Notas de prensa

O Centro Demostrador TIC de Galicia presentou máis de 40 solucións tecnolóxicas

O CDTIC fará balance do seu primeiro ano de funcionamento nunha xornada de boas prácticas e pon enriba da mesa un dato: acolleu neste tempo a presentación de 40 solucións tecnolóxicas nas que participaron máis de 350 profesionais galegos.

O Centro Demostrador TIC de Galicia, froito acolle o xoves 31 de maio a Xornada "Boas Prácticas, Oportunidades e Estratexias para crecer coas TIC". O obxectivo da xornada é facer balance do seu primeiro ano de funcionamento e ademais achegar ás empresas galegas tendencias tecnolóxicas que posibiliten a modernización do seu negocio, a mellora do seu posicionamento na economía galega, así como a apertura a novos mercados.

A xornada comezará cunha visita guiada ao Centro Demostrador. Posteriormente realizarase a apertura institucional por parte de representantes de red.es e a Xunta de Galicia para dar paso a unha serie de relatorios de carácter eminentemente práctico.

Durante as intervencións diversos expertos expoñerán a aplicación e o uso eficaz das últimas tendencias tecnolóxicas co obxectivo de potenciar a competitividade e rentabilidade empresarial. Así o marco de relatorios comezará con "Software Libre como ferramenta de eficiencia e competitividade para a Peme", seguido da ponencia "Cloud Computing. Aproveitando os beneficios da nube", para rematar con "Social Media. O teu negocio conectado". Todos os relatorios contarán coa participación dun empresario galego que aporte a súa exitosa experiencia no uso das TIC.

A xornada vai dirixida aos autónomos e profesionais de empresas da nosa comunidade e asistencia é de balde, condicionada ao aforo do local e previa inscrición en liña a través do portal web do Centro Demostrador TIC (http://cdtic.xunta.es/node/384).

Balance do Centro Demostrador TIC

Desde a posta en marcha do Centro Demostrador TIC, preto de 40 empresas TIC galegas presentaron as súas solucións tecnolóxicas no centro e máis de 350 profesionais se achegaron para participar nas actividades e coñecer as súas instalacións.

As actividades desenvolvidas tiveron na súa maioría un carácter transversal, dirixidas a todos os sectores produtivos de Galicia, aínda que se presentaron produtos dirixidos a sectores concretos como Agroalimentario, Téxtil, Metal ou Pedra.
Aínda que o 14,5% das empresas que asistiron pertencen aos sector TIC, tamén estiveron representados outros sectores como administración pública (7,1%), educación (6%), telecomunicacións (5,7 %), actividades profesionais científicas e técnicas (3%), alimentación e bebidas (2,7 %) e enerxía (2,7 %), entre outros.

Pola súa parte, o MapaTIC.gal, a ferramenta de referencia para o Centro Demostrador TIC de Galicia de cara a identificar provedores e solucións tecnolóxicas de Galicia alén de potenciais demandantes de tecnoloxía, segue a incrementar o número de rexistros contando na actualidade con 150 provedores tecnolóxicos e preto de 330 de solucións tecnolóxicas.

Centro Demostrador TIC de Galicia

O Centro Demostrador TIC de Galicia é froito dun convenio de colaboración entre a Xunta de Galicia e o Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo, a través da entidade pública empresarial red.es.
Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER)

Este proxecto púidose levar a cabo grazas ao cofinanciamento da Unión Europea a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER), o que permite contribuír a mellorar a cohesión social das rexións españolas mediante a corrección dos principais desequilibrios rexionais, a través da entidade pública empresarial red.es, que se encarga de fomentar o desenvolvemento do ámbito produtivo, o desenvolvemento tecnolóxico e a sociedade da información.

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia, 2012-05-23

Actualidad

Foto del resto de noticias (tecnoloxia-cuantica.jpg) Foron presentados os novos equipamentos do Centro de Supercomputación de Galicia) instalación que vai incorporar un segundo computador cuántico, denominado IQM Spark. O novo supercomputador e os dous novos computadores cuánticos que se van adquirir situarán a nosa Comunidade na vangarda europea en canto a capacidade de almacenamento de datos e participación en grandes proxectos internacionais. En canto aos computadores cuánticos, o de menor capacidade (5 cúbits), dedicarase exclusivamente a tarefas de formación, probas de concepto e de algoritmia, complementando así ao de maior capacidade (54 cúbits), que será o buque insignia.
Foto de la tercera plana (autopista-ap9.jpg) A Xunta exixe o rescate da AP-9 e asina cos Gobernos de Asturias e Castela e León e o tecido empresarial das tres comunidades a Declaración Compostela, que insta á Comisión Europea a culminar o ditame sobre as prórrogas da AP-9 e AP-66. A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, interveu no encontro 'As infraestruturas viarias do Noroeste', organizado pola Confederación de Empresarios de Galicia.

Notas

O próximo 12 de agosto a Península Ibérica vivirá un dos eventos astronómicos máis importantes do século: unha eclipse total de Sol. Pola súa posición xeográfica, a súa climatoloxía e a súa contorna histórica-monumental, a cidade de Lugo foi sinalada como un dos mellores destinos de toda Europa para contemplar este fenómeno na súa máxima plenitude.
A VIII edición do congreso da Sociedad de Estudios de Cerámica Antigua en Hispania (SECAH) está estes días celebrándose no campus de Ourense, cunha visita tamén a Lugo. A cita reúne a 80 especialistas de España e Portugal e conta cun programa formado por 50 relatorios e 35 pósters nos que se abordan as últimas novidades e proxectos neste eido de investigación.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES