O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, destacou que este ano a Xunta destinará ata 1,7 millóns de euros, un 12 por cento máis, a financiar o novo cheque infantil, que o Goberno galego acordou reformular para que as familias poidan percibilo directamente e elixir libremente o centro no que queren inscribir aos seus fillos e fillas.
En virtude do acordo aprobado polo Consello da Xunta, esta reformulación do cheque infantil presenta unha novidade importante, e é que se outorgará directamente ás familias para que poidan elixir libremente a escola infantil na que queren que estuden os seus fillos e fillas. Serán os pais e nais os que elixan o centro co diñeiro público, co diñeiro do cheque infantil, puntualizou o titular da Xunta.
Así pois, tal e como apuntou o presidente, a partir deste ano as familias poderán elixir sen restricións, matizou Feijóo, a escola infantil que desexen con este cheque que financia a Xunta de Galicia e cuxa contía percibirán directamente e non a través dos propios centros.
E é que, segundo explicou o presidente, ata o de agora os usuarios que accedían a esta vía só podían acadar unha praza nalgún dos centros adscritos a este programa, que eran os titulares destes financiamentos. Agora, agregou, serán as familias as que decidan a que escola infantil, financiada con fondos públicos, levan aos seus fillos a través do cheque infantil.
O mandatario galego sinalou que con este acordo a Xunta dá cumprimento a un obxectivo no que coinciden as tres forzas políticas: dar maiores facilidades ás nais e aos pais para permitir a conciliación da vida familiar e laboral, e contribuír a paliar o problema demográfico estrutural que ten Galicia desde hai décadas.
Seguimos apostando en plena crise económica polas escolas infantís, enfatizou o mandatario galego, que precisou que no que vai de lexislatura a Xunta creou 2.400 novas prazas financiadas con fondos públicos, o que supón, dixo, un incremento do 45 por cento con respecto á lexislatura anterior.
Jannis Kounellis é un dos artistas fundamentais da historia da arte da segunda metade do século XX. Foi obxecto de grandes exposicións retrospectivas na Fondazione Prada, Venecia (2019), e no Museo Jumex, Cidade de México (2023). Entre as súas exposicións individuais institucionais destacan as do Musée dArt Moderne de la Ville de Paris (1980), Whitechapel Gallery, Londres (1981), Castello di Rivoli, Turín (1988), Stedelijk Museum, Ámsterdam (1990), Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía, Madrid (1996), Albertina, Viena (2005), Neue Nationalgalerie, Berlín (2007), MACRO, Roma (2016), Walker Art Center, Minneapolis (2022) e Museo Jumex, Cidade de México (2023).
O calendario de Programación Kármica arranca este 25 de setembro con Taïn na Sala Guión de Pontedeume. A seguinte cita será o 16 de outubro, con Camellos e Cora Yako en La Conservera de Viveiro, mentres que o 24 de outubro actuarán Javier Lago e Santi Araújo na Pousada da Galiza Imaxinaria de Boiro. O ciclo chegará precisamente á sala que acolle hoxe a súa presentación, A Cofradía de Vilanova de Arousa, o 27 de novembro, coas actuacións de Montedapena e Nuntia. O programa de 2026 pecharase o 26 de decembro na Pousada da Galiza Imaxinaria con Portosanto e Hermanos Visi.