Notas de prensa

A figuración fotográfica e a plasticidade da pintura únense na obra de Iago Eireos

A mostra "Umbra Bruna", de Iago Eireos, fai referencia á obra poética de Rosalía de Castro, con ocasión do 175 aniversario do seu nacemento. Exhíbese na Casa de Galicia en Madrid ata o 1 de xuño. Según o artista, a imaxe latente xustapoñer se sobre o soporte pictórico, xerando á primeira vista unha abstracción que contén múltiples realidades".

A obra plástica do artista lucense Iago Eireos móstrase dende hoxe e ata o 1 de xuño na Casa de Galicia-Delegación da Xunta de Galicia en Madrid na exposición de fotografía/pintura "Umbra Bruna", que reúne pezas nas que a figuración e a narración do medio fotográfico está en comuñón coa plasticidade da pintura, chegando a unha fusión entre o haluro de prata e o pigmento. "A imaxe latente xustapoñer se sobre o soporte pictórico, xerando á primeira vista unha abstracción que contén múltiples realidades", explica o artista.

Na inauguración da exposición interviñeron, ademais do autor, o poeta Miguel Ángel Curiel, tamén prologuista do catálogo da exposición, e o coordinador de Actividades Culturais da Casa, Ramón Jiménez. Eiros falou brevemente do seu traballo de experimentación plástica, que, dixo, dálle un selo propio e unha forma determinada de escribir e narrar na súa obra, que neste caso concreto e con ocasión do 175 aniversario do nacemento de Rosalía de Castro fai referencia á súa obra poética e en especial á súa "Negra Sombra", dende unha visión moi persoal.

Curiel viu pintadas nas obra de Eireos a néboa e sombras en "un expresionismo abstracto que se forxa nunha luz que non pretende iluminar senón proxectar a espiritualidade da imaxe" e "deconstruir a imaxe ata a levar ao máximo silencio de si mesma". "Iago Eireos atrévese a entrever a atmosfera dunha metafísica oral, coas súas imaxes constrúe o silencio dunha narración. Non se revela esta vez a imaxe para ser vista, senón para que remate disolta na alma ou espírito de cada un, na sombra de cada un", aprecia.

"´Umbra Bruna´ é tamén auga onde se disolven os rostros, e a materia vivificada, unha arte moi líquida ligada ás capas da memoria (os espectros imaxinados como manchas de humidade nunha parede ou nun muro vital). Ás veces unha follaxe moi densa de imaxes atravesadas pola luz cenital do mundo. Outras veces a transparencia superponse ao invisible", sinala Curiel.

Pola súa banda, Jiménez destacou que Eireos é un artista novo pero cunha frutífera traxectoria creadora, en cuxas obras se fusionan diversas linguaxes plásticas, o que xera múltiples realidades. "É Iago Eireos un recoñecido, malia a súa xuventude, pintor e fotógrafo, con abundante premios e bolsas, e de entre estas destaco a que recibiu en 2006 da Fundación Antonio Gala de Córdoba. Ese mesmo ano gañou o primeiro premio GZ crea 2006, certame galego de novos creadores, na modalidade de fotografía. A obra titulábase ´Umbra Alba´, e era unha fotografía de sombras de figuras proxectadas sobre o pavimento dunha beirarrúa, da que explicou que era un xogo coa luz que a determinada hora do día creaba unha textura plástica no espazo que se vía ante a súa ventá en Romanía mentres estudaba cunha bolsa Erasmus", expuxo.

Así pois, observou, "o tema da sombra é alongado na obra de Iago Eireos, quen valéndose da conxunción de dúas artes, a fotografía e a pintura, é capaz coas súas sombras de sacar á luz a poesía oculta das cousas, esa espiritualidade que habitualmente escapa á superficialidade das nosas miradas".

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia, 2012-05-10

Actualidad

Foto del resto de noticias (apoio.jpg) O Plan constitúe o primeiro documento estratéxico específico de Galicia dedicado á planificación, organización e desenvolvemento dos coidados paliativos pediátricos e nace coa finalidade de dar resposta ás necesidades propias desta poboación, garantindo unha atención adaptada ás características evolutivas da infancia e da adolescencia. O documento aprobado hoxe conta co aval científico da Sociedade de Pediatría de Galicia e da Sociedade Española de Coidados Paliativos Pediátricos e está dirixido á poboación pediátrica con enfermidades crónicas complexas e situacións susceptibles de atención paliativa. Articúlase arredor de catro liñas estratéxicas orientadas a fortalecer a organización asistencial e a dar resposta ás necesidades clínicas, emocionais e sociais dos pacientes pediátricos e das súas familias.
Foto de la tercera plana (20261029-xunta.jpg) Galicia ocupa un lugar destacado nos Premios Nacionais de Investigación 2026, con cinco científicos galardoados. Tivo lugar o acto de entrega destes premios, celebrado no Palacio de Congresos de Europa, en Vitoria-Gasteiz. Os investigadores galegos que recibiron esta distinción son Ángel Carracedo, natural de Santa Comba, catedrático de Medicina na USC e director da Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica; a compostelana Carmen Álvarez Lorenzo, catedrática da USC e directora do Instituto de Materiais da USC (iMATUS); e Laura Castro Santos, de Betanzos, catedrática da Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol, pertencente á UDC.

Notas

As longametraxes La silla, de Ángel de la Cruz; Monstro, de Andrés Goteira; e As augas, de Ledicia Sola; dúas sesións de curtametraxes, o documental Hoxe e o resto do mundo; e diferentes encontros con empresas e profesionais do sector. A XVI Máster Class Audiovisual Galego Augal dedica a súa programación a unha escolma de proxectos estreados neste 2026, co propósito de ofrecer ao alumnado da Facultade de Comunicación e ao conxunto da cidadanía unha selección 'do mellor do audiovisual galego', como salientou o profesor Paulino Pérez, coordinador dun ciclo que arranca o luns e se estende ata marzo de 2027.
As RRSS convertéronse nun espazo para a comunicación e para a construción das identidades contemporáneas. Nelas circulan prácticas, discursos e representacións que poden reproducir xerarquías xa existentes, mais tamén cuestionar ideoloxías asentadas e abrir novos ámbitos de uso. Este escenario será o obxecto de estudo do Simposio do Instituto da Lingua Galega da USC que se desenvolverá do 24 ao 26 de novembro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES