A institución luguesa colabora con este colectivo na organización desta feira, que terá lugar o vindeiro domingo, 12 de agosto, no contorno do Mosteiro de Ferreira de Pallares, xa que esta iniciativa enmárcase dentro da aposta da institución provincial polo impulso dos produtos autóctonos e dos oficios artesanais, como sinais de identidade e atractivo da provincia que xeran riqueza. Por este motivo, achegou o 50% do orzamento necesario para a celebración da VIII convocatoria deste festexo, uns 2.000 euros concedidos mediante o Plan Estratéxico de Subvencións do INLUDES.
Regina Polín, incidiu que é necesario manter citas como esta, que contribúen a dar conta do valor engadido dos oficios artesanais e da gastronomía lucense ós milleiros de persoas que nos visitan durante a época estival, potenciando no exterior ambos os dous sectores co obxectivo de acadar novos beneficios e manter postos de emprego na provincia.
Artesanía e gastronomía
Os actos, que se celebran dende 2004, arrancarán pola mañá, ás 09:00 horas, coa instalación de 30 postos que acollerán o traballo doutros tantos artesáns de Guntín, Monterroso e Cambre. Os visitantes poderán ver en vivo ó completo proceso de elaboración de pezas artesanais de cestería, ferrería, olería, ebanistería ou apicultura. Ademais, todos os que se acheguen a esta localidade lucense, terán a oportunidade de ver en directo unha recreación de cociña tradicional onde aprenderán a facer queixo de xeito artesanal. Paralelamente á demostración dos artesáns, 3 filloeiras prepararán dende primeira hora da mañá centos de filloas, que se poderán degustar gratuitamente a partir das 13:00 horas.
Xantar e malla veciñal
Na cita, celebrarase tamén unha comida de confraternidade que terá un custo de 22 euros para os socios e 24 os non socios. Complementan a programación un pregón que conmemorará e honrará ós antepasados de Guntín, que defenderon o mosteiro en época de guerra e unha cerimonia relixiosa; ademais dunha malla veciñal. Precederá a estas actividades unha sega común e unha comida popular que terá lugar o mércores na parroquia de Vilamelle de Frameán.
Jannis Kounellis é un dos artistas fundamentais da historia da arte da segunda metade do século XX. Foi obxecto de grandes exposicións retrospectivas na Fondazione Prada, Venecia (2019), e no Museo Jumex, Cidade de México (2023). Entre as súas exposicións individuais institucionais destacan as do Musée dArt Moderne de la Ville de Paris (1980), Whitechapel Gallery, Londres (1981), Castello di Rivoli, Turín (1988), Stedelijk Museum, Ámsterdam (1990), Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía, Madrid (1996), Albertina, Viena (2005), Neue Nationalgalerie, Berlín (2007), MACRO, Roma (2016), Walker Art Center, Minneapolis (2022) e Museo Jumex, Cidade de México (2023).
O calendario de Programación Kármica arranca este 25 de setembro con Taïn na Sala Guión de Pontedeume. A seguinte cita será o 16 de outubro, con Camellos e Cora Yako en La Conservera de Viveiro, mentres que o 24 de outubro actuarán Javier Lago e Santi Araújo na Pousada da Galiza Imaxinaria de Boiro. O ciclo chegará precisamente á sala que acolle hoxe a súa presentación, A Cofradía de Vilanova de Arousa, o 27 de novembro, coas actuacións de Montedapena e Nuntia. O programa de 2026 pecharase o 26 de decembro na Pousada da Galiza Imaxinaria con Portosanto e Hermanos Visi.