Archivo (5 del 2012)

Buscador

Noticias

A localidade chairega de Vilalba e a capital lucense acollen a presentación do libro de Domingo Goás "Unha aventura europea", no que se relata a súa experiencia como primeiro avogado español que interveu na Comisión Europea dos Dereitos Humanos.
O CDTIC fará balance do seu primeiro ano de funcionamento nunha xornada de boas prácticas e pon enriba da mesa un dato: acolleu neste tempo a presentación de 40 solucións tecnolóxicas nas que participaron máis de 350 profesionais galegos.
O ex reitor Senén Barro presentou na Casa da Concha, de Santiago de Compostela, o seu libro "Campus Vida: Da virtude necesidade", que edita o Consello Social da USC e contén oito anos de discursos sobre o papel con 25 textos estruturados en tres bloques.
Besteiro anuncia que concurre á Secretaría como “un militante máis” e porque “os socialistas da provincia podemos facer posible o que a dereita cre que non se pode facer”, avogando por un “liderado compartido, de abaixo arriba”.
A Fundación Cidade da Cultura destinará un total 15.000 euros para a dixitalización das obras musicais do mestre Rogelio Groba. Os arquivos dixitais pasarán aos fondos da Biblioteca de Galicia, que se encargará da súa conservación e difusión ao tempo que facilitará o seu estudo e consulta. Trátase dun conxunto de obras de creación musical único e singular en Galicia.
Esta iniciativa, organizada pola Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, está destinada a mozos e mozas de entre 16 e 30 anos que sexan non profesionais e que poden optar ás modalidades de teatro, artes plásticas, música, relato breve, poesía, videocreación, banda deseñada, graffiti, carteis, deseño de xoias e monólogos.
O fogar dixital é aquel dotado de servizos avanzados tanto do ámbito asistencial como da seguridade ou a eficiencia enerxética e que son posibles grazas á utilización das novas tecnoloxías. Constitúe unha panca importante para o aumento da calidade de vida da cidadanía e o achegamento dos servizos públicos ao fogar.
O presidente da Xunta di que a partir deste ano as familias poderán elixir “sen restricións” a escola infantil na que matricular aos seus fillos e fillas mediante este cheque cuxa contía percibirán directamente, e non a través dos propios centros adscritos ao programa.
La premiada serie "Matalobos" se presenta en la ciudad sueca de Malmö ante más de 33 cadenas de televisión pública de toda Europa, dentro de las jornadas que se desarrollan con motivo de la entrega de los premios Circom, que han galardonado a esta producción gallega como mejor serie europea del año.
O sábado día 26 de maio, 72 adegas das cinco Denominacións de Orixe Protexida ofrecen unha visita guiada polas súas instalacións e unha degustación gratuíta. Un total de 31 restaurantes ofrecen 62 menús enogastronómicos.
« Anterior | 2  de  4 | Siguiente »

Archivo

2026 (154)

2025 (339)

PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES