A xerente da Sociedade da Imaxe e Promoción TurÃstica de Galicia-Turgalicia, Carmen Pita Urgoiti, presentou no Centro Superior de HostelerÃa de Galicia a Xornada de Portas Abertas das Rutas dos Viños de Galicia. Esta iniciativa, enmarcada no Plan de Turismo Enogastronómico de Galicia aprobado o dÃa 3 de maio polo Consello da Xunta, ten por obxectivo pór en valor o enoturismo galego como unha nova aposta de calidade na diversificación das actividades turÃsticas. A estratexia englóbase na creación de produtos turÃsticos que van a reforzar e dotar de contido a marca turÃstica de Galicia.
Segundo explicou a xerente de Turgalicia, a Xornada de Portas Abertas das Rutas dos Viños de Galicia consiste nun programa no que “por primeira vez se organiza unha xornada de actividades de enoturismo de maneira simultánea e conxunta nos nosos cinco grandes territorios vitivinÃcolas”. Entre os obxectivos desta iniciativa figura tamén o de comezar a divulgar o enoturismo e o novo produto cabeceira de marca Paseando entre viñedos entre os galegos porque o turismo interno é moi importante en Galicia. Un total de 72 adegas das cinco Denominacións de Orixe galegas ofrecerán unha visita guiada polas súas instalacións e a degustación dos seus viños con carácter gratuÃto durante toda a xornada. Ademais, 31 restaurantes adheridos a esta promoción especial ofrecerán 62 menús enogastronómicos diferentes e maridados con viños galegos da D.O.P. na que se atope o restaurante. O prezo final destes menús é de 25 euros todo engadido e poderase escoller o menú que máis agrade. Para os menores de 12 anos haberá menús infantÃs a 10 euros.
Ademais deste programa común para as cinco Rutas dos Viños de Galicia, hai moitas propostas adicionais como visitas guiadas e gratuÃtas nos territorios das cinco D.O. VitivinÃcolas, por exemplo polo casco histórico de Monforte de Lemos; visitas á vila medieval de Ribadavia, ao patrimonio románico da Ribeira Sacra, ou visitas aos viñedos de Amandi en tren turÃstico. Tamén haberá, por exemplo, entradas gratuÃtas ao centro do viño da Ribeira Sacra e ao Museo enolóxico de Ribadavia asà como unha cata xenérica e gratuÃta sobre os viños do Ribeiro ou ofertas de especiais de aloxamento e paquetes enoturÃsticos con empresas especializadas de Valdeorras e O Ribeiro.
Outros exemplos son a Ruta do Viño das RÃas Baixas que propón o 1º DesafÃo RÃas Baixas. O visitante terá que descubrir diferentes puntos de interese a través da resolución de retos espallados polo territorio da Ruta. (www.rutasdelvinoriasbaixas.com). O Centro de Interpretación do Viño e a Lamprea – ARABO, organiza unha xornada de portas abertas das 11 ás 13.30 e das 17 ás 19 horas, con degustación de viños da subzona do Condado; tamén hai xornada de portas abertas no Museo Etnográfico e do Viño de Cambados; o Concello da Guarda ofrece ás 12.30 horas unha visita ao Monte de Santa Tegra por 1 euro para adultos e 0.50 céntimos para nenos. O punto de encontró será o Museo Arqueolóxico de Santa Tegra. O Concello de Vedra organiza unha Ruta gratuÃta polos Pazos e XardÃns Históricos; en Valdeorras organÃzanse percorridos a pé ou en quad dende o Castelo do Bolo ao Santuario das Ermidas e no Ribeiro hai iniciativas como o transporte de balde entre Ourense e Ribadavia ou o tour guiado Viño e románico oculto no Ribeiro.
Plan de Turismo Enogastronómico de Galicia
Carmen Pita falou tamén durante a presentación da xornada na capital de Galicia do Plan de Turismo Enogastronómico de Galicia. A xerente de Turgalicia quixo resaltar que en Galicia existen un total de 5.298 establecementos de restauración neste ano 2012, 1.574 cafeterÃas e 21.218 bares. En Galicia existen 841 industrias agroalimentarias e hai 10 restaurantes con Estrella MichelÃn e 18 distinguidos con Soles Repsol. ContabilÃzanse na comunidade máis de 300 festas gastronómicas que impulsan o sector turÃstico e promocionan os produtos con indicación de calidade. A gastronomÃa é, despois da natureza, a segunda motivación dos turistas para elexir Galicia como destino.
Pódese consultar toda a información da xornada en www.turgalicia.es Teléfono : +34 902 200 432 | +34 981 542 500 Fax : +34 981 542 659 - e-mail: cir.turgalicia@xunta.es
E tamén nos seguintes enderezos web:
http://www.rutadelvinomonterrei.com/detallenews.php?id=68&news
http://www.rutadelvinoribeirocom/
http://rutadelvinoribeiro.com/?id=172
http://www.rutadelvinoriasbaixas.com/es/jornada-de-puertas-abiertas
http://www.ribeirasacra.org/ca/web/index.php
http://www.rutadelvinovaldeorras.com/detallenews.php?id=53&selid=18