Notas de prensa

Saliéntase a obra de Rosalía de Castro como parte indispensable do patrimonio

Presentouse a nova entrega da Revista de Estudos Rosalianos que, en palabras do director xeral do Libro, serve para “situar na realidade do presente o legado da autora fundacional da literatura galega contemporánea”, á que considera unha "parte importantísima do noso patrimonio galego".

O director xeral do Libro, Bibliotecas e Arquivos, Francisco López, asistiu na Facultade de Filoloxía da Universidade de Santiago á presentación da nova entrega da ‘Revista de Estudos Rosalianos’ realizada polo Centro de Estudos Rosalianos e a Fundación Rosalía de Castro. Francisco López gabou a figura da escritora de Padrón e asegurou “que a obra de Rosalía constitúe unha parte importantísima do patrimonio que podemos compartir”.

Segundo informou o director xeral do Libro, esta nova entrega da revista serve para “situar na realidade do presente o legado da autora fundacional da literatura galega contemporánea”. Para Francisco López, “está aberta a unhas dimensións totalmente acordes coa importancia daquela muller que dinamitou a lírica decimonónica e a capacidade de transmisión poética cunha obra diría eu que indómita, innegociable, no que se refire ao sometemento a etiquetas ou valores do pasado, e que adquire novos significados baixo o prisma de cada lectura”.

Respecto ás achegas que recibiu a publicación, o director xeral apuntou que “vemos nesta nova entrega unha relación de colaboradoras e colaboradores que nos fala xa dun nivel perceptivo e investigador de primeira liña” o que constitúe “un gran vínculo de unión, unha expresión ambiciosa da nosa identidade”.

Francisco López manifestou o compromiso da Xunta de Galicia con Rosalía e amosou o seu apoio a esta iniciativa “na que, dun xeito ou doutro, estamos involucradas todas as entidades e persoas con interese no recoñecemento de Galicia como potencia intelectual”.

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia, 2011-10-10

Actualidad

Foto del resto de noticias (apoio.jpg) O Plan constitúe o primeiro documento estratéxico específico de Galicia dedicado á planificación, organización e desenvolvemento dos coidados paliativos pediátricos e nace coa finalidade de dar resposta ás necesidades propias desta poboación, garantindo unha atención adaptada ás características evolutivas da infancia e da adolescencia. O documento aprobado hoxe conta co aval científico da Sociedade de Pediatría de Galicia e da Sociedade Española de Coidados Paliativos Pediátricos e está dirixido á poboación pediátrica con enfermidades crónicas complexas e situacións susceptibles de atención paliativa. Articúlase arredor de catro liñas estratéxicas orientadas a fortalecer a organización asistencial e a dar resposta ás necesidades clínicas, emocionais e sociais dos pacientes pediátricos e das súas familias.
Foto de la tercera plana (20261029-xunta.jpg) Galicia ocupa un lugar destacado nos Premios Nacionais de Investigación 2026, con cinco científicos galardoados. Tivo lugar o acto de entrega destes premios, celebrado no Palacio de Congresos de Europa, en Vitoria-Gasteiz. Os investigadores galegos que recibiron esta distinción son Ángel Carracedo, natural de Santa Comba, catedrático de Medicina na USC e director da Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica; a compostelana Carmen Álvarez Lorenzo, catedrática da USC e directora do Instituto de Materiais da USC (iMATUS); e Laura Castro Santos, de Betanzos, catedrática da Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol, pertencente á UDC.

Notas

As longametraxes La silla, de Ángel de la Cruz; Monstro, de Andrés Goteira; e As augas, de Ledicia Sola; dúas sesións de curtametraxes, o documental Hoxe e o resto do mundo; e diferentes encontros con empresas e profesionais do sector. A XVI Máster Class Audiovisual Galego Augal dedica a súa programación a unha escolma de proxectos estreados neste 2026, co propósito de ofrecer ao alumnado da Facultade de Comunicación e ao conxunto da cidadanía unha selección 'do mellor do audiovisual galego', como salientou o profesor Paulino Pérez, coordinador dun ciclo que arranca o luns e se estende ata marzo de 2027.
As RRSS convertéronse nun espazo para a comunicación e para a construción das identidades contemporáneas. Nelas circulan prácticas, discursos e representacións que poden reproducir xerarquías xa existentes, mais tamén cuestionar ideoloxías asentadas e abrir novos ámbitos de uso. Este escenario será o obxecto de estudo do Simposio do Instituto da Lingua Galega da USC que se desenvolverá do 24 ao 26 de novembro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES