Noticias

Galicia lidera a nivel estatal e europeo a investigación mariña con novos avances en ciencias do mar e economía azul

Entre os fitos máis destacados figuran o desenvolvemento dunha estratexia de observación e monitorización oceánica, apoiada, entre outras, en ferramentas de mapeo da información mariña como FARO e a Plataforma Big Data, que integra e procesa grandes volumes de datos con control de calidade e acceso unificado. Estes recursos consolidan o camiño cara a unha gobernanza baseada en datos e reforzan a sustentabilidade do litoral galego. No marco desta estratexia, Galicia conta agora con novas ferramentas para optimizar a xestión do medio mariño e dos seus recursos, mellorar a resposta fronte a ameazas ambientais e anticiparse aos impactos do cambio climático.

A conselleira do Mar, Marta Villaverde, mantivo este martes un encontro de traballo co equipo responsable da coordinación do Programa de Ciencias Mariñas de Galicia para analizar os resultados a acadar e o impacto que as accións desenvolvidas terán tanto nos diferentes sectores vinculados ao mar, como no reforzo do papel de Galicia como territorio líder no ámbito da investigación mariña a nivel estatal e europeo.

Durante o encontro, Francisco Saborido, do Instituto de Investigacións Mariñas do CSIC (IIM-CSIC), Rosa Chapela, directora xerente da Fundación Tecnolóxica do Mar (Cetmar), Daniel Rey, do Centro Investigacións Mariñas da Universidade de Vigo (CIM-Uvigo), e Marta Casas, do IIM-CSIC como representantes das tres institucións coordinadoras, presentaron os avances en investigación e transferencia de coñecemento, así como o papel estratéxico de Galicia no Plan Complementario de Ciencias Marinas ThinkInAzul, que envolve sete comunidades autónomas. Ademais, analizouse a posible continuidade de liñas de actuación estratéxicas máis aló de 2025.

Novas plataformas para a sustentabilidade

Neste senso, entre os fitos máis destacados figuran o desenvolvemento dunha estratexia de observación e monitorización oceánica, apoiada, entre outras, en ferramentas de mapeo da información mariña como FARO e a Plataforma Big Data, que integra e procesa grandes volumes de datos con control de calidade e acceso unificado. Estes recursos consolidan o camiño cara a unha gobernanza baseada en datos e reforzan a sustentabilidade do litoral galego.

No marco desta estratexia, Galicia conta agora con novas ferramentas para optimizar a xestión do medio mariño e dos seus recursos, mellorar a resposta fronte a ameazas ambientais e anticiparse aos impactos do cambio climático. Entre elas, cabe destacar, a plataforma integrada para a obtención automatizada de datos bioxeoquímicos, instalada nos Duques de Alba da ponte de Rande na Ría de Vigo, que complementa a rede de estacións océano-meteorolóxicas do Observatorio Costeiro da Xunta de Galicia, os sistemas de detección de riscos e episodios de contaminación, as ferramentas para o seguimento da trazabilidade, calidade e seguridade dos produtos mariños, os modelos predictivos, os sistemas de alerta temperá e os simuladores multiescala que sentan as bases do xemelo dixital mariño de Galicia.

Avances en acuicultura e ciencias sociais

No ámbito da acuicultura sostible, o Programa avanzou na creación de ferramentas xenómicas para mellorar a resistencia a enfermidades e a xestión de toxinas en especies como o mexillón, a ameixa e a ostra, mediante chips multiespecie, protocolos de selección e software de análise xenética xa aplicables en criadeiros comerciais, así mesmo, optimizouse a criopreservación e o cultivo larvario. Tamén se incorporaron técnicas moleculares avanzadas para a detección e seguimento de larvas no medio natural, favorecendo unha xestión máis eficiente dos recursos marisqueiros. No eido da acuicultura multitrófica (IMTA) valídanse sistemas offshore e de recirculación (RAS) baseados no cultivo integrado de peixes, macroalgas e bacterias beneficiosas, optimizando o uso de nutrientes e reforzando a resiliencia produtiva.

