Lingua Galega (www.lingua.gal/nadal-en-rede) múltiples recursos para galeguizar os principais eventos do Nadal.
Actividades en dez concellos ata o domingo 25 de decembro
Esta semana 'Nadal en Rede' estrea tres das cinco propostas que ofrece en exclusiva a súa edición 2016: 'Cantarolas para xente miúda', que se poderá gozar mañá, mércores 21, en Oroso (na Casa da Cultura de Sigüeiro, ás 18:00 horas); 'Nadal de vila en vila', un obradoiro de cantos tradicionais do Nadal que impartirán UxÃa e Santi Cribeiro o xoves 22 en Boborás (na Casa do Concello, ás 12:00 horas) e en Toques (na Aula da Natureza, ás 20:00 horas); e 'Obradoiro de xogos e xoguetes en galego', da man dos dinamizadores da empresa xogueteira Brazolinda, o sábado 24 (no Pavillón dos Deportes de VerÃn, desde as 10:00 horas).
Ata o sábado proseguen esta semana as actividades 'Os Bolechas. Nadal en familia' (na praza de abastos de Rianxo, a partir das 16:00 horas), 'O castiñeiro do Apalpador' (na Sala Multiúsos do Incio, ás 18:00 horas) e 'Cantarolas pra xente miúda' (no Auditorio Municipal de Ourense, ás 18:00 horas); o venres 23 Os Bolechas farán parada en Sanxenxo (no pavillón polideportivo, desde as 16:00 horas) e 'Nadal de vila en vila' en Mazaricos (na Casa da Cultura, ás 17:00 horas) e o sábado 24 'O castiñeiro do Apalpador' chega ao Carballiño (no Auditorio Municipal, ás 12:00 horas). Toda a información do programa e o calendario de actividades está xa dispoñible no Portal da Lingua Galega e na Axenda de Cultura de Galicia.
Xogos e xoguetes en galego
O Nadal é tempo de xoguetes e a RDL quere apoiar as empresas que os desenvolven na nosa lingua, animar os pequenos e pequenas a empregala nos seus xogos e aos seus pais e nais a transmitirlles o idioma propio de Galicia compartindo con eles espazos de ocio en galego. Con estes obxectivos, a RDL incluÃu na súa programación un obradoiro de xogos e xoguetes en galego que desenvolverá a empresa xogueteira Brazolinda en dez concellos.
Nadal de vila en vila
Os músicos UxÃa e Santi Cribeiro desenvolverán noutras dez localidades da RDL un obradoiro participativo para familias con fillos a partir de catro anos, ás que se lles pedirá que axuden a contar un conto musical de Nadal unindo as súas voces ás dos dous músicos e acompañándoas con instrumentos de percusión que lles serán entregados para a ocasión. Deste xeito, irán coñecendo panxoliñas, xaneiras, cantares de reis e aguinaldos que poderán repetir nas súas casas durante a celebración das festas, para celebraren en galego estas datas tan especiais.
Cantarolas para xente miúda
Máis cancións da man de Senén Vaamonde e de dous músicos do grupo A Roda, que ofrecen un concerto didáctico para que os nenos e nenas galegos a partir dos dous anos e as súas familias coñezan 'Cantarolas para xente miúda', un proxecto musical que compartiron dúas das figuras máis representativas da historia da música e das letras galegas: Suso Vaamonde e Xosé Neira Vilas. Poderase gozar tamén en dez localidades galegas.
Cos Reis Magos, en galego
Como outros anos, seguen estando a disposición dos concellos pertencentes á RDL e das familias modelos de cartas para escribirlles na nosa lingua ás súas maxestades de Oriente, asà como a ferramenta "resposta dos Reis Magos" para que os nenos e nenas poidan recibir unha mensaxe personalizada de Melchor, Gaspar e Baltasar escrita na nosa lingua.O Portal da Lingua Galega tamén lles ofrece aos Reis discursos na nosa lingua que poderán ler a noite da cabalgata para que todos os poidamos sentir falar no idioma propio de Galicia.
E tamén co Apalpador
Para os que prefiran ou queiran coñecer outras figuras tradicionais do Nadal galego, a RDL presenta a peza de monicreques ‘O castiñeiro do Apalpador’ nunha peza, dirixida público de máis de tres anos, na que o propio Apalpador –da man de Fantoches Baj- será quen lles conte aos asistentes por que reparte castañas entre os nenos e nenas durante o Nadal.
Os Bolechas, Nadal en familia
Carlos, Pili, Loli, Braulio, Sonia, Tatá e Chispa celebrarán este Nadal cos nenos e nenas de dez concellos, a quen acompañarán mentres estes xogan. Haberá concurso e exposición de postais; cartas aos Reis Magos; contacontos; xogos populares; sorteo de libros; obradoiros de chapas, de maquillaxe, de debuxo... e moitas outras actividades divertidas en galego para toda a familia.
Foron presentadas as xornadas Galicia Biodays, que buscan posicionar Galicia como un territorio de referencia en innovación biotecnolóxica no ámbito internacional. Este evento vaise celebrar os dÃas 6 e 7 de maio no Auditorio Mar de Vigo, e permitirá reforzar a marca Galicia Calidade en biotecnoloxÃa, fomentar o intercambio de coñecemento e establecer novas colaboracións cientÃficas, empresariais e institucionais. Está previsto que asistan máis de 1000 persoas de 9 biorrexións convidadas, con máis de 130 relatores.
Alfonso Rueda informou de que o Consello deu conta do inicio da tramitación do anteproxecto da que será 'a primeira Lei do terceiro sector da acción social de Galicia'. Unha norma que busca 'unificar nun único texto legal a regulación deste eido e recoñecer de xeito formal o seu traballo e o papel que xogan as entidades na sociedade galega'. A necesidade de aprobar esta lei xustifÃcase na importante presenza destas entidades en Galicia, preto de 1.500, -que constitúen 'unha auténtica rede de solidariedade', segundo resaltou a conselleira de PolÃtica Social e Igualdade, Fabiola GarcÃa-, para apoiar as persoas e fogares máis vulnerables.