Buscador
Noticias
As asociacións inglesa e irlandesa de Amigos do Camiño abren na Oficina do Peregrino de Santiago de Compostela un "welcome service" para os peregrinos de fala inglesa. No que vai do mes de maio máis de 9.000 peregrinos recolleron a "Compostela" e, no que vai de ano entregáronse case 30.000.
Os profesores lectores de galego organizan ao longo do mes de maio nos centros de estudos galegos das universidades diversas iniciativas para conmemorar as Letras Galegas 2012 sobre Paz-Andrade e difundir no exterior a lingua e a cultura galegas.
Cumpre co compromiso de contribuír ao sostemento dos servizos derivados da súa condición de capital de Galicia e sede das súas institucións. A Xunta achega este ano 2,7 millóns de euros ao Concello compostelán.
A través dun chat, rapaces de cinco centros educativos galegos se interesaron pola situación das TIC en Galicia e as saídas laborais das carreiras do eido tecnolóxico, durante a celebración do Día Internacional das Telecomunicacións organizado polo Coeteg.
Acadou este mellor comportamento pese a ser a única comunidade que executou en tempo e forma o seu Programa Anual de Endebedamento en 2011. Desde o ano 2008 a Comunidade galega é a terceira que menos aumentou o seu endebedamento e foi 15 puntos menor á media española e sempre nas marxes aprobadas no CPFF.
É a primeira acción do Plan de Turismo Enogastronómico da Xunta de Galicia. Ademais, de degustacións e visitas, as xornadas inclúen actividades complementarias. 72 adegas das cinco Denominacións de Orixe Protexida ofrecen unha visita guiada polas súas instalacións e unha degustación gratuíta.
A directora de Comercio lembrou que o Goberno galego está a desenvolver o Plan Téxtil Moda Visión 2020 para apoiar a reactivación dunha das principais actividades industriais galegas. O fixo nas xornadas Modaberta 2012, no Barco de Valdeorras.
A mostra "Umbra Bruna", de Iago Eireos, fai referencia á obra poética de Rosalía de Castro, con ocasión do 175 aniversario do seu nacemento. Exhíbese na Casa de Galicia en Madrid ata o 1 de xuño. Según o artista, a imaxe latente xustapoñer se sobre o soporte pictórico, xerando á primeira vista unha abstracción que contén múltiples realidades".
Según Feijóo: o obxectivo é ser máis eficaz na prevención e na loita contra o fraude fiscal e prestar mellor servizo de asesoramento para que os galegos podamos contribuír de forma máis axeitada a pagar os nosos impostos sen necesidade de que se vexan incrementados.
A mostra colectiva de pintura na que interveñen unha veintena de mulleres artistas, e que leva por título "Camiños en feminino, arte 2011-2012", permanece na Casa de Galicia en Madrid ata o primeiro de xuño.