O Programa incorpora o ámbito das ciencias sociais para mellorar a comunicación, a transferencia de resultados e a avaliación do impacto socioeconómico das investigacións. Neste eido, destaca a construción do modelo Ocean Health Index (OHI), que permite identificar vulnerabilidades e conflitos de uso, así como a realización dunha análise Input-Output e dunha Matriz de Contabilidade Social, ferramentas que facilitan avaliar a interdependencia económica da pesca e integrar de maneira conxunta os efectos socioeconómicos e ambientais. No eido da transferencia, na reunión presentáronse as conclusións da análise transversal das unidades de coñecemento do Programa con capacidade de transferencia, que suman un total de 184, agrupadas nun catálogo de resultados —entre os que se inclúen informes, software, ferramentas, patentes e outros—, e que constitúen achegas clave do Programa para contribuír á construción dunha economía azul innovadora, resiliente e baseada no coñecemento.

Na xuntanza tamén se trasladou á conselleira a organización do encontro Dos Avances ao impacto: II Encontro cos Sectores do Mar, que terá lugar o vindeiro 24 de outubro, e a reunión final a nivel estatal, prevista para os días 7, 8 e 9 de outubro en San Pedro de Pinatar (Murcia).

Programa de Ciencias Mariñas

O proxecto ten como finalidade mellorar a resiliencia e a xestión sostible dos ecosistemas e recursos mariños galegos, impulsar a sustentabilidade e a innovación no sector pesqueiro e acuícola e potenciar a transferencia de coñecemento ao tecido socioeconómico vinculado ao mar. Conta cun orzamento total de dez millóns de euros, dos que seis proceden do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia, a través dos fondos Next Generation do Estado, e os outros catro millóns son achegados pola Xunta de Galicia, mediante o Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP) e o novo Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura (Fempa). A súa rede científica está formada por preto de catrocentos investigadores que integran as tres universidades galegas —A Coruña, Santiago de Compostela e Vigo—, catro centros dependentes do CSIC e seis centros da comunidade, entre os que se atopan o Centro de Supercomputación de Galicia (CESGA), o Centro Tecnolóxico do Mar-Fundación Cetmar, o Centro de Investigacións Mariñas (CIMA), o Instituto Galego de Formación en Acuicultura (Igafa), o Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño de Galicia (Intecmar) e MeteoGalicia.

R., 2025-08-06

Actualidad

Foto del resto de noticias (tecnoloxia-cuantica.jpg) CiberLabFP configúrase como un espazo de aprendizaxe, experimentación e desenvolvemento de competencias en contornos reais que integran tecnoloxías da información (IT) e de operación (OT) para así adaptar a Formación Profesional aos novos escenarios de transformación dixital. Entre as súas funcionalidades destacan a formación especializada do profesorado, a simulación de ciberataques e defensa en contornos virtuais, a análise forense industrial ou a validación de sistemas. Ademais, contará cunha estación móbil que permitirá levar a tecnoloxía a centros educativos e realizar demostracións en empresas e feiras.
Foto de la tercera plana (costa-litoral-illas-cies.jpg) Celebrouse hoxe a sesión constitutiva do Foro do Litoral de Galicia, que será o máximo órgano colexiado de consulta e participación do conxunto da sociedade co fin de optimizar a xestión e ordenación da costa galega. Nel están representadas a Administración autonómica e as locais así como os sectores social, científico, económico e medioambiental e as entidades implicadas na protección do patrimonio natural co fin último de garantir unha gobernanza que permita unha participación suficiente de todos os sectores da sociedade interesados no litoral. A constitución do foro facilitará a partir de agora facer un seguimento das normas, políticas e instrumentos do litoral.

Notas

Baixo o lema A inclusión no centro: perspectivas internacionais para o cambio institucional desenvolverase entre os días 4 e 8 de maio a International Staff Week 2026, unha iniciativa coa que a Vicerreitoría de Internacionalización persegue un triplo obxectivo: fortalecer as relacións internacionais da UVigo: explorar novas oportunidades de colaboración académica; e compartir boas prácticas en materia de mobilidade internacional.
Un estudo realizado por persoal investigador do grupo de Neurobioloxía Celular e Molecular da Enfermidade de Parkinson do Centro Singular de Investigación en Medicina Molecular e Enfermidades Crónicas da USC (CiMUS) e da Universidade de Cambridge, coa colaboración doutras institucións europeas como o Instituto Karolinska, propón unha nova forma de entender como se dana e se repara o cerebro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES