
A Consellería de Cultura e Turismo promove a produción editorial galega na XXIX edición da Feira Internacional do Libro, Liber 2011, que chega ao seu ecuador e que remata o venres 7 de outubro no pavillón 6 da Feira de Madrid. O expositor da Dirección Xeral do Libro, Bibliotecas e Arquivos, acolle as publicacións dun total de 26 editoriais da comunidade nun espazo de 49 metros cadrados co obxectivo de internacionalizar, promocionar e difundir as creacións literarias galegas.
A Dirección Xeral do Libro, Bibliotecas e Arquivos acode cada ano a cinco das feiras internacionais do libro máis importantes do mundo Frankfurt, Guadalaxara, Boloña, Bos Aires e a propia Liber, nas que participa cun expositor propio, que ofrece ás firmas editoriais galegas para exhibir as súas publicacións e manter contactos de intercambio con profesionais e entidades internacionais. O fin último destas iniciativas é darlle ao libro galego unha repercusión internacional, de xeito que a profesionalización acadada, a calidade e a personalidade propia contribúan a consolidar o sector editorial de Galicia fóra do noso territorio.
As 26 editoriais galegas que participarán nesta XXIX edición da Liber son: Editorial Netbiblo, Edicións Tambre, Edicións Xerais de Galicia, RodeiraEdebé, Ir Indo Edicións, Kalandraka Editora, Nova Galicia Edicións, Editorial Galaxia, Hércules de Ediciones, Editorial Everest, Editorial Toxosoutos, Baía Edicións, Ideaspropias Editorial, OQO Editora, El Patito Editorial, Ediciones Linteo, Edicións Embora, Andavira Editora, Alvarellos Editora, Edicións Nigra Trea, Primera Persona, KNS, Espiral Maior, Biblos, E. do Cumio e Embora.
Premio á biblioteca de Verín
Na xornada de hoxe, o director xeral do Libro, Bibliotecas e Arquivos, Francisco López, recibiu no expositor de Galicia a Vicente Rodríguez, director da Biblioteca Municipal de Verín, que será galardoada este serán co Premio á Mellor Iniciativa para o Fomento da Lectura para Bibliotecas Públicas 2011 concedido polo Gremio de Editores de España. O xurado que outorga o premio entende que a proposta da biblioteca ourensá encarna un modelo de servizo bibliotecario que amplía e enriquece a visión clásica de servizo público da lectura no medio rural. Deste xeito, considérase a biblioteca verinense como un centro de irradiación cultural no seu territorio máis próximo e amosa o valor da lectura como canle privilexiada para o acceso á cultura e o coñecemento.
Neste encontro, o director xeral do Libro felicitou ao director da Biblioteca Municipal de Verín polo galardón, que recoñece o seu traballo no fomento da lectura. Francisco López recoñeceu o traballo desenvolvido pola biblioteca para achegar a lectura e os libros aos máis novos. Neste sentido, asegurou que o futuro do sector do libro pasa por fomentar e impulsar a lectura. O xurado do premio gabou a proposta programática da Biblioteca Municipal de Verín, da que destacou que encarna un modelo de servizo bibliotecario que amplía e enriquece a visión clásica de servizo público da lectura no medio rural.
O Plan constitúe o primeiro documento estratéxico específico de Galicia dedicado á planificación, organización e desenvolvemento dos coidados paliativos pediátricos e nace coa finalidade de dar resposta ás necesidades propias desta poboación, garantindo unha atención adaptada ás características evolutivas da infancia e da adolescencia. O documento aprobado hoxe conta co aval científico da Sociedade de Pediatría de Galicia e da Sociedade Española de Coidados Paliativos Pediátricos e está dirixido á poboación pediátrica con enfermidades crónicas complexas e situacións susceptibles de atención paliativa. Articúlase arredor de catro liñas estratéxicas orientadas a fortalecer a organización asistencial e a dar resposta ás necesidades clínicas, emocionais e sociais dos pacientes pediátricos e das súas familias.
Galicia ocupa un lugar destacado nos Premios Nacionais de Investigación 2026, con cinco científicos galardoados. Tivo lugar o acto de entrega destes premios, celebrado no Palacio de Congresos de Europa, en Vitoria-Gasteiz. Os investigadores galegos que recibiron esta distinción son Ángel Carracedo, natural de Santa Comba, catedrático de Medicina na USC e director da Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica; a compostelana Carmen Álvarez Lorenzo, catedrática da USC e directora do Instituto de Materiais da USC (iMATUS); e Laura Castro Santos, de Betanzos, catedrática da Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol, pertencente á UDC.