A Consellería de Traballo e Benestar vén de convocar o programa Xuventude Crea para este ano 2012. Este certame inclúe a posibilidade de concursar ata en 11 modalidades artísticas diferentes.
A iniciativa vai dirixida a mozos e mozas de entre 16 e 30 anos que sexan non profesionais. Os interesados poderán tomar parte nas distintas especialidades: teatro, artes plásticas, música, relato breve, poesía, videocreación, banda deseñada, graffiti, carteis, deseño de xoias e monólogos.
Os gañadores percibirán 3.000 euros para os que queden en primeiro lugar; 1.500 euros para os de segundo lugar e 1.000 euros para os terceiros. Ademais, os gañadores das categorías de teatro, música e monólogos a parte de recibir o premio en metálico- poderán desenvolver as súas propias actuacións. En concreto, os que obteñan o primeiro lugar en cada unha destas categorías poderán levar a cabo dúas actuacións; mentres que os que ocupan o segundo e terceiro lugar obterán unha actuación.
Ademais, tamén se poderán entregar mencións de honra nas distintas modalidades a aquelas obras que segundo o xuízo da comisión de selección acaden a suficiente calidade. Estas mencións carecerán de dotación económica.
Os interesados en tomar parte neste programa poderán presentar as súas obras ata o próximo 13 de xullo. Salvo o caso de teatro, música, banda deseñada e graffiti, a participación será sempre a título individual.
Cabe lembrar que a obra dos gañadores pasarán a forma parte do circuíto da creatividade, posto en marcha pola Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, co fin de dar a coñecer as obras dos gañadores a través da exposición pública dos seus traballos.
Jannis Kounellis é un dos artistas fundamentais da historia da arte da segunda metade do século XX. Foi obxecto de grandes exposicións retrospectivas na Fondazione Prada, Venecia (2019), e no Museo Jumex, Cidade de México (2023). Entre as súas exposicións individuais institucionais destacan as do Musée dArt Moderne de la Ville de Paris (1980), Whitechapel Gallery, Londres (1981), Castello di Rivoli, Turín (1988), Stedelijk Museum, Ámsterdam (1990), Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía, Madrid (1996), Albertina, Viena (2005), Neue Nationalgalerie, Berlín (2007), MACRO, Roma (2016), Walker Art Center, Minneapolis (2022) e Museo Jumex, Cidade de México (2023).
O calendario de Programación Kármica arranca este 25 de setembro con Taïn na Sala Guión de Pontedeume. A seguinte cita será o 16 de outubro, con Camellos e Cora Yako en La Conservera de Viveiro, mentres que o 24 de outubro actuarán Javier Lago e Santi Araújo na Pousada da Galiza Imaxinaria de Boiro. O ciclo chegará precisamente á sala que acolle hoxe a súa presentación, A Cofradía de Vilanova de Arousa, o 27 de novembro, coas actuacións de Montedapena e Nuntia. O programa de 2026 pecharase o 26 de decembro na Pousada da Galiza Imaxinaria con Portosanto e Hermanos Visi.