Archivo (8 del 2012)

Buscador

Noticias

Este proxecto consistiu en convidar a mozos das rexións máis danadas por esta catástrofe natural a peregrinar polo Camiño de Santiago. Trátase de mozos que xa remataron os seus estudos e que sufriron directamente as consecuencias do maremoto na zona de Kesen-numa.
A Deputada de Deseño e Artesanía da Deputación de Lugo, Regina Polín, e o Presidente da Asociación de Amigos do Mosteiro, Carlos Vázquez, presentaron este martes no Centro de Artesanía e Deseño a oitava edición da Feira de Artesanía de Pallares, unha romaría que reúne a preto de 1.000 persoas.
Bodegas Regina Viarum de la D.O. Ribeira Sacra obtiene, por cuarto año consecutivo, el Premio Especial Cervim como mejor bodega de España dentro del Certamen Internacional de Vinos de Montaña de Aosta (Italia).
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, representada no seu secretario xeral de Política Lingüística e presidente da Rede de Dinamización Lingüística (RDL), Valentín García, e mais a vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Ana Isabel Rodríguez, presentaron hoxe na cidade do Lérez Redecinema, no marco da que chegará o filme Vilamor a concellos pontevedreses pertencentes á RDL.
A Consellería de Economía e Industria, a través do Instituto Enerxético de Galicia (Inega), vén de pór en marcha unha planta piloto de cultivo de microalgas con fins enerxéticos na estación depuradora de augas residuais (EDAR) de Guillarei, en Tui, grazas a un acordo de coordinación con Augas de Galicia.
A secretaria xeral para o Turismo, Carmen Pardo López, acompañada do delegado territorial da Xunta en Ourense, Rogelio Martínez; e o alcalde de Trasmiras, José Pazos Ojea, inaugurou hoxe neste municipio ourensán o albergue para peregrinos de Viladerrei, na Vía da Prata.
A Deputación de Ourense presentou hoxe o primeiro estudo científico e etnográfico sobre o polbo e os polbeiros tradicionais en Ourense, un libro do que é autor o antropólogo Xosé Antonio Fidalgo Santamariña e que supuxo a súa obra póstuma.
A Deputación de Lugo destina unha partida de 100.000 euros neste ano 2012 a poñer en valor, difundir e mellorar a comercialización dos produtos autóctonos da provincia como unha vía para revitalizala economía luguesa, sobre todo na zona rural, e frear a grave perda de poboación que está a padecer.
A Concellería de Cultura do Concello de Tui e a Asociación de Comerciantes e Industriais de Tui, ACITUI, convidan aos establecementos de hostalería e restauración da cidade a participar na ruta do Europincho que se vai celebrar o venres 10 e o sábado 11 de agosto.
Unha viaxe ao mundo máxico do circo, ao balbordo das feiras de principios de século e aos invento e ilusións ópticas nunha xornada chea de espectáculos, xogos e obradoiros totalmente de balde para toda a familia. Esta é a proposta da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria para o vindeiro 25 de agosto cando o complexo do Gaiás se converta durante todo o día nunha Cidade Imaxinaria.
« Anterior | 4  de  5 | Siguiente »

Archivo

2025 (226)

2024 (365)

PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES