Noticias

O Gaiás presenta a exposición 'Historias LGBTI da Galicia orgullosa' para visibilizar as vidas diversas que non foron recoñecidas

Historias LGBTI da Galicia Orgullosa é un proxecto cunha visión a longo prazo para facer crecer a rede de relatos e lembranzas que axuden a construír un relato máis diverso e real da historia galega. Neste sentido, estase traballando nun espazo dixital colaborativo aberto á cidadanía que parte dunha selección de imaxes históricas e actuais para que calquera persoa poida contribuír a tecer o relato. A exposición, que xa estivo durante o mes de xullo no edificio da Pirámide de San Caetano, recolle imaxes históricas de casos coñecidos, como o de Elisa e Marcela, e doutras experiencias vitais con menos eco como a de Maruja Roca, Manolito Soler ou Dalia Flores.

A directora xeral de Promoción da Igualdade, María Quintiana, presentou esta mañá no museo Centro Gaiás a exposición Historias LGBTI da Galicia Orgullosa e que se poderá visitar no hall de Tirantes ao longo do mes de agosto. Esta exposición forma parte da iniciativa global presentada o 28 de xuño polo Día internacional do Orgullo LGBTI e que se converterá nos próximos meses nun arquivo inédito de relatos de onte, hoxe e mañá que ten como obxectivo de tecer o relato máis amplo e diverso da Galicia Orgullosa.

María Quintiana amosou a súa satisfacción porque esta exposición estea no gran epicentro cultural de Galicia, o museo polo que pasan tantas persoas. Así, ademais de agradecer a todo o traballo para facelo posible, tamén destacou esta colaboración coa Cidade da Cultura como un paso máis adiante na visibilización das persoas LGBTI. Do mesmo xeito, avanzou que o obxectivo é que esta exposición poda seguir percorrendo distintos lugares de Galicia para presentar esta iniciativa.

Historias LGBTI da Galicia Orgullosa é un proxecto cunha visión a longo prazo para facer crecer a rede de relatos e lembranzas que axuden a construír un relato máis diverso e real da historia galega. Neste sentido, estase traballando nun espazo dixital colaborativo aberto á cidadanía que parte dunha selección de imaxes históricas e actuais para que calquera persoa poida contribuír a tecer o relato.

Neste sentido, durante a visita de hoxe, a directora xeral estivo acompaña pola investigadora e especialista en memoria LGBTI, Daniela Fernández, asesora científica do proxecto, quen explicou ao equipo técnico do Gaiás todo o traballo de recollida e os diferentes fitos e historias que se amosan nesta exposición. Ademais, esta iniciativa este traballo foi posible tamén grazas á colaboración do Consello da Cultura Galega a través de diversas fotografías do seu Centro de Documentación en Igualdade e Feminismos, Fondo especial MOFG e LGBTIQ+, así como do arquivo familiar de Maruja Roca, cunha das fotografías incluídas no libro O feitizo de Maruja Roca, editado pola Central Folque, coa edición fotográfica de Eutropio Rodríguez e os textos de Nieves Neira.

A exposición, que xa estivo durante o mes de xullo no edificio da Pirámide de San Caetano, recolle imaxes históricas de casos coñecidos, como o de Elisa e Marcela, e doutras experiencias vitais con menos eco como a de Maruja Roca, Manolito Soler ou Dalia Flores. Tamén se recollen momentos históricos do colectivo LGBTI galego, como a primeira celebración en Galicia no ano 1980 do Día Internacional do Orgullo Gai, o nacemento dos primeiros grupos de liberalización homosexual ou a posta en marcha das denominadas Comisións de Lesbianas da Asociación Galega da Muller (AGM).

O poder da simboloxía: encaixe e a cor rosa

O proxecto inspírase no encaixe de Camariñas, como símbolo de tradición e comunidade en Galicia. Así, igual que cada fío do encaixe constrúe unha rede complexa e bela, cada historia das persoas LGBTI contribúe a tecer unha memoria compartida, diversa e afectiva. Por outra banda, a cor rosa, que vertebra a proposta, foi resignificado polo movemento LGBTI como símbolo orgullo, memoria e resistencia e agora convértese na cor dunha Galicia Orgullosa.

R., 2025-08-07

Actualidad

Foto del resto de noticias (museo_do_pobo_galego_2.jpg) Foi inaugurada no Museo do Pobo Galego a exposición 'Transfronteiriza', da artista e cineasta tudense Diana Gonçalves, que permanecerá aberta ao público ata o 28 de marzo de 2027. A mostra parte do documental 'Mulleres da Raia', da mesma autora, e froito de tres anos de investigación. A través da linguaxe cinematográfica, de materiais documentais, arquivos históricos e elementos patrimoniais, a proposta constrúe unha experiencia arredor da memoria compartida entre Galicia e o norte de Portugal. En concreto, Transfronteiriza recupera a memoria das mulleres que viviron na fronteira entre ambos territorios a mediados do século XX, que desempeñaron un papel fundamental no comercio transfronteirizo e na supervivencia económica das familias.
Foto de la tercera plana (cdc-00.jpg) Trátase dunha iniciativa que nace como evolución de Circo Presente Continuo e que se vai desenvolver por primeira vez fóra de Madrid. A Cidade da Cultura, o Teatro Principal e o Salón Teatro serán as súas sedes na capital galega, reunindo artistas, compañías, profesionais da programación, distribuidoras e institucións para compartir proxectos e favorecer novas oportunidades de colaboración e contratación. O programa inclúe oito espectáculos, seis mostras breves e catro traballos en proceso. Entre as propostas figuran Naufragio, de Labsurda; Serena, de Circ Bover; Matrimonio, de Kolektivo Konika; Siku, de Jessica Arpin; e Sen patrón, de Pistacatro, que ofreceu un adianto artístico durante a presentación.

Notas

O concerto de Sofía Ros na Casa do Saber do Campus de Lugo este luns, 26 de outubro, ás 20.15 horas, abre unha nova semana ateigada de citas culturais na USC. Música, diversos faladoiros, así como proxeccións audiovisuais integrarán os vindeiros eventos do Outono Cultural. Ese mesmo 26 de outubr,o no Pazo de Montenegro, a partir das 17.30 horas, desenvolverase o primeiro dos encontros 'Memoria democrática'. María Valcárcel, profesora da USC e periodista cultural, é a persoa coidadora deste proxecto. O acceso require inscrición previa.
A música folk será neste 2026 a gran protagonista do ciclo Música para reCREAr, que a Vicerreitoría do campus promove coa colaboración do Concello de Pontevedra, ao abeiro dun convenio de colaboración. Esta programación botará a andar este xoves 29 de outubro, ás 20.30 horas, no Pazo da Cultura, cunha actuación do grupo Caldo, mentres que o 12 de novembro, á mesma hora, poderá coñecerse o proxecto musical do dúo Abril.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES