
GADIS únese á celebración do 50 aniversario do Día das Letras Galegas desenrolando diferentes iniciativas culturais para fomentar a escritura e a lectura en galego e impulsar a edición de libros nesta lingua. Os Supermercados Gadis de Galicia regalarán o 16 de maio e ata fin de existencias 30.000 exemplares da novela de intriga e terror: Formigas, dirixida ós adultos.
Formigas, escrita por Tucho Calvo e ilustrada por Juan Carlos Abraldes, ambiéntase nunha lúgubre aldea illada nun val que un día viviu o esplendor da época das minas de wolfram, onde ten lugar un sórdido parricidio. As indagacións dun xornalista descobren misterios e intrigas que atrapan a tódolos habitantes silenciosa e implacablemente, o que permite manter a curiosidade do lector ata o final.
Supermercados Gadis, que forma parte de GADISA, amosa o seu compromiso cos escritores en Lingua Galega regalando por 10º ano consecutivo unha obra en tódolos seus establecementos de Galicia. Na última década repartiu gratuitamente, en total, 175.000 libros de estilos moi variados e dirixidos a diferentes públicos: infantil, xuvenil e adulto.
Asimesmo, a empresa de distribución achegará a miles de fogares en Galicia unha pequena representación da obra e da figura do autor homenaxeado no 50 aniversario da institución do 17 de maio como Día das Letras Galegas: Valentín Paz-Andrade.
Máis de 2 millóns de bolsas da compra convertiranse nun soporte cultural ó levar impresa unha imaxe de Valentín Paz Andrade e o seguinte texto firmado polo autor:
O porvir da lingua: A imaxe do que unha lingua foi ou deixou de ser no percurso das edás, non se debera interpor na comprensión do seu destiño
GADIS sumouse tamén este ano ás celebracións promovidas pola Real Academia Galega, copatrocinando un libro que repasa o medio século de historia das Letras Galegas, a través de tódolos autores homenaxeados nas diferentes edicións, dende Rosalía de Castro ata Valentín Paz-Andrade. A obra é unha mistura de estilos, épocas e escritores, de séculos pasados e contemporáneos, que xunta o máis representativo da Literatura en Lingua Galega.
A estas iniciativas culturais que GADIS pon en marcha de forma puntual ó fío das Letras Galegas, súmanse outras que desenrola ó longo do ano, que se enmarcan no seu programa de Responsabilidade Social Corporativa, con máis de 800 accións anuais de índole cultural, social e deportivo, de carácter solidario e medioambiental.
O Plan constitúe o primeiro documento estratéxico específico de Galicia dedicado á planificación, organización e desenvolvemento dos coidados paliativos pediátricos e nace coa finalidade de dar resposta ás necesidades propias desta poboación, garantindo unha atención adaptada ás características evolutivas da infancia e da adolescencia. O documento aprobado hoxe conta co aval científico da Sociedade de Pediatría de Galicia e da Sociedade Española de Coidados Paliativos Pediátricos e está dirixido á poboación pediátrica con enfermidades crónicas complexas e situacións susceptibles de atención paliativa. Articúlase arredor de catro liñas estratéxicas orientadas a fortalecer a organización asistencial e a dar resposta ás necesidades clínicas, emocionais e sociais dos pacientes pediátricos e das súas familias.
Galicia ocupa un lugar destacado nos Premios Nacionais de Investigación 2026, con cinco científicos galardoados. Tivo lugar o acto de entrega destes premios, celebrado no Palacio de Congresos de Europa, en Vitoria-Gasteiz. Os investigadores galegos que recibiron esta distinción son Ángel Carracedo, natural de Santa Comba, catedrático de Medicina na USC e director da Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica; a compostelana Carmen Álvarez Lorenzo, catedrática da USC e directora do Instituto de Materiais da USC (iMATUS); e Laura Castro Santos, de Betanzos, catedrática da Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol, pertencente á UDC.