Notas de prensa

Preséntase Unha aventura europea, de Domingo Goás

A localidade chairega de Vilalba e a capital lucense acollen a presentación do libro de Domingo Goás "Unha aventura europea", no que se relata a súa experiencia como primeiro avogado español que interveu na Comisión Europea dos Dereitos Humanos.

O libro UNA AVENTURA EUROPEA, do avogado vilalbés en Madrid Domingo Goás Chao, vai ser presentado o xoves, día 24, en Vilalba, e o día 25, venres, na capital lucense.

A presentación de Vilalba efectuarase no Centro Cultural e Recreativo, e en Lugo na sala Sargadelos. En ámbolos dous casos, será ás 20,00 h.

Nas presentacións intervirán o autor, o Alcalde de Vilalba, Gerardo Criado e o xornalista Xulio Xiz. Nos dous casos os actos son públicos, invitándose a cantos desexen asistir, que serán agasallados con cadanseu exemplar do libro.

Domingo Goás Chao é o Presidente da Cofradía do Capón de Villalba, e foi
Notao primeiro avogado español que interveu en Estrasburgo diante da Comisión Europea dos Dereitos Humanos. Precisamente o libro aborda, entre outros temas, esta “aventura europea” no xa lonxano 1980.

X.X., 2012-05-24

Actualidad

Foto del resto de noticias (cgac-2021.jpg) Jannis Kounellis é un dos artistas fundamentais da historia da arte da segunda metade do século XX. Foi obxecto de grandes exposicións retrospectivas na Fondazione Prada, Venecia (2019), e no Museo Jumex, Cidade de México (2023). Entre as súas exposicións individuais institucionais destacan as do Musée d’Art Moderne de la Ville de Paris (1980), Whitechapel Gallery, Londres (1981), Castello di Rivoli, Turín (1988), Stedelijk Museum, Ámsterdam (1990), Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía, Madrid (1996), Albertina, Viena (2005), Neue Nationalgalerie, Berlín (2007), MACRO, Roma (2016), Walker Art Center, Minneapolis (2022) e Museo Jumex, Cidade de México (2023).
Foto de la tercera plana (programacion-karmica-2026.jpg) O calendario de Programación Kármica arranca este 25 de setembro con Taïn na Sala Guión de Pontedeume. A seguinte cita será o 16 de outubro, con Camellos e Cora Yako en La Conservera de Viveiro, mentres que o 24 de outubro actuarán Javier Lago e Santi Araújo na Pousada da Galiza Imaxinaria de Boiro. O ciclo chegará precisamente á sala que acolle hoxe a súa presentación, A Cofradía de Vilanova de Arousa, o 27 de novembro, coas actuacións de Montedapena e Nuntia. O programa de 2026 pecharase o 26 de decembro na Pousada da Galiza Imaxinaria con Portosanto e Hermanos Visi.

Notas

Desde o ano 2022 e financiado polo International Space Science Institute, un equipo internacional liderado polo físico da UVigo Juan Antonio Añel estuda os impactos do cambio climático sobre a atmosfera alta do planeta, a orbitación de satélites e o lixo espacial. O equipo acaba de realizar unha xuntanza na sede do ISSI en Berna (Suíza).
As chuvias que recibimos no oeste da Península Ibérica dependen en boa medida do que sucede no Atlántico Norte. Un novo estudo liderado pola investigadora do CICA da UDC Uxía Fernández-Pérez reconstrúe como cambiaron as precipitacións nesta rexión durante os últimos 11.000 anos e permite comprender mellor os mecanismos oceánicos e atmosféricos.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES