Notas de prensa

O Colexio de Enxeñeiros de Telecomunicación e a Xunta impulsan o Fogar Dixital

O fogar dixital é aquel dotado de servizos avanzados tanto do ámbito asistencial como da seguridade ou a eficiencia enerxética e que son posibles grazas á utilización das novas tecnoloxías. Constitúe unha panca importante para o aumento da calidade de vida da cidadanía e o achegamento dos servizos públicos ao fogar.

A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) e o Colexio de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia (Coetg) colaborarán no impulso ao Fogar Dixital e ao Edificio Dixital en Galicia. Así se recolle nun convenio asinado esta mañá entre a directora da Amtega, Mar Pereira, e o decano do Coetg, Ramón Bermúdez de Castro.

Fogar Dixital

O fogar dixital é aquel dotado de servizos avanzados que melloran a calidade de vida dos cidadáns e que son posibles grazas á utilización das novas tecnoloxías.

Esta gama de servizos van dende os relacionados co ámbito asistencial (teleasistencia, teleconsulta,…) ata os relacionados coa seguridade, a eficiencia enerxética ou as comunicacións e o ocio; e fan posible un novo concepto de habitabilidade e sostibilidade dentro do fogar.

Polo tanto, o fogar dixital é unha panca importante para o aumento da calidade de vida da cidadanía e o achegamento dos servizos públicos ao fogar, e tamén un motor claro para a dinamización e o desenvolvemento do sector tecnolóxico de Galicia, que se encontra actualmente ante unha gran ventá de oportunidade.

Por este motivo, o impulso do Fogar Dixital xa se reflicte no Proxecto de Lei de Impulso e Ordenación das Infraestruturas de Telecomunicacións de Galicia, actualmente en tramitación, que prevé a obrigatoriedade de incorporar nas novas vivendas que se constrúan as infraestruturas precisas para soportar servizos de Fogar Dixital.

Documento de referencia para todos os axentes

Segundo establece o acordo o Colexio de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia elaborará un documento no que se establecerán as bases e pautas de actuación do Fogar Dixital e o Edificio Dixital e que servirá de referencia para todos os axentes involucrados no mesmo (promotores, arquitectos, construtores, instaladores, enxeñeiros de telecomunicación, técnicos municipais, etc). Este documento recollerá toda a información precisa en termos técnicos e económicos no que se refire a implantación dun fogar dixital.

Difusión

O documento, elaborado un grupo de traballo específico integrado por enxeñeiros de telecomunicación de diferentes perfís difundirase a través dunhas xornadas dirixidas aos axentes implicados no proceso sector que organizará a Asociación. Ademais, enviarse aos 315 concellos de Galicia e ás entidades representativas do resto dos axentes involucrados no fogar dixital, unha copia dixital do documento de referencia.

A labor informativa completarase cunha xornada de carácter técnico sobre o Fogar Dixital e o Edificio Dixital de 4 horas de duración dirixida aos prescriptores técnicos do fogar dixital (enxeñeiros de telecomunicación, instaladores, arquitectos,…).

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia, 2012-05-21

Actualidad

Foto del resto de noticias (tecnoloxia-cuantica.jpg) Foron presentados os novos equipamentos do Centro de Supercomputación de Galicia) instalación que vai incorporar un segundo computador cuántico, denominado IQM Spark. O novo supercomputador e os dous novos computadores cuánticos que se van adquirir situarán a nosa Comunidade na vangarda europea en canto a capacidade de almacenamento de datos e participación en grandes proxectos internacionais. En canto aos computadores cuánticos, o de menor capacidade (5 cúbits), dedicarase exclusivamente a tarefas de formación, probas de concepto e de algoritmia, complementando así ao de maior capacidade (54 cúbits), que será o buque insignia.
Foto de la tercera plana (autopista-ap9.jpg) A Xunta exixe o rescate da AP-9 e asina cos Gobernos de Asturias e Castela e León e o tecido empresarial das tres comunidades a Declaración Compostela, que insta á Comisión Europea a culminar o ditame sobre as prórrogas da AP-9 e AP-66. A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, interveu no encontro 'As infraestruturas viarias do Noroeste', organizado pola Confederación de Empresarios de Galicia.

Notas

O próximo 12 de agosto a Península Ibérica vivirá un dos eventos astronómicos máis importantes do século: unha eclipse total de Sol. Pola súa posición xeográfica, a súa climatoloxía e a súa contorna histórica-monumental, a cidade de Lugo foi sinalada como un dos mellores destinos de toda Europa para contemplar este fenómeno na súa máxima plenitude.
A VIII edición do congreso da Sociedad de Estudios de Cerámica Antigua en Hispania (SECAH) está estes días celebrándose no campus de Ourense, cunha visita tamén a Lugo. A cita reúne a 80 especialistas de España e Portugal e conta cun programa formado por 50 relatorios e 35 pósters nos que se abordan as últimas novidades e proxectos neste eido de investigación.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES