Notas de prensa

O INEGA pon en marcha unha planta piloto de cultivo de microalgas que poidan ser usadas como combustible

A Consellería de Economía e Industria, a través do Instituto Enerxético de Galicia (Inega), vén de pór en marcha unha planta piloto de cultivo de microalgas con fins enerxéticos na estación depuradora de augas residuais (EDAR) de Guillarei, en Tui, grazas a un acordo de coordinación con Augas de Galicia.

A instalación desta planta piloto, que conta cun volume de 160 metros cúbicos, permitirá estudar a viabilidade técnica, económica e ambiental da obtención de biocombustibles, ao mesmo tempo que se depuran augas residuais. A iniciativa encádrase dentro do proxecto europeo EnerBioAlgae e pode supoñer un importante avance tanto enerxético como ambiental, xa que facilitará, dunha parte, a redución da carga contaminante que chega ao medio ambiente grazas ao emprego de augas residuais e gases de combustión para o cultivo de microalgas, e, por outro, permitirá empregar este cultivo para a produción de biodiésel.

As microalgas son un organismo crucial non só producindo combustibles de orixe renovable como o biodiésel –que é biodegradable e non provoca efecto invernadoiro-, senón tamén, durante o seu crecemento, absorbendo grandes cantidades de dióxido de carbono proveniente dos gases industriais das instalacións existentes nas proximidades das zonas onde se cultiven.

Para o desenvolvemento do proxecto traballouse, nun primeiro momento, na selección dunha cepa de alga que tivese un crecemento rápido e contase cun contido elevado de aceites útiles para a produción de biodiésel. Dita cepa, da especie de microalga chlorella vulgaris, localizouse na EDAR de Gondomar (Pontevedra). A continuación, o Inega buscou o emprazamento máis adecuado para a instalación da planta piloto, atendendo a unha serie de condicionantes que afectan ao crecemento das microalgas como o dióxido de carbono, a radiación solar, a temperatura ambiente ou o pH e a composición das augas, concluíndo que a mellor ubicación posible era a EDAR de Guillarei.

Unha vez remata a construción da planta piloto, o Inega, durante este segundo semestre do ano, pretende demostrar a viabilidade técnica das tecnoloxías desenvolvidas a escala piloto e en condicións reais de operación, así como avaliar a súa viabilidade técnica e económica. Para elo, o proxecto se apoiará nos resultados obtidos por todos os socios ao longo do mesmo.

O Inega participa neste proxecto de cooperación transfronteiriza EberBioAlgae xunto ás universidades de Vigo e Almería, a portuguesa de Aveiro, e a francesa de Pau et Pays de l´Adour, ademais do Centro Nacional de Investigación Científica francés (CNRS). O proxecto, cofinanciado pola Unión Europea con fondos FEDER a través do Programa de Cooperación Territorial do Espazo Sudoeste Europeo, ten como obxectivo avanzar no emprego de microalgas como fonte de enerxía, xa sexa a través da biomasa ou mediante a conversión en biocombustibles.

Gabinete de Comunicación da Consellería de Economía e Industria, 2012-08-06

Actualidad

Foto del resto de noticias (historias-lgbti-2025.jpg) Historias LGBTI da Galicia Orgullosa é un proxecto cunha visión a longo prazo para facer crecer a rede de relatos e lembranzas que axuden a construír un relato máis diverso e real da historia galega. Neste sentido, estase traballando nun espazo dixital colaborativo aberto á cidadanía que parte dunha selección de imaxes históricas e actuais para que calquera persoa poida contribuír a tecer o relato. A exposición, que xa estivo durante o mes de xullo no edificio da Pirámide de San Caetano, recolle imaxes históricas de casos coñecidos, como o de Elisa e Marcela, e doutras experiencias vitais con menos eco como a de Maruja Roca, Manolito Soler ou Dalia Flores.
Foto de la tercera plana (mar-onda.jpg) Entre os fitos máis destacados figuran o desenvolvemento dunha estratexia de observación e monitorización oceánica, apoiada, entre outras, en ferramentas de mapeo da información mariña como FARO e a Plataforma Big Data, que integra e procesa grandes volumes de datos con control de calidade e acceso unificado. Estes recursos consolidan o camiño cara a unha gobernanza baseada en datos e reforzan a sustentabilidade do litoral galego. No marco desta estratexia, Galicia conta agora con novas ferramentas para optimizar a xestión do medio mariño e dos seus recursos, mellorar a resposta fronte a ameazas ambientais e anticiparse aos impactos do cambio climático.

Notas

Durante o proceso de replicación do ADN, a dobre hélice clásica pode reorganizarse de forma transitoria nunha estrutura alternativa coñecida como ADN de tres vías. Estas configuracións forman un cavidade central ben definida, capaz de aloxar moléculas con propiedades e características específicas. O ADN de tres vías asociouse a certos procesos tumorais, emerxendo como unha prometedora diana terapéutica.
Nun contexto no que o transporte marítimo é a vía pola que circula case o 80% do comercio mundial, resulta esencial contar con portos seguros e ben xestionados. Con este obxectivo, o Grupo de Enxeñaría da Auga e do Medio Ambiente, o Grupo de Redes Neuronais Artificiais e Sistemas Adaptativos o Grupo de Investigación Laboratorio de Enxeñaría do Software están a desenvolver un proxecto innovador nos portos da Coruña, Ferrol e de Malpica.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES