Archivo (5 del 2012)

Buscador

Noticias

As reservas nos encoros de abastecemento encóntranse ao 98,39%, o que supón máis de 10 puntos por encima do nivel no que se atopaban nas mesmas datas do ano pasado. Tan só os encoros de Caldas de Reis e de Vilagarcía se atopan por debaixo do 90% da súa capacidade.
O Executivo autonómico difunde un vídeo con exemplos da boa xestión e investimento dos fondos comunitarios. Poderá ser visitado na web do Goberno galego e da Consellería de Facenda, nas principais edicións dixitais dos xornais, así como nas redes sociais.
Os Supermercados Gadis de Galicia repartirán máis de 2 millóns de bolsas da compra cun anaco da obra do autor homenaxeado este ano e regalarán a tódolos clientes, ata fin de existencias, un libro inédito escrito por Tucho Calvo con ilustracións de Abraldes.
Aos 1.000 mozos e mozas inscritos na maior festa das novas tecnoloxías de Galicia sumáronse as máis de 7.000 persoas que visitaron a iniciativa e participaron nas diferentes actividades que se programaron ao aire libre.
A Xunta dá o visto e prace ás liñas mestras do Plan para a dinamización demográfica, con catro eixos prioritarios: sensibilizar á cidadanía, impulsos socioeconómicos á maternidade-parternidade; apoio ás familias e mellorar a coordinación das administracións. Preténdese apoiar a decisión dos galegos de converterse en pais ou nais.
Ferega-Ceca e a Secretaría Xeral de Política Lingüística colaboran la celebración da Festa da Lingua reunindo a 600 escolares de ensino primario de Galicia na Cidade da Cultura de Santiago de Compostela, e animándoos a disfrutar con ledicia do idioma galego.
O Goberno galego mobilizou no período 2009-2011 un total de 660 millóns euros, entre capital público e privado, nas liñas de actuación estratéxicas da Axenda 2014.gal.En dous anos a poboación con cobertura de Internet en Galicia pasou do 70% a preto do 90%.
A edición de 2012, a décimo terceira, conta con persoas con grande experiencia no mundo empresarial como o profesor da IE Business School, Enrique Dans; o profesor Leopoldo Abadía; ou o social media Rubén Bastón. Os exteriores e oa entrada do Pazo de Congresos e Exposicións acolle as actividades da extranet, abertas a todos os públicos.
« Anterior | 4  de  4 | Siguiente »

Archivo

2026 (157)

2025 (339)

PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES