
O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, dixo que este traballo é unha completa obra sobre un tema de gran importancia gastronómica, cultural e etnográfica para a provincia de Ourense, como é o polbo e as polbeiras, tanto pola súa singularidade enmarcada na comarca do Carballiño e na única provincia galega que non ten mar-, e polo feito de ser un libro realizado por unha das máximas autoridades antropolóxicas de Galicia como foi Fidalgo Santamariña, herdeiro da traxectoria intelectual de Xaquín Lorenzo.
Trátase dun minucioso estudo, froito de máis de 25 anos de investigación do autor sobre o tema do polbo en toda a súa dimensión, que vai desde a morfoloxía e bioloxía do animal; as artes de pesca; a súa almacenaxe, transporte e distribución, e a súa preparación e venda nas feiras e festas.
Fidalgo Santamariña fai, ademais, unha referencia especial ao oficio dos polbeiros, estudando en profundidade as de Santa María e San Xoán de Arcos, e as doutras parroquias lindeiras co municipio do Carballiño, terras nas que se atopa a orixe desta actividade. A obra constitúe un valioso traballo de campo no que o autor se achega ás xentes e ao oficio, tendo en conta a todos os actores do proceso, e co que a Deputación de Ourense conmemora os 50 anos dunha das principais festas da provincia, a Festa do Polbo do Carballiño, e ademais réndelle homenaxe a Fidalgo Santamariña, traballador incansable da cultura e das tradicións de Ourense, quen merece todo o noso recoñecemento, dixo Manuel Baltar.
No acto de presentación estivo presente a viúva do autor, Maribel Vázquez, quen agradeceu que este traballo vise á luz coa calidade e o cariño que todos os implicados neste proxecto puxeron nel; o alcalde do Carballiño, Argimiro Marnotes, e a responsable de Publicacións da Deputación de Ourense, Ana Malingre.
Os asistentes á presentación coincidiron en destacar a singularidade de que nunha provincia do interior un produto do mar sexa unha referencia constante nas festas e na gastronomía: o polbo á feira, que constitúe un prato de recoñecido prestixio dentro da arte culinaria ourensá. Por ese motivo, esta publicación resulta de sumo interese para a institución ourensá, que ten entre os seus obxectivos potenciar e difundir o propio e característico da nosa provincia.
Jannis Kounellis é un dos artistas fundamentais da historia da arte da segunda metade do século XX. Foi obxecto de grandes exposicións retrospectivas na Fondazione Prada, Venecia (2019), e no Museo Jumex, Cidade de México (2023). Entre as súas exposicións individuais institucionais destacan as do Musée dArt Moderne de la Ville de Paris (1980), Whitechapel Gallery, Londres (1981), Castello di Rivoli, Turín (1988), Stedelijk Museum, Ámsterdam (1990), Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía, Madrid (1996), Albertina, Viena (2005), Neue Nationalgalerie, Berlín (2007), MACRO, Roma (2016), Walker Art Center, Minneapolis (2022) e Museo Jumex, Cidade de México (2023).
O calendario de Programación Kármica arranca este 25 de setembro con Taïn na Sala Guión de Pontedeume. A seguinte cita será o 16 de outubro, con Camellos e Cora Yako en La Conservera de Viveiro, mentres que o 24 de outubro actuarán Javier Lago e Santi Araújo na Pousada da Galiza Imaxinaria de Boiro. O ciclo chegará precisamente á sala que acolle hoxe a súa presentación, A Cofradía de Vilanova de Arousa, o 27 de novembro, coas actuacións de Montedapena e Nuntia. O programa de 2026 pecharase o 26 de decembro na Pousada da Galiza Imaxinaria con Portosanto e Hermanos Visi.