Archivo (10 del 2011)

Buscador

Noticias

O Centro Tecnolóxico Agroalimentario de Lugo asinou un convenio específico coa Sociedade Micolóxica Lucus, para establecer as pautas para realizar un traballo conxunto e colaborar en torno a diversos proxectos e actividades relacionadas co mundo dos fungos.
Presentouse a nova entrega da Revista de Estudos Rosalianos que, en palabras do director xeral do Libro, serve para “situar na realidade do presente o legado da autora fundacional da literatura galega contemporánea”, á que considera unha "parte importantísima do noso patrimonio galego".
O pianista cubano Antonio Queija Uz inaugura no Paraninfo da USC o ciclo de concertos "Franz Liszt, o peregrino’", promovido con motivo do segundo centernario do nacemento do compositor e pianista húngaro. O ciclo remata o 22 de novembro coa xaponesa Haruna Takebe.
A través de guías pedagóxicos e de material educativo, os participantes coñecerán os cambios culturais e sociais que supuxo a escritura mecanizada, mergullaranse nas diferentes etapas históricas das pezas expostas e desenvolverán capacidades artísticas e comunicativas.
Do 28 ao 30 de outubro Vilagarcía de Arousa acolle o V Encontro Asociativo Xuvenil “Emax” que reunirá a máis dun millar de participantes de Galicia e Portugal que presentarán os seus traballos e experiencias.
A Biblioteca Municipal de Verín recibe o Premio á Mellor Iniciativa para o Fomento da Lectura para Bibliotecas Públicas 2011 na Feira Liber de Madrid, na que case trinta editoriais galegas presentan as súas novidades.
Marilar Aleixandre e Bieito Iglesias abriron o VI Ciclo de Escritores/as na Universidade. Literatura galega hoxe, que adica novas sesións á poesía e ao teatro coa presenza de Quico Cadaval. AELG e Universidade de Vigo promoven este encontro.
A conselleira do Mar aplaude a adhesión de conservas Calvo á denominación de orixe protexida do Mexillón de Galicia e aposta pola unidade para avanzar na competitividade do sector e na valorización do produto. Esta unión anunciouse na feira Conxemar, en Vigo.
O seu traballo foi escollido pola plataforma Sounds from Spain como parte dun concerto que terá lugar o 27 de outubro no Koncerthuset xunto a outros artistas españois. Agadic apoia a presenza dos galegos nesta importante cita musical que se celebra na capital dinamarquesa.
A USC e Esteve crean unha unidade de investigación mixta para descubrir novos medicamentos. É a segunda experiencia de I+D destas características en España. Adicará cinco anos ao desenvolvemento de métodos robotizados e farmacoloxía in vitro para o tratamento da dor e da inflamación.
« Anterior | 3  de  4 | Siguiente »

Archivo

2026 (165)

2025 (339)

PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES