
No acto de presentación, que tivo lugar nas dependencias do Pazo Provincial, participaron, canda Valentín García e Ana Isabel Vázquez, Ignacio Vilar, director do filme Vilamor, e mais a actriz pontevedresa Mayka Braña.
Compromiso das administracións coa promoción do idioma
García Gómez incidiu, durante a súa intervención, na importancia de sumar esforzos e aproveitar sinerxías para poñer a andar proxectos conxuntos desde as administracións, xa que, segundo manifestou o presidente da Rede é a mellor fórmula para dotar a lingua de maior proxección e visibilidade. Tal e como explicou a Rede de Dinamización está ao servizo das entidades que a conforman para facer, desde elas, que o galego chegue a todo o mundo, a través de iniciativas destinadas á cidadanía. García Gómez fixo fincapé en que Redecinema é un proxecto pensado desde e para a Rede de Dinamización Lingüística, co que ademais de dinamizar a lingua galega, a propia Rede aposta decidamente pola produción audiovisual galega feita no idioma de noso.
O secretario xeral e a vicepresidenta da Deputación de Pontevedra explicaron tamén, que na planificación das localidades se priorizaron aquelas que non contan con salas de cinema.
Vilamor chegará a 35 localidades da RDL
Vilamor é un filme rodado en Galicia e en galego, que se estreou en Ourense con motivo das Letras Galegas 2012. Con Redecinema, as proxeccións de Vilamor serán de balde, estarán destinadas a todos os públicos e terán lugar, preferentemente -sempre que as condicións metereolóxicas o permitan- ao aire libre durante os seráns dos meses de agosto e setembro nos concellos da RDL, baixo o formato de cinema de verán.
En Pontevedra, Vilamor chegará ás localidades de Baiona, A Estrada, Forcarei, A Lama, Ponte Caldelas, Ribadumia, Tui e Vilanova de Arousa, da man da Secretaría Xeral de Política Lingüística e mais da Deputación presidida por Rafael Louzán.
Na provincia da Coruña, os anfitrións serán Arteixo, Betanzos, Boiro, Cee, Curtis, Ferrol, Melide, Muros, Ortigueira, Padrón, Ponteceso, Zas, Oleiros, Teo, Fisterra e Santiago de Compostela, pertencentes, todos eles, á RDL. Neste caso, o cinema de verán chega co apoio da Deputación coruñesa.
E en Ourense, as localidades elixidas para acoller o novo programa serán as de Cenlle, Esgos, Laza, Lobios, Petín, Quintela de Leirado, Riós (no marco do Festival das Artes Escénicas Abelardo Gabriel), San Cristovo de Cea, San Xoán de Rïo e Vilar de Santos, co apoio da Deputación ourensá.
En total, Redecinema levará 35 proxeccións gratuítas de Vilamor a outros tantoso concellos. O programa arranca mañá en Cee, coa primeira proxección nos xardíns do IES Fernando Blanco ás 22:30 horas.
Toda a información e mais o calendario de proxeccións están xa dispoñibles en www.xunta.es/linguagalega/redecinema.
Apoio e promoción do audiovisual desde a RDL
Os obxectivos cos que a Xunta de Galicia e as deputacións da Coruña, Pontevedra e Ourense, poñen en marcha este novo programa, entroncan cos recollidos no Plan xeral de normalización da lingua galega, que aspira a promover a creatividade con base en galego e mais a aumentar a oferta de produtos de cultura e de ocio na nosa lingua. En especial, para promover o uso do galego nas actividades lúdicas e de lecer; para visibilizar a acción dinamizadora en lugares abertos e públicos; para potenciar artistas e dinamizadores galegos, e mais para favorecer a incorporación do galego á programación das actividades para o verán realizadas nos concellos.
O Plan constitúe o primeiro documento estratéxico específico de Galicia dedicado á planificación, organización e desenvolvemento dos coidados paliativos pediátricos e nace coa finalidade de dar resposta ás necesidades propias desta poboación, garantindo unha atención adaptada ás características evolutivas da infancia e da adolescencia. O documento aprobado hoxe conta co aval científico da Sociedade de Pediatría de Galicia e da Sociedade Española de Coidados Paliativos Pediátricos e está dirixido á poboación pediátrica con enfermidades crónicas complexas e situacións susceptibles de atención paliativa. Articúlase arredor de catro liñas estratéxicas orientadas a fortalecer a organización asistencial e a dar resposta ás necesidades clínicas, emocionais e sociais dos pacientes pediátricos e das súas familias.
Galicia ocupa un lugar destacado nos Premios Nacionais de Investigación 2026, con cinco científicos galardoados. Tivo lugar o acto de entrega destes premios, celebrado no Palacio de Congresos de Europa, en Vitoria-Gasteiz. Os investigadores galegos que recibiron esta distinción son Ángel Carracedo, natural de Santa Comba, catedrático de Medicina na USC e director da Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica; a compostelana Carmen Álvarez Lorenzo, catedrática da USC e directora do Instituto de Materiais da USC (iMATUS); e Laura Castro Santos, de Betanzos, catedrática da Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol, pertencente á UDC.