
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística colabora na celebración da Festa da Lingua que promove anualmente a Federación de Relixiosos do Ensino en Galicia (Ferega-Ceca), que se celebra na Cidade da Cultura de Galicia. Ao acto de inauguración asistiu o secretario xeral de Política Lingüística Valentín García, quen animou os escolares dos centros católicos a seguir participando na promoción da lingua propia de Galicia, no eido literario e en todos os eidos da vida, e mais a seguir desfrutando da ledicia de termos un idioma coma o galego.
No marco desta celebración, daranse a coñecer os galardoados na categoría de primaria do Premio Frei Martín Sarmiento, que resolve o alumnado votando polas súas novelas favoritas. García Gómez valorou a participación dos rapaces e rapazas na resolución deste certame e indicou que esa mesma participación activa a prol da lingua se espera de vós no futuro. Ademais, durante a Festa da Lingua, celébranse obradoiros variados e encontros dos rapaces e rapazas cos seus escritores favoritos.
O incremento constante da participación nesta celebración obrigou á organización a celebrar este ano a festa en varias localidades galegas, co fin de repartir o alumnado en distintas localidades. Ademais de en Santiago, a Festa da Lingua celebrouse en Ourense o 19 de abril e en Pontevedra o 24 do mesmo mes. Deste xeito, a iniciativa que impulsa a Federación de Relixiosos do Ensino en Galicia (Ferega-Ceca) en colaboración con Cultura e Educación reunirá na presente edición máis de 1.000 alumnos e alumnas de primaria de diversos centros de ensino pertencentes á federación.
Colaboración de Ferega con Cultura e Educación para promover o uso da lingua
Ferega está a desenvolver un amplo programa de actuacións destinadas a impulsar o uso do galego na súa actividade, no marco do convenio de colaboración coa Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística.
Neste sentido, distribúe modelos de documentación e manuais de galego para o persoal de administración dos centros e material para as principais festas do ano litúrxico, o servizo Remol e material pastoral en galego, libros de oracións infantís e folletos coas respostas da misa en galego.
Canto ás actuacións dirixidas á docencia, o convenio inclúe a realización de cinco cursos de formación para o profesorado, ademais doutras xornadas e actuacións informativas destinadas a favorecer a normalización deste colectivo, entre as que destaca a VIII Xornada de Normalización Lingüística Ferega-Ceca, así como a posta en marcha do Intercambiador de material didáctico en liña. Para o alumnado, inclúe, ademais desta nova edición da Festa da Lingua, a V Edición do Concurso de Curtametraxes Rec-Curta e a IX Edición do Premio Frei Martín Sarmiento.
Jannis Kounellis é un dos artistas fundamentais da historia da arte da segunda metade do século XX. Foi obxecto de grandes exposicións retrospectivas na Fondazione Prada, Venecia (2019), e no Museo Jumex, Cidade de México (2023). Entre as súas exposicións individuais institucionais destacan as do Musée dArt Moderne de la Ville de Paris (1980), Whitechapel Gallery, Londres (1981), Castello di Rivoli, Turín (1988), Stedelijk Museum, Ámsterdam (1990), Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía, Madrid (1996), Albertina, Viena (2005), Neue Nationalgalerie, Berlín (2007), MACRO, Roma (2016), Walker Art Center, Minneapolis (2022) e Museo Jumex, Cidade de México (2023).
O calendario de Programación Kármica arranca este 25 de setembro con Taïn na Sala Guión de Pontedeume. A seguinte cita será o 16 de outubro, con Camellos e Cora Yako en La Conservera de Viveiro, mentres que o 24 de outubro actuarán Javier Lago e Santi Araújo na Pousada da Galiza Imaxinaria de Boiro. O ciclo chegará precisamente á sala que acolle hoxe a súa presentación, A Cofradía de Vilanova de Arousa, o 27 de novembro, coas actuacións de Montedapena e Nuntia. O programa de 2026 pecharase o 26 de decembro na Pousada da Galiza Imaxinaria con Portosanto e Hermanos Visi